CURSO 2021-2022
AS NOVAS DE PEPA
EDLG
EDICIÓN XV
PRESENTACIÓN
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO:
"NOROESTE CREACCIÓNS, FEITO POR NÓS"
AS NOVAS DE PEPA, na súa XV edición, pretende achegar a Lingua Galega a todas as lectoras e lectores a través da presentación das experiencias vividas no CRA de Culleredo durante o curso 2021/2022, un curso condicionado polos protocolos Covid, no que desenvolvemos o Proxecto Documental Integrado: NOROESTE CREACCIÓNS, feito por nós .
O noso PDI dete curso xorde coa necesidade de coñecer máis polo miúdo a nosa contorna próxima e intervir nun espazo de creación en comunidade.
Programamos ao longo do curso diferentes Tarefas de Aprendizaxe Integradas (TAIs), coas que investigamos unha morea de cousas relacionadas co centro de interese. As TAIs do 1º trimestre favoreceron:
Dende aquí, agradecemos enormemente a colaboración das familias que tiveron que adaptar a súa participación ás circunstancias actuais, así como a implicación e bo facer do resto da Comunidade Educativa.
LIMIAR
- a situación do Noroeste e principais puntos cardinais nas nosas aulas,
- a produción dun mapa interactivo con lugares naturais para visitar aportados polas familias,
- a análise do paso do tempo a través de fotografías dos principiais puntos de interese da contorna,
- a análise dos lugares de nacemento da nosa comunidade educativa e
- o descubrimento e posta en práctica de xogos tradicionais do noroeste.
No 2º trimestre axudaron
- ao descubrimento e entrevista de mulleres pioneiras do noroeste: María Torres, Mercedes Peón, Azucena Mora, Pili Neira e Elena Ferro,
- a creación dun dicionario con verbas da contorna achegadas polas familias,
- as composicións permanentes de oficios tradicionais: artesanía, cestaría, téxtil, folklore, escritura e ilustración,
- as composicións efémeras en espazos fedellos nas aulas: cantaría, xoiaría, carpintaría, gastronomía e arte de pesca, e
- a recreación das principais festas do noroeste: San Xoán, a festa da dorna, entroido, alfombras florais e globo de Betanzos.
PDI
APRENDEMOS INGLÉS
GAMIFICACIÓN
MÚSICA
OBRADOIROS DE AL
ESCOLA DE VINSEIRA
PSICOMOTRICIDADE
ESCOLA DE LEDOÑO
FESTAS E SAÍDAS
ESCOLA DE CHOEIRA 1
ESCOLA DE SÉSAMO
EDLG
BIBLIOTECA CREATIVA
ESCOLA DE CHOEIRA 2
Title 1
Os Produtos Finais destas TAIs presentámolos á nosa comunidade educativa a través do 1º telexornal e 2º telexornal , nos que o noso alumnado tivo a palabra:
Empregamos os elementos significativos da Lenda en diferentes TAIs do 3º trimestre: preparamos pedras “choridas”, familiarizámonos coa papiroflexia, ideamos unha invitación para convidar á comunidade educativa á Romaría e solicitamos colaboración ás familias na confección dun pano propio de seu, cun nó moi artístico para tan especial celebración.
Estes pequenos elementos das TAIs formaron parte do Reclamo da Moucha. Reclamo a xeito de ofrenda, que serviu para chamar a atención da protagonista da nosa Lenda, e que gañou forma e forza grazas aos diferentes obradoiros realizados en familia o día da Romaría:
- pedras "choridas" e escrita dunha palabra galega,
- fitas de cores, ilustradas cos nomes e desexos de cada familia,
- montaxe e elaboración dun maio, máis un mosaico con flores e fiúncho,
- confección duns marcos fotográficos do alumando no espazo, e
- realización de figuriñas de origami. Estas pezas penduránronse, xunto ás fitas e os marcos.
Neste derradeiro trimestre, encamiñámonos para a creación do noso Produto Final: unha Romaría do Noroeste coa nosa comunidade educativa e coa colaboración do artista Pablo Otero. Nel fusionamos aspectos tradicionais cos máis contemporáneos, tratando de recuperar as lendas de tradición oral. Creamos e recompilamos en audios as diferentes lendas de tradición oral que están presentes nas casas do noso alumnado, para poder coñecelas, traballalas e favorecer que nunca se esquezan.
Son lendas transmitidas por avoas e avós a outras xeracións, que perviven no tempo grazas á palabra e á voz. Mantelas presentes é fundamental para soster a cultura e viva a tradición.
Con estes antecedentes de traballo sobre oralidade foi como decidimos crear unha lenda e unha tradición oral para a nosa Romaría. A partir dese momento, naceu a idea da Lenda da Moucha.
Todos os elementos desta construción efémera valeunos para poder facer presente á protagonista da Lenda da Moucha na nosa Romaría.O barullo e a algarabía fixeron que a Moucha baixara da súa cova do monte Xalo e, en agradecemento á ofrenda feita, deixounos un bonito agasallo que dificilmente esqueceremos: un ovo marabilla recheo de doces, cores escintilantes, emocións e unha estupenda peciña teatral que compartimos xuntos.
Esta Lenda da Moucha quedará xa para sempre entre nós, como unha fermosa e entusiasta tradición da nosa comunidade educativa.
Title 1
- comunicación de Martiño e Testa desde a Estación. Nesta, recibimos a 1ª misión sobre experiencias no espazo, aproveitando o mes da Ciencia en galego. Unha semana despois investigamos as propostas.
- comunicación e proposta da 2ª misión: os circuítos eléctricos.
