Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR. PEDRO MADRUGA.

bcseoane

Created on May 16, 2021

Personaxe enigmático e moi importante na historia medieval do reino de Galiza, unha vida apaixoante chea de loitas e intrigas.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Video

Akihabara Video

Essential Video

Space video

Season's Greetings Video Mobile

End of the Year Wrap Up

Christmas Promotion Video

Transcript

PEDRO MADRUGA

UN RETAZO DA NOSA HISTORIA

VINDE CON NÓS, ESCOMENZAMOS A VIAXE...

vIAXAMOS Á IDADE MEDIA

"É a de Soutomaior unha das casas nobres máis coñecidas, egrexias e antigas de Galicia. Houbo un gran señor en tempos do rei Don Pedro; Paio Sorred de Soutomaior que tivo un fillo Álvaro que á súa vez sería o pai dunha filla que emparentaría coa casa de Ulloa casando con Vasco López de Ulloa, sendo á súa vez a nai de Lope Sánchez, pai do futuro Conde de Monterrei. Gozaban estes señores de Soutomaior de moita influencia no obispado de Tui, eran valentes e gustaban de enfrontarse co obispado de Santiago e contra os señores de Ribadavia. Xa foi soado por belicoso un dos señores de Soutomaior chamado Fernán Eáns, que non se sabe moi ben por que se enemistó co señor da casa de Cadórriga, Pedro Díaz Cadórriga, que non atrevéndose a enfrontarse á gran casa de Soutomaior refúxiase en Ourense, pensando que non se atreverán a meterse nas terras dos de Ribadavia. Con todo isto non freou a Fernán Eáns que cruzou o Miño e apresou ao de Cadórriga levándollo a Soutomaior, liberándoo cando el quixo.

ANTES DE PEDRO MADRUGA

ANTES DE PEDRO MADRUGA

O fillo deste famoso Fernán, Álvaro Páez de Soutomaior casa con María de Ulloa; este mesmo Álvaro Páez tivo un enfrontamento coa casa de Ribadavia e atreveuse a tomar esta vila e apresar ao conde trasladándoo a Soutomaior, téndoo tamén preso o tempo que se lle antollou. Este Álvaro faleceu e a súa viúva María de Ulloa, farase posteriormente amante do arcebispo Don Alonso de Fonseca de Santiago. Cando morreu Don Álvaro fíxoo aínda novo e sen descendencia de ningún tipo, herdando o señorío un irmán bastardo que en principio se lle buscou destino no clero, Don Pedro Álvarez de Soutomaior, que era froito das relacións de Fernán Eáns cunha irmá da condesa de Ribadavia. Este novo señor de Soutomaior converterase nun dos personaxes máis emblemáticos, fascinantes e lendarios da Historia da Galicia, é o afamado Pedro Madruga."

https://gazeta.gal/web/antes-e-logo-de-pedro-madruga-a-casa-de-soutomaior/

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga.Foi unha das figuras máis salientabeis do medievo galego. Foi cabaleiro feudal, de orixe bastarda. E aquí escomenzamos a historia do noso persoeiro principal: DON PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, CONDE DE CAMIÑA, VIZCONDE DE TUI E MARISCAL DE BAIONA. Naceu en 1440 en Pontevedra, maila data do seu pasamento é un misterio para moitos historiadores. Hai quen di Alba de Tormes en 1486 e hai quen di que foi Cristobal Colón. Cicais algún día se resolva este enigma.

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR

As crónicas de Vasco Daponte no século XVI, son das fontes das que se conseguiron máis información do noso personaxe medieval. Descrición de Pero de Soutomaior. "Pero era mui mañoso y sutil, y mui sabio, y mui sentido en cosas de guerra, era mui franco, y trataba bien a los suyyos, y era mui cruel con sus enemigos, comía mucho de lo ageno, era uno de los grandes sufridores de trabajos que había en España toda, ni por que lluviese, ni nevase, ni elase, ni porque hiçiese todas las tempestades del mundo, no dejaría de haçer sus echos, ni daría un cornado por dormir fuera en invierno ni en casa cubierta. Donde no hallase ropa, sabía dormir ençima de una tabla." Considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da linaxe dos Soutomaior.

PEDRO MADRUGA

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR

Home temido e admirado, nos ecos dos seus feitos, alternaba a piedade socorrendo igrexas,vasalos, servos, con todo tipo de usurpacións en terras e fortalezas inimigas.A súa escolta guerreira eran homes intelixentes como PAIO BELOSO. Foi acerrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos de Xoana a Beltranexa. Pedro Madruga entrou en escea en plena contenda Irmandiña, e foi o verdadeiro estratega fronte aos viláns rebeldes en 1468. Pedro, fuxira a Portugal trala embestida irmandiña, neste periodo cásase con Tareixa de Távora, filla dun nobre portugués. Rematada a inestabilidade os nobres galegos reorganízanse formando unha "CONFEDERACIÓN NOBILIARIA" deixando de lado os desacordos entre familias nobres e co único obxectivo de recuperar o poder perdido. Pedro Madruga, grazas ao rei de Portugal e ao seu sogro reune un exército mixto de galegos e portugueses e entra polo Sur de Galiza, haberá tres continxentes, mais o protagonismo absoluto recae no de Soutomaior.

Alonso de Fonseca

Xoana a Beltranexa.

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR.

