Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

21_22 Preinscripción e matrícula na Universidade

anabelen.fporral

Created on June 4, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

preinscrición e matrícula na universidade

Calendario admisión en graos universitarios para o curso 21-22

Información e vídeos sobre a preinscrición

Consulta no calendario os prazos de preinscrión e matrícula no SUG nas distintas convocatorias (ordinaria e extraordinaria)

Preme na icona para consultar información relevante e ver vídeos de axuda ao proceso de preinscrición

Preguntas frecuentes sobre o acceso á Universidade

Vídeo explicativo da aplicación NERTA

Acceso á aplicación NERTA

Consulta as dúbidas máis frecuentes accedendo á web da CIUG no interrogante

https://ciug.gal/gal

WEB de interese:

Para iniciar estudos en titulacións de grao, unha vez superadas as ABAU, debes facer a preinscripción nos prazos establecidos e seguindo o procedemento marcado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). A solicitude de preinscripción para iniciar estudos de grao é única e obrigatoria para realizar estudos en calquera das universidades públicas de Galicia. Na solicitude indicaranse os graos e centros aos cales se desexa acceder, por rigorosa orde de preferencia (de maior a menor interese), podendo indicar un máximo de 5 titulacións e ata 10 peticións no caso de que algunha da titulación se imparta en distintos centros universitarios. Debes ser coidadoso/a nas peticións e indicar os códigos das titulacións axeitadamente, xa que a asignación da titulación faise polo código, non en función do nome da titulación. Debes ter en conta que o alumnado que superou as ABAU no periodo ordinario terá preferencia no acceso á universidade sobre aquel que as superou no extraordinario. Unha vez realizada a solicitude de preinscripción ou de solicitude de praza, debes permanecer moi atento/a ás publicacións de listaxes de admitidos/as, para comprobar o estado da túa solicitude (CONVOCADO/A, EN ESPERA, PECHADA, LIBERADA) e poder tomar decisións sobre se matricularte para asegurar a praza nunha determinada titulación, ou esperar a poder obter praza nunha titulación de maior preferencia. En calquera caso, debes CONFIRMAR o interese en seguir permanecendo nas listas de espera das titulacións de maior preferencia. O estado da solicitude, así como as confirmacións pertinentes, debes realizalas a través do NERTA. A continuación podes ver uns vídeos elaborados poal UVigo onde explican en que consiste a preinscripción e como funciona, así como o procedemento de inscripción en NERTA, aclarando o indicado nos parágrafos anteriores.

VÍDEOS EXPLICATIVOS