Comunicación de Testa polo Nadal e elaboración de postais para persoas moi espæciais para nós.
- misión de Martiño e Testa para facer unha importante reflexión sobre o noso compromiso co medio ambiente e a súa posterior resolución.
- misión sobre a importancia da Lúa . Documentamos esta experiencia cun telescopio, o Merge cube e diferentes fondos do universo. Solucionamos a misión creando pedras lunares , como as que recolle o Lunar Rover.
- misión sobre as fases da lúa , con lanternas e realidade aumentada. Aproveitando que era o Día mundial da poesía, celebrámolo facendo uns bonitos pareados ao noso satélite. Á semana seguinte, solucionamos a misión recreando as fases da lúa de diferentes formas elixidas polo alumnado.
- misión de Martiño e Testa sobre meteoritos e dinosaurios. Finalizamos a misión coa colaboración do robot Ozobot, facendo o percorrido do meteorito sobre liñas de cores ata golpear coa Terra .
- misión sobre estrelas e constelacións. Creamos unhas novas, puxémoslle nome e luz, para poder disfrutalas na escuridade.
A misión Morriña21 rematou e Martiño e Testa despedíronse da Estación Espacial .
O venres 10 de xuño ás 10:00 vimos a súa amaraxe en directo; estamos á espera da derradeira comunicación desde a súa casa e descubrir que cousiñan pensaron para nós nesa viaxe espæcial. Se queredes ter toda a información, capturade este QR
1º
GAMIFICACIÓN: "MARTIÑO E TESTA
2º
A Gamificación deste curso está relacionada co “universo” e con persoas significativas da nosa contorna. A mediados de Outubro recibimos un vídeo da aventureira Sabela, motivación da gamificación do curso pasado, onde nos propón participar no sorteo público en directo dunha pasaxe á Estación Espacial Internacional.
3º
As persoas gañadoras foron Martiño e a súa cadela Testa, uns veciños participantes da nosa contorna.
Martiño e Testa son a motivación desta aventura no espazo. Mandaronnos unha serie de vídeos ao longo do curso con diferentes misións para resolver, algunhas delas coa colaboración das familias.
4º
5º
6º
Cada vez que superamos unha misión de xeito cooperativo, acadamos unha estrela da nosa constelación… que pasará cando a completemos e remate a Misión Morriña21 na Estación Espacial? Pois para iso, debedes seguir lendo...
7º
Ao inicio, coñecemos a Martiño , o gañador, e a Testa, a súa cadeliña que o acompañará nesta aventura! Recibimos novas dos entrenamentos que fixeron para ir á Estación e diferentes materiais para seguir a misión Morriña21 desde as nosas aulas: un calendario e unha tarxeta da constelación coas 7 misións por acadar. O 11 de Novembro de 2021 vimos o despegue de Martiño e Testa en directo .
As comunicación desde a Estación estaban cheas de maxia e moita información, coa que elaboramos aprendizaxe significativas:
Title 1
ESCOLA DE VINSEIRA
Durante o primeiro trimestre acompañounos Alba, alumna en prácticas, e, xunto con ela , arrancamos o proxecto NOROESTE CREACCIÓNS. Coa Rosa dos Ventos recoñecemos o Noroeste e localizámolo nos mapas de España e de Galicia. , decatándonos de que nós viviamos xusto aí. Decidimos montar unha Estación Meteorolóxica feita por nós que nos permitise poder observar o tempo e tomar datos diariamente, rexistralos e analizalos para sacar as nosas conclusións sobre o clima , a paisaxe , a flora e a fauna. Para iso, creamos aparellos medidores e realizamos actividades e experiencias lúdicas que nos axudaran a entender os fenómenos atmosféricos.
A humidade e o hidrómetro: Para observar a humidade xogamos con espellos. ademais preparamos un hidrómetro con papeis de cores e cartóns, a humidade ambiental tinxía os folios , os espellos recollían as xiadas e a condensación.
A A nosa Estación Meteorolóxica servíunos para observar a chuvia, a humidade, o vento e a temperatura a diario durante tres meses. Rexistramos os datos con pauíños e táboas atendendo a : nada, pouco ou moito.
O vento e o cataventos: As mangas do vento indícannos a súa forza e o cataventos a dirección.
A temperatura e o termómetro: Experimentamos coa auga quente e conxelada, observando como subía e baixaba a marca do termómetro, xogamos co xeo. Observamos e anotamos a temperatura exterior pola mañá e ao mediodía.
A chuvia e o pluviómetro: Para empezar , aprendemos como se forma a chuvia. Experimentamos e xogamos coa auga para coñecer as súas propiedades. Creamos un pluviómetro para saber cantos días choveu e canta cantidade de auga se recolleu.
Title 1
No 2º trimestre adicamos moito tempo a actividades artísticas, celebracións sinaladas e Tarefas Integradas da Biblioteca.
Obradoiro de Cestaría
Seguindo co PDI, elaboramos uns gráficos de barras cos datos recollidos no mes de xaneiro en canto á cantidade de choiva e humidade na nosa zona. Analizándoos, decatámonos de que choveu pouco, pero houbo moita humidade. Observamos a paisaxe, debuxámola e identificámola. Recoñecemos a cantidade de vexetación que nos rodeaba, froito da humidade ambiental e do solo.
Entroido Día da Paz Murais colectivos
Gastronomía galega e xogos sensoriais
Diferenciamos os elementos da paisaxe: naturais e artificiais. Rematamos esta parte do proxecto creando unha maqueta da nosa contorna.