A ferocidade en combater aos Irmandiños foi salientábel. Unha vez máis é Vasco Daponte quen relata o sucedido: "Salio Pedro Álvarez de Portugal con muchos de sus vasallos (...) y acometió a los otros de tal manera que los vençio(...) Esta fue la de Famela o Framela." O seguinte enfrontamento constituíno Pontevedra, para gañar aquí botou man do enxeño e cun simple engano, gañou. Logo sería Santiago, batalla na que Pedro Álvarez recrimina a Fonseca e a Pimentel a súa actitude polo que el botando man dunha valentía desmedida, arremete contra o exército inimigo gañan do o decisivo lance para a causa señorial. Os autores sitúan este triunfo nun lugar chamado "Balmacige" preto de Santiago. Logo desta fazaña, o exército da Irmandade tiña os seus días contados. A partir de aquí, Pedro de Soutomaior axudaría aos seus aliados a recuperar os seus dominios. As súas fazañas fixeron encumiar a súa figura, como o SEÑOR INCONTESTÁBEL.

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR

Dicíase que ía o 1º nos asaltos ás torres, fortalezas e castelos. Home valeroso de forte complenxión, que saia airoso dos combates, era un excelente xinete, dicía: "O que bo cabalo ten saibao cabalgar" Pedro Álvarez de Soutomaior tivo que verse con cinco reis: Afonso V de Portugal e o seu fillo Juan II; Enrique IV de Castela e o seu irmá Afonso e os Reis Católicos. Cales foron os feitos máis relevantes de D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR:

  • Campaña contra os Irmandiños, tivo que reconstruír o castelo de Soutomaior.
  • Campaña contra o arcebispo Alonso de Fonseca II
  • Campañas antiisabelinas (1474-1476)
  • Doazón da Coruña ao Conde de Benavente. neste feito prodúcese a "Felonía" o conde captura a D. Pedro e teno preso durante 1 ano, tras disto estaban os R.Católicos. E alonso de Fonseca aproveita para construir as fortificacións de Castrizan e Pontesampaio para ter controlado o castelo de Soutomaior, pero en canto é liberado D. Pedro de Soutomaior, destrúe as dúas fortalezas.

Reis Católicos

Restos da fortaleza de Castrizán.

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR.

Campañas contra Alonso de Fonseca II e D. Diego de Muros a quen fai prisioneiro. Pero D. Pedro Álvarez de Soutomaior sabe ben que, quen está detrás de todas estas campañas son os poderosos Reis Católicos. As paces de Castela e Portugal deixan a D. Pedro de Soutomaior desamparado, a pesares de que na negociación de paz con Portuagl acordaran darlle a el un perdón xeral. Comenza a perder a loita xurídica e quítanlle Vigo, Redondela, ..., e tenllas que devolver á igrexa compostelá. A cidade de Tui devólveselle a Diego de Muros e Sobroso a García-Sarmiento. Pero para a corte de Castela quedaba aínda un arma segreda para destruílo totalmente, e era o seu propio fillo "Álvaro" que en connivencia coa súa nai, apodéranse do señorío de Soutomaior en ausencia deste. Xa que el estaba en Alba de Tormes esperando negociar o perdón cos Reis Católicos. En 1486 a súa vida era un pasado morto e triste, cecais moreu en Alba de Tormes, ou recluído no mosteiro de San Leonardo dos Xerónimos, ou cecais é CRISTOBAL COLÓN.

Diego de Muros

D. PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR

Un velo de confusión e misterio, en torno ao morador do castelo de Soutomaior, non si?Desapareceu da vida galega nada quedou del, nin pintura, nin escultura. O seu fillo Álvaro foi detido en Portugal, os Reis Católicos e nobres casteláns pediron clemencia, e volve malferido a cortes, onde casa con D. Inés Monroy. As casas inimigas de Soutomaior, como os Montenegros, Sarmientos, Abade de San Clodio, ..., reclaman venganza. D. Álvaro de Soutomaior morre de xeito misterioso en Valladolid en 1495 nun altercado na rúa, no que nada tiña que ver. Cecais cousa do pai? Dos amigos de D. Pedro de soutomaior? Da corte? Nunca o saberemos. Remata a familia co seu neto Pedro de Soutomaior que é tildado de parricida.

Fontes para a realización do traballo

https://shelly.es/images/blog/shelly_calpena/escudo2.jpghttps://shelly.es/images/blog/shelly_calpena/arbol_sotomayor1.jpg https://gazeta.gal/web/es/antes-y-despues-de-pedro-madruga-la-casa-de-soutomaior/ https://shelly.es/blog/05003-carolina_y_sotomayor.php?ancho=1536&alto=864&reload=1&m= https://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?t=1887 https://www.soutomaior.gal/wp-content/uploads/2017/01/historias-galicia-pedro-madruga-cristobal-colon.jpg https://www.castelodesoutomaior.com/documents/355674/356279/pedromadruga.jpg/919f6da8-f089-4e01-9a35-b67bacf95fd1?t=1524742427000 https://gl.wikipedia.org/wiki/Alonso_II_de_Fonseca#/media/Ficheiro:ALONSO_DE_FONSECA_Y_ACEVEDO_(1460-1464),_o_Fonseca_el_Joven.jpg https://themurostimes.com/2017/02/20/don-diego-de-muros-iii-despide-a-dous-medicos-do-hospital-real-de-santiago-ano-de-1521/

Realizado polo alumnado de 5º de E. Primaria do CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO.

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.