Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

BIBLIOTECA EOI RIBADEO 2020-2021

gamarsu

Created on May 24, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

XEOGRAFIAS LECTORASEOI RIBADEO 2020-2021

A Escola de Idiomas de Ribadeo percorreu diversas xeografías ao longo do curso 20-21 da man das Bibliotecas Escolares de Galicia e da nosa propia Biblioteca, O Soto do Óptico. Levamos a cabo varias actividades onde a lectura nos axudou a comprender mellor o noso mundo e o mundo dos outros.... PLAMBE 21

Os nosos alumnos e alumnas gostan da nosa biblioteca tanto como nós e qué mellor xeito de comezar o curso que con tesouros fermosísimos, deseñados por eles mesmos, coma estes marcapáxinas con calendario incluido para non esquecer ningunha data importante..... dun ano xa de por si inesquecible.

Coa chegada do Nadal o departamento de Italiano levou a cabo a actividade o Amico Invisibile onde alimentaron o espírito e ao mesmo tempo desfrutaron dunha deliciosa sobremesa típicamente Italiana

Este ano aumentamos de xeito importante os fondos da nosa biblioteca con títulos de literatura contemporánea e con suxestións dos nosos alumnos e alumnas. Ao mesmo tempo tentamos dar a maior difusión posible á novela gráfica polo que este ano incrementamos tamén o número de volúmenes neste eido da nosa biblioteca.

Fixemos gúias temáticas dos fondos da biblioteca nas distintas linguas que se estudan na EOI cos seus correspondentes códigos QR para facilitar o acceso ás mesmas e que foron publicadas no noso blog O Soto do Óptico.

No mes de Abril e para celebrar o Día do Libro, os nosos alumnos e alumnas compartiron as súas viaxes imaxinarias polo mundo a través das súas lecturas favoritas e houbo premios para animalos a que nunca deixen de ler , viaxar .... e soñar!!!

Este ano trasladamos o club de lectura ás aulas. Fixemos actividades de aula en diversos departamentos e comprobamos que para viaxar lendo nunca hai límites!!!

Co gallo das letras galegas e, en colaboración co EDLG, o noso mapa encheuse de suxestións dos lectores da escola que tiñan viaxado a distintos lugares de Galicia usando como únicos veículos as páxinas dos libros e a súa imaxinación.

Author's Name

A EOI fixo un inventario de todos os fondos dos clubs de lectura que se fixeron con anterioridade na escola nos catro idiomas para poñelos a disposición doutros centros educativos mediante un sistema de empréstimo. Os fondos de inventario estarán a disposición dos centros educativos para o seu uso. Os interesados ​​só teñen que poñerse en contacto coa EOI para especificar as condicións de envío, conservación e devolución.

Nos cursos de inglés A1 e A2, para promover coleccións de lectura graduada e dadas as limitacións do uso da biblioteca durante a pandemia, leváronse libros á clase para poder elixilos. Despois do seu rexistro, nun documento colaborativo onde os nomes dos alumnos e os títulos dos libros aparecían nos eixos de coordenadas (e eles mesmos podían engadir novos libros), o alumno engadía o que aprendera do libro ou chamara a súa atención para promocionar a súa lectura entre outros estudantes.

No curso de inglés C2, empregamos os fondos da biblioteca para comparar novelas e a súa adaptación cinematográfica para reflexionar sobre un dos aspectos do concepto de mediación, onde o director ao adaptar un texto escrito á pantalla ten que ter en conta certas circunstancias, como o tipo de público ou a duración convencional dunha película, para transmitir a mesma mensaxe.

Neste curso veu a luz a primeira edición da revista da Biblioteca da nosa EOI. Nela recollemos as novedades que se van incorporando aos nosos fondos, artigos escritos por profesoras/es da escola asi como outros temas de interés xeral. Esperamos e desexamos que sexa a primeira etapa dunha longa andaina que nos abra novos horizontes e nos amose, tal e como di o lema de Bibliotecas Escolares deste ano, xeografías que aínda estean por descubrir.

PLAMBE 2021 EOI Ribadeo