Choqueirada típica do Entroido coruñés e Enterro da Sardiña
Title 1
De cara á Romaría, fixemos actividades de reclamo para a Moucha do Monte Xalo: pedras choridas e figuras de papel. Ademais dun obradoiro artístico da man de Pablo Otero.
Empezamos o 3º trimestre recuperando a nosa horta. Nela plantamos as sementes de cabaza gardadas dende o samaín, non sen antes comer unhas cantas pipas de cabaza. Tamén plantamos amorodos, frambuesas e arandos.
Coñecemos algúns dos traballos de Jackson Pollock, xa que estaban aparecendo na clase representacións artísticas moi semellantes ás súas. Puxémonos mans á obra para facer creacións pictóricas sen usar pinceis, só goteos e líneas casuais, feitas con garfos, cordas, coches, bolas, pingueiros...
Rematamos cun traballo de investigación sobre o Monte Xalo. O Monte Xalo vémolo a diario dende a escola, e , gústanos observalo, sobre todo cando vai chover xa que alí xúntanse as nubes, que pronto chegan a Vinseira. Este método salvounos de mollarnos no recreo en varias ocasións. Moitas familias aproveitaron a ocasión para visitalo , sendo así máis significativo.
Cos datos aportados polas familias e outros recollidos na escola, puidemos saber a distancia que hai dende o Xalo ao cole, que altitude ten, como chegar, que tipo de vexetación abunda, que animais viven alí, os nomes das súas rochas e pedras, que podemos ver dende os miradoiros, para que son as antenas que se atopan no cumio e outras curiosidades, como deportes que se paractican e lendas populares.
Title 1
ESCOLA DE LEDOÑO
Relacionamos froitos do outono que se poden atopar na nosa contorna e investigamos sobre O MILLO: saímos na súa busca, esfollamos, debullamos, moemos, e fixemos fariña de millo! Pero non nos quedamos só con iso, conseguimos facer pan de millo. Por todo iso, a nosa canción para o Nadal foi "PAN DE MILLO" DE MIGALLAS. Podedes ver o vídeoclip pinchando AQUÍ.
Comezamos o curso coa incorporación de tres novas compañeiras: Oliva, Marta e Olivia. Adicamos parte do trimestre a coñecernos e ensinarlles a nosa contorna.
O mes de decembro estivo marcado polas actividades que nos aparecían cada día no calendario de advento que atopamos colgado na aula o día 1. Aquí aparece unha pequena mostra das actividades que levamos a cabo.
Pero tamén volvimos a traballar como "PATRULLA DE LIMPEZA": grupo que formamos o pasado curso despois de ver como de sucio atopábamos o arredor da nosa escola.
POSTAIS
ESCORNABOT
RENOS
DECORACIÓN DA PORTA
Durante este tempo, observamos como foi cambiando a paisaxe co paso do OUTONO e fixemos actividades relacionadas con esa temática.
RECOLLIDA DE CASTAÑAS
EXPERIENCIA
BOLSAS DE NADAL
CORES DO OUTONO CON PIPETAS
ÁRBORES DO OUTONO
Title 1
Chegamos á escola á volta das vacacións de Nadal, e atopamos: unhas pegadas brancas no chan e varios xogos enriba das mesas. Xunto a estes xogos había unha nota onde descubrimos que Papá Noel, pasou por Ledoño! Menuda sorpresa nos levamos!
No segundo trimestre seguimos observando os cambios que se producían na paisaxe debido ao INVERNO e aproveitamos para facer folerpas, aínda que en Ledoño non neve. Debuxamos folerpas en diferentes soporte e finalmente pintamos unhas para poñer no noso mural.
O tema que nos apaixoou durante este tempo foi O CORPO. Comezamos o curso recoñecendo e coñecendo o noso corpo a través dos nosos autorretratos. O seguinte paso foi coñecer como era o noso corpo por dentro e comezou a nosa investigación apoiada por fondos que se atopan na nosa biblioteca do CRA, outros doutra biblioteca municipal e algúns que temos na aula.
Atopamos moita información nos libros e tamén visionamos algún vídeo. Coa axuda dun microscopio, puidemos ver como era a nosa pel e descubrir a importancia de lavar ben as mans, pois unha vez lavadas, revisamos se quedaban restos de suciedade e quedamos alucinados como, se non frotamos ben, queda suciedade nas mans. Gracias a unha app de realidade aumentada e unha camiseta especial, puidemos ver o interior do noso corpo como si tivesemos raios X.
Title 1
Finalmente, para rematar este traballo sobre o corpo, e aproveitando os recursos naturais da nosa contorna, fixemos uns personaxes moi divertidos.
Durante o curso tamén adicamos tempo a celebrar conmemoracións, realizar as tarefas propostas dende a biblio, as TAIs e axudamos a Martiño e Testa en diferentes misións.
ALFARERÍA
XOGO: OS BIRLOS
ALFOMBRA FLORAL
No mes de marzo comezamos a preparar e plantar na nosa horta. Este ano plantamos: allos porros, cebolas, cenorias, leitugas, calabacíns, fresas e plantas aromáticas. Sabemos que esta actividade da traballo: hai que regar, quitar as herbas malas...e esperar que crezan as plantas. Pero o resultado de poder comer fresas plantadas por nós e facer a recolleita das verduras para levar e degustar na casa, gústanos moito.
SAMAÍN
ENTROIDO
E que mellor maneira de aproveitar tamén a nosa contorna que desfrutando dela: xogando moito e facendo algunha que outra merenda.
Podedes visitar o noso blog para poder ver estas e outras actividades.
ESCOLA DE LEDOÑO
Title 1
ESCOLA DE CHOEIRA 1
No mes de setembro ocurriu a erupción do volcán da Palma, e todos os días os nenos e nenas viñan contando algo da noticia que estaba en todos os medios, así que decidimos investigar arredor dos volcáns. Disfrutámolo moito!
GÚSTANOS O OUTONO!
Empezamos un novo curso con moita ilusión. Volvemos ver aos nosos e nosas compis e coñecemos novos e novas amig@s.
INVESTGAMOS NAS REDES, USAMOS NO IPAD QUIVER,E SIMULAMOS A ERUCIÓN VOLCÁNICA!
E chegou o SAMAÍN, unha das celebracións que traballamos na aula que nos gusta un montón!
Despois destes primeiros días de xogos, contos, cantigas...metémonos a fondo no "OUTONO"
Tallamos e pintamos cabazas, fixemos manualidades de medo, disfrazámonos para asustar e rematamos cunha merenda monstruosa!
Chegou o NADAL a nosa festa máis máxica: preparámolo con moita ilusión!! E coa despedida do primeiro trimestre, despedimos tamén a Cris, a nosa profe en prácticas.
Saímos a observar o outono nos arredores, collimos algúns froitos, esfollamos millo e pintamos cos carozos, fixemos a nosa propia árbore do outono...
Title 1
Metímonos nas TAIS do noso proxecto: A XOIARIA, O FLOKLORE, MULLERES SIGNIFICATIVAS DO NOROESTE, AS NOSAS COSTUMES...
Á volta das vacacións, e metidos no inverno, experimentamos, xogamos, creamos...
E sempre estamos a manipular, construír, crear, e por suposto compartir e xogar...
PREPARAMOS O ENTROIDO
Title 1
Chegou o terceiro trimestre e con el a PRIMAVERA...
Recibimos na aula a Pablo Otero, fixemos con el moito Arte!
E observamos os vermes de seda.
E gústannos moito todos os xogos manipulativos, creativos, construccións...
Desconxeamos flores, fixemos composicións con flores do patio, pintamos pedras, reutilizamos cartóns para facer animais da primavera...
Sementamos lavanda e encargámonos de coidala ben!
ATA O VINDEIRO CURSO
Title 1
Coa chegada da primavera comezaron a aparecer as formigas e ata tivemos a sorte de poder ver un formigueiro que fixeron ao lado dunha árbore. E nós tamén creamos un formigueiro para poder observar mellor como son os túneles que fan. Canto traballan e que fortes son...sabidades que poden levantar 50 veces o seu peso?
ESCOLA DE SÉSAMO
Este curso centrámonos na investigación da vida do noso patio.
Todo comezou cando, nos primeiros días de escola, atopamos un grilo no patio. Decidimos collelo para poder observalo máis atentamente e ao final da xornada soltámolo de novo.
Observándoo descubrimos moitas cousas, pero aínda nos quedaron certas dúbidas. Acordamos pedir en préstamo á Pepateca libros que falan sobre distintos tipos de insectos e animais, e puxémonos a investigar.
Descubrimos moitas cousas, resolvemos as dúbidas plantexadas e comezamos a creación dun libro onde recolleremos os resultados de todas as nosas investigacións.
Investigar sobre a vida no noso patio fascinanos e todos os días atopamos algún novo habitante que metemos no "obseva bichos" para saber un pouco mais del.
Pero non só observamos e aprendemos sobre o que atopamos no patio... Unha compañeira trouxo á escola unha píntega para que poidesemos ver como era e as chamativas cores qeu ten. Todos sabiamos que non as podiamos tocar porque desprende unha substancia perigosa para a pel. E, coma sempre, despois de vela con detenemento soltámola na silveira que hai fronte ao cole para que poida vivir en liberdade. E tamén disfurtamos vendo como os cágados día a día ían cambiando; como lles saían pequenas patiñas e perdáin a súa cola ata converterse en pequenas rás.
Os nosos seguintes visitantes apareceron coa chegada da choiva. Todo o patio se encheu de caracois que moi coidadosamente collemos e coidamos para poder aprender mais sobre eles. Unha das cousas que máis nos chamou a atención e que algunhas persaos lles gusta comelos, aínda que nos dou moita pena...son tan bonitos!
Como cada vez era mais o noso interese, compramos un "observa bichos" para poder facer unha observación máis exhautiva. Estreámolo observando unha pequena xoaniña amarela. Aínda que a que atopamos non é das mái comúns, xa que descubrimos que éstas son as vermellas de 7 puntos , era moi bonita! Ata pensamos se sería amiga de Lady Bug.
Title 1
Pero non todo foi observar e investigar...
Para a festa do Samaín decoramos a escola con morcegos e cabazas e o día da festa a escola encheuse de personaxes monstruosos.
Este curso fixemos unha morea de cousas: realizamos as TAI, colaboramos nas misións de Martiño e Testa e participamos nas diferentes commemoracións. E tamén fixemos un novo amigo que case todos os días nos ven a visitar... un gato! É moi cariñoso e quere entrar na escola para estar con nós. Ata lle puxemos un nome: "O gato Nico".
Nas TAI do PDI aprendemos cousas moi divertidas interesantes sobre o Noroeste.
Construimos un compás
Celebramos o San Xoán
Traballamos no tear e cosemos
A seguinte festa que celebramos foi o Magosto. Que ilusión nos fixo poder volver celebrar con todos os compañeiros e compañeiras do CRA! Preparámonos facendo uns bonecos con castañas e uns cestos para levar o día da festa. Foi un día xenial!
Descubrimos o traballo dos canteiros
Coñecemos a María Torres
Title 1
Chegou decembro e con el unha das nosa festas preferidas: o Nadal! Preparamos a decoración, elaboramos tarxetas de felicitación para as nosas familias e fixemos unha gran festa na escola. Ata simulamos as campanadas de fin de ano!
Coa chegada da primavera e do bo tempo comezamos a facer máis actividade no exterior.
Merendamos ao aire libre. Preparamos e coidamos a horta. Plantamos as patacas que recollemos en setembro e que puxemos a xerminar. Preocupámonos de ir limpado as malas herbas que ían saindo para que puidesen medrar ben.
E en febreiro celebramos o Entroido! Seguimos o mandadiños do MANDACRÁ e preparamos os nosos disfraces de astronauta. O día da festa ata fixemos unha paseo espacial polo patio. Canto nos gusta disfrazarnos!
Sementamos tomates e fomos vendo como medraban día a día. E recollemos os primeiros amorodos da tempada. Que ricos estaban!
E rematamos o curso creando todos os bechos sobre os que investagamos
Title 1
ESCOLA CHOEIRA 2
No mes de Novembro seguimos traballando a lecto-escritura, a lóxica-matemática e a creatividade. Ademáis fixemos a nosa primeira saída en moito tempo, celebrando o Magosto.
Comezamos unha nova andadura en setembro, cunha profe nova, Rosa, que nos acompañou durante dous trimestres. Tivemos un tempo de adaptación ás novas actividades e reencontro con outros mestres.
En outubro, unha vez xa adaptados, e xunto coa profe Paula realizamos actividades manipulativas e sensoriais, desenvolvendo diversas capacidades.
E xa chegou o último mes do ano e o final do primeiro trimestre. Durante este mes seguimos traballando cos froitos do outono.
E chegou o Samaín...
E despedímonos ata o ano que ven!
Title 1
Durante o entroido fixemos actividades por recantos:
Voltamos ás aulas en xaneiro, despois de recargar pilas no Nadal. Neste mes destacamos todas as actividades de lecto-escritura baseadas no centro de interese: O Inverno.
Mesmo á volta destas festas, comezou o mes de marzo, e adicámonos a facer construcións efímeras con madeira e a representalas gráficamente.
E actividades de trasvases e de arte
Coa chegada da primavera, adicámoslle unhas actividades artísticas:
Ademais o tempo xa se prestaba para facer actividades ao aire libre:
Xa chega febreiro, e neste mes adicamos algunhas sesións ao frío e á formación de copos de neve mediante contos, videos, e con experiencias coma os copos de sal.
Unha das actividades que máis nos gustou foi a observación dos vermes de seda, limpar a súa caixa, collelos, darlles follas de moreira e debuxalos:
Title 1
Outras actividades que fixemos ao longo deste trimestre tambén foron:
No terceiro trimestre e coa profe Raquel xa na aula, comezamos a investigar das lendas: A lenda da Torre de Hércules, a lenda do Lago Ness... E descubrimos unha lenda que tiña a súa história moi preto de nós: No monte Xalo.
Mandalas
Diáboloscon pratos
"A lenda da Moucha" deixounos a todos e a todas abraiados, pero... como sería esa Moucha?
Facer os nosos propios retratos
Pero como toda lenda, non sabíamos se era verdade ou non, ou se algún día a íamos poder ver... pero por se acaso, comezamos a facer ofrendas para levarlle o día da Romaría do CRA que, por proximidade ao monte Xalo, podería ser o día perfecto para que aparecese.
Transferencia de imaxes
E como non... facer as nosas propias bolsas personalizadas para poder levar á casa todos os traballiños feitos ao longo do trimestre!!!!!
Que gran sorpresa foi descubrir que esta lenda era real e coñecer á Moucha do Xalo!
Title 1
APRENDEMOS INGLÉS
E cando de números vai... de peixes de cores ou os minibolos botamos man!! Que ben o pasamos repasando os números con estes xogos!!
Localizamos peixes coa suma dos dados da nosa tirada; contabamos o número de bolos que derribábamos ou mesmo faciamos sumas cos números dos bolos derribados.
Ter experiencias divertidas e diversas na clase é un dos principais obxectivos; mais iso non quita que non fagamos as nosas rutinas de xeito habitual. Decote, escollemos entre varios personaxes para darnos os bos días: Miss Linky Bella ou as nosas queridas personaxes de Super Simple Songs
“Clothes” tocou cantar e actividade desenrolar!!!!
Unha vez saudados, toca poñer o día da semana coa axuda da nosa "motherhen" favorita: Days of the week-Singing Walrus
Nun libro tocounos localizar os animais según a peza de roupa que levaban por tipo de cor.Moi rápidos estivemos atopando o que nos tocaba!!
Logo de sinalar ó día da semana,cantamos a nosa canción de" How´s the weather?"(Maple Leaf Learning)No caso de necesitar descanso de voz, facemos un visionado de "International Weather" (Simple Skits)
"Put on clothes" resultou unha dobre e entretida actividade de poñer pezas de roupa sobre o monigote e para repasar as partes do corpo nas que van colocadas.Actividade moi completa!!
Foi moi divertido descubrir os nomes da roupa en inglés !!Xa estamos listos para mercar roupa en Harrods!!!
Title 1
MÚSICA
Arrancou un novo curso, e a Música sempre é unha estupenda compañeira coa que comezar e compartir aventuras!!! Pouquiño a pouco fomos dándolle estrutura as nosas clases de Música, con partes que se converteron nos nosos imprescindibles: o saúdo, o quentamento, as cancións e xogos musicais e, por suposto, as relaxacións. Foron tantas as aventuras que vivimos coa Música, que non sería posible recollelas nun par de páxinas... pero se tivéramos que facer unha selección para o recompilatorio musical deste curso podería ser algo así... (premede en cada disco para escoitar a música)
O tema de" animals"moito nos fixo brincar!!!
Animals Bingo... Animals Domino...
E para rematar...sempre esta canción estamos a danzar!!!
Title 1
O ENTROIDO DOS ANIMAISEstase a converter nunha tradición, e non nos pode divertir máis... un entroido de animais!
OS DÍAS DA SEMANA NO CRAAlgúns empezamos, outros retomamos, a rutina da escola con MÚSICA!
AVENTURAS CON NAPBUFSomos do NOROESTE! Arrancamos o curso da man dun trasno da fraga chamado NAPBUF co que fumos percorrendo un camiño de aventuras musicais.
LÚA EN LINGUA DE SIGNOSPariticipamos por segundo ano consecutivo no concurso "Cantamos coas mans". Que enriquecedor coñecer novas linguas!
MAIO CON MÚSICA TRADICIONALEste ano no mes de maio preparamos a tan esperada Romaría, adentrádonos de cheo na Música Galega!
O MAGOSTO Primeira celebración conxunta con todas as escolas do CRA. Por suposto non faltou a MÚSICA!
PASEO MUSICAL POLO MARXa a piques de rematar despedímonos deste curso dándolle a benvida as vacacións de verán, con máis Música!
NUBES DE NADALCoa chegada do Nadal estreamos a nosa primeira creación musical do curso; atrevémonos a cantar a 3 voces!
VIAXANDO POR LALALÁ
Title 1
E aínda que os xogos anteriores gustáronlles moito quizáis máis os manipulativos:
OBRADOIROS DE AL
- Para o razoamento: adiviñar de que estamos a falar dando pistas, facendo xestos ou sons:
- Para a memoria e atención: atopar un debuxo dado e adiviñar cal cambiou:
Neste curso, ao igual que o anterior e por mor da covid , a maioría dos xogos realizados foron na pizarra dixital, na que levamos a cabo actividades variadas para traballar todos os compoñentes da linguaxe, sendo algunhas delas as seguintes:
- De conciencia fonolóxica: atopar debuxos que comecen ou rematen por un son determinado:
- Para a conciencia fonolóxica: atopar un debuxo que comece por ___
- Para a pragmática: falar por teléfono e representacións con marionetas
-De conciencia semántica e silábica: formar palabras e contar sílabas:
- Para a conciencia semántica: xogos coa ruleta
- De morfosintaxe: construir frases dada unha palabra e facer preguntas para adiviñar sobre qué estamos a falar:
- Para a morfosintaxe: adiviñar qué debuxo temos na cabeza facendo preguntas
Title 1
PSICOMOTRICIDADE
Top xogos deste curso
O mago e a bruxa
Lobo lobiño
As pontes
Home de Marte
Title 1
FESTAS , SAÍDAS E COMMEMORACIÓNS
DÍA DA PAZ
Para conmemorar esta data, cada escola escolleu 5 palabras significativas sobre a paz. Nunha das TAI realizada no primeiro trimestre, coñecimos que o lugar de nacemento das familias do alumnado foi en países europeos. Por iso, e coa axuda do traductor de Google, traducimos esas palabras a 5 idiomas.
MAGOSTO NA RECTORAL DE CELAS
DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro é a nosa escritora galega de referencia. Este curso , entre todo o alumnado, escribimos o poema ODA A ROSALÍA DE CASTRO. Para presentalo ás familias, escribímolo nunha postal feita para a ocasión.
Este curso por fin puidemos celebrar o Magosto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA. Fomos á Rectoral de Celas: alí fixemos xogos tradicionais, cantamos, bailamos e, por suposto , merendamos as castañas asadas.
SAMAÍN
Polo Samaín apareceron misteriosamente uns paquetes pendurados do teito das nosas aulas, cunha nota que poñía: "NON ABRIR ATA SAMAÍN" Contos de terror, un bote sensorial e terrorífico e un taboleiro para xogar cos escornabots! Pasámolo....de Medo!!!
ENTROIDO
No Entroido, comezamos a semana seguindo os mandadiños do CRA. Fixemos os nosos propios disfraces de astronauta . O día do Entroido disfrazámonos e xogamos co bingo que atopamos seguindo as pistas da búsqueda do tesouro.
NADAL
Para celebrar o Nadal, dende as escolas gravamos unhas panxoliñas para compartir nunha actuación cos nosos e nosas compañeiros/as do CRA. Tamén decoramos as fotos das nosas escolas con motivos navideños e creamos unha postal para felicitar ás nosas familias
Title 1
DÍA DA MULLER
EDLG
Para o DÍA DA MULLER coñecimos a cinco grandes mulleres do Noroeste: Azucena Mora, Elena Ferro, María Torres, Mercedes Peón e Pili Neira. Puxémonos en contacto con elas e fixémoslles unha estrevista! Este foi o resultado do noso traballo como reporteiras e reporteiros!
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA encárgase de promover o nosa lingua e a nosa cultura ao longo do curso. Unha das maneiras para achegar a lingua galega ás nosas nenas e nenos é a través dos xogos; así desenvolvemos a proposta dos XOGOS CANTADOS, que xa comezamos dous cursos atrás e continuamos con ela, dado que temos recollido un lote deles. Estos xogos teñen en común , que precisan unhas coplas cantadas para xogar, asociando así o galego aos momentos de lecer.
SAÍDA AO TEATRO
O día 14 de xuño fomos ao teatro no edificio de Servicios Múltiples do Burgo a ver a obra "D. Quixote" convidados polo Concello. Pasámolo xenial!
Title 1
Unha data moi importante para nós é o 24 de Febreiro, DíA DE ROSALíA DE CASTRO. Todo o alumnado do CRA sabe quen é Rosalía de Castro, xa que curso tras curso, adicamos un tempo a coñecer pasaxes da súa vida e da súa obra. NO DÍA DE ROSALÍA , UNHA FLOR E UNHA POESÍA. Baixo este lema , desenvolvemos unha actividade final que consistíu en agasallar ás familias cunha poesía en galego e unha flor feita por nós . Nesta ocasión, a poesía foi unha homenaxe das nosas nenas e nenos á autora galega, titulada ODA A ROSALÍA DE CASTRO. Cada escola elaborou a súa estrofa rimada e cada quen decorou a súa postal , incluindo a flor feita na clase.
Os mandadiños do CRA, tamén nos chegaron dende o espazo exterior, coa axuda do EQUIPO TIC. Á semana anterior tivemos que engalanarnos coas prendas que tocaba traer ao cole, segundo o día, e así , deste xeito fómonos metendo na festa. Rematámola disfrazándonos e xogando a BUSCAR O TESOURO e o que atopamos finalmente foi un bingo temático do Entroido.
LETRAS GALEGAS
Nas Letras galegas propuxemos xogos para descubrir a Florencio Delgado, autor homenaxeado. Lemos e interpretamos un poema seu, usamos os escornabots para traballar vocabulario do poema e asocialo con imaxes. Rematamos a semana escollendo unha estrofa e plasmándoa nun mural ilustrado polo alumnado.
A festa do ENTROIDO é moi típica en Galicia. No CRA adicámoslle cando menos un par de semanas, xa que imos elaborando os disfraces a poucos, Este curso organizámola xunto co EQUIPO DE CICLO e cada aula fixo os seus traxes de astronauta, en relación coa gamificación de Martiño e Tesla, coa internacionalidade do noso alumnado e coa formación ERASMUS .
Title 1
TEAR Agullas e fíos en man... e a crear!
LEGO Deseño de espazos e mundos en miniatura con pezas de LEGO!
BIBLIOTECA CREATIVA
KAPLA Un xogo de construción, no que unhas tabliñas de madeira ofrecen posibilidades infinitas!
EFECTO DOMINÓUn material para crear percorridos cheos de "efecto"!
PALLIÑAS Palliñas de cores e conectores, co que podemos construír a gran escala!
O noso centro participa no Proxecto de Biblioteca Creativa dende o curso 2018-19. Os Espazos Fedello forman parte indispensable das nosas bibliotecas de aula; unha selección de materiais que espertan á creatividade e fomentan o traballo cooperativo. Este curso "fedellamos" con...
Sacámoslle moito partido ao Croma e o novo equipo de iluminación! Recordade que podedes facer un repaso de todas as nosas montaxes audiovisuais dende os blogs!
E mantemos en rodaxe os nosos escornabots de aulas, con diferentes taboleiros para acompañar propostas de conmemoracións, tarefas e outras actividades de aula!
Title 1
OBRADOIROS CREATIVOS CON
PABLO OTERO
Pablo é un artista visual e ilustrador que expón os seus debuxos, esculturas e pinturas en galerías de toda Galicia. Coñecimos a Pablo porque este ano o cartel das Bibliotecas é obra súa, e precisamente dese cartel xurdiron as nosas primeiras creaccións, inspirándonos nas súas ideas artísticas. Cada aula fixo o seu propio deseño baixo o lema deste ano: "A Biblioteca ten a palabra". Como ben podedes ver, arte non nos falta!
A nosa experiencia artística con Pablo non terminou aí, pois puidemos desfrutar dun obradoiro creativo da súa man en todas as escolas. Foi todo un descubrimento atopar auténticos tesouros en cousas e materiais que parecían xa non ter utilidade! E así foi como lle demos un xiro completo e lle buscamos mil e unha posibilidades a unha recompilación de materiais aportados entre todas e todos para crear as nosas propias obras artísticas!
Title 1
DEBUXOS REALIZADOS POLAS NENAS E NENOS DE 6º DE E.D INFANTIL
AS NOVAS DE PEPA
Susana Rego
Created on June 2, 2021
CRA CULLEREDO CURSO 2021/22
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
View
Economy Dossier
Explore all templates
Transcript
CURSO 2021-2022
AS NOVAS DE PEPA
EDLG
EDICIÓN XV
PRESENTACIÓN
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO:
"NOROESTE CREACCIÓNS, FEITO POR NÓS"
AS NOVAS DE PEPA, na súa XV edición, pretende achegar a Lingua Galega a todas as lectoras e lectores a través da presentación das experiencias vividas no CRA de Culleredo durante o curso 2021/2022, un curso condicionado polos protocolos Covid, no que desenvolvemos o Proxecto Documental Integrado: NOROESTE CREACCIÓNS, feito por nós .
O noso PDI dete curso xorde coa necesidade de coñecer máis polo miúdo a nosa contorna próxima e intervir nun espazo de creación en comunidade. Programamos ao longo do curso diferentes Tarefas de Aprendizaxe Integradas (TAIs), coas que investigamos unha morea de cousas relacionadas co centro de interese. As TAIs do 1º trimestre favoreceron:
Dende aquí, agradecemos enormemente a colaboración das familias que tiveron que adaptar a súa participación ás circunstancias actuais, así como a implicación e bo facer do resto da Comunidade Educativa.
LIMIAR
- a situación do Noroeste e principais puntos cardinais nas nosas aulas,
- a produción dun mapa interactivo con lugares naturais para visitar aportados polas familias,
- a análise do paso do tempo a través de fotografías dos principiais puntos de interese da contorna,
- a análise dos lugares de nacemento da nosa comunidade educativa e
- o descubrimento e posta en práctica de xogos tradicionais do noroeste.
No 2º trimestre axudaronPDI
APRENDEMOS INGLÉS
GAMIFICACIÓN
MÚSICA
OBRADOIROS DE AL
ESCOLA DE VINSEIRA
PSICOMOTRICIDADE
ESCOLA DE LEDOÑO
FESTAS E SAÍDAS
ESCOLA DE CHOEIRA 1
ESCOLA DE SÉSAMO
EDLG
BIBLIOTECA CREATIVA
ESCOLA DE CHOEIRA 2
Title 1
Os Produtos Finais destas TAIs presentámolos á nosa comunidade educativa a través do 1º telexornal e 2º telexornal , nos que o noso alumnado tivo a palabra:
Empregamos os elementos significativos da Lenda en diferentes TAIs do 3º trimestre: preparamos pedras “choridas”, familiarizámonos coa papiroflexia, ideamos unha invitación para convidar á comunidade educativa á Romaría e solicitamos colaboración ás familias na confección dun pano propio de seu, cun nó moi artístico para tan especial celebración.
Estes pequenos elementos das TAIs formaron parte do Reclamo da Moucha. Reclamo a xeito de ofrenda, que serviu para chamar a atención da protagonista da nosa Lenda, e que gañou forma e forza grazas aos diferentes obradoiros realizados en familia o día da Romaría:
Neste derradeiro trimestre, encamiñámonos para a creación do noso Produto Final: unha Romaría do Noroeste coa nosa comunidade educativa e coa colaboración do artista Pablo Otero. Nel fusionamos aspectos tradicionais cos máis contemporáneos, tratando de recuperar as lendas de tradición oral. Creamos e recompilamos en audios as diferentes lendas de tradición oral que están presentes nas casas do noso alumnado, para poder coñecelas, traballalas e favorecer que nunca se esquezan. Son lendas transmitidas por avoas e avós a outras xeracións, que perviven no tempo grazas á palabra e á voz. Mantelas presentes é fundamental para soster a cultura e viva a tradición. Con estes antecedentes de traballo sobre oralidade foi como decidimos crear unha lenda e unha tradición oral para a nosa Romaría. A partir dese momento, naceu a idea da Lenda da Moucha.
Todos os elementos desta construción efémera valeunos para poder facer presente á protagonista da Lenda da Moucha na nosa Romaría.O barullo e a algarabía fixeron que a Moucha baixara da súa cova do monte Xalo e, en agradecemento á ofrenda feita, deixounos un bonito agasallo que dificilmente esqueceremos: un ovo marabilla recheo de doces, cores escintilantes, emocións e unha estupenda peciña teatral que compartimos xuntos.
Esta Lenda da Moucha quedará xa para sempre entre nós, como unha fermosa e entusiasta tradición da nosa comunidade educativa.
Title 1
- comunicación e proposta da 2ª misión: os circuítos eléctricos.
Comunicación de Testa polo Nadal e elaboración de postais para persoas moi espæciais para nós.- misión sobre estrelas e constelacións. Creamos unhas novas, puxémoslle nome e luz, para poder disfrutalas na escuridade.
A misión Morriña21 rematou e Martiño e Testa despedíronse da Estación Espacial .
O venres 10 de xuño ás 10:00 vimos a súa amaraxe en directo; estamos á espera da derradeira comunicación desde a súa casa e descubrir que cousiñan pensaron para nós nesa viaxe espæcial. Se queredes ter toda a información, capturade este QR1º
GAMIFICACIÓN: "MARTIÑO E TESTA
2º
A Gamificación deste curso está relacionada co “universo” e con persoas significativas da nosa contorna. A mediados de Outubro recibimos un vídeo da aventureira Sabela, motivación da gamificación do curso pasado, onde nos propón participar no sorteo público en directo dunha pasaxe á Estación Espacial Internacional.
3º
As persoas gañadoras foron Martiño e a súa cadela Testa, uns veciños participantes da nosa contorna. Martiño e Testa son a motivación desta aventura no espazo. Mandaronnos unha serie de vídeos ao longo do curso con diferentes misións para resolver, algunhas delas coa colaboración das familias.
4º
5º
6º
Cada vez que superamos unha misión de xeito cooperativo, acadamos unha estrela da nosa constelación… que pasará cando a completemos e remate a Misión Morriña21 na Estación Espacial? Pois para iso, debedes seguir lendo...
7º
Ao inicio, coñecemos a Martiño , o gañador, e a Testa, a súa cadeliña que o acompañará nesta aventura! Recibimos novas dos entrenamentos que fixeron para ir á Estación e diferentes materiais para seguir a misión Morriña21 desde as nosas aulas: un calendario e unha tarxeta da constelación coas 7 misións por acadar. O 11 de Novembro de 2021 vimos o despegue de Martiño e Testa en directo . As comunicación desde a Estación estaban cheas de maxia e moita información, coa que elaboramos aprendizaxe significativas: