COMEZAMOS?
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Día das Letras Galegas celébrase cada 17 de maio. Ese día homenaxeamos a unha persoa que defendera o noso idioma e a nosa cultura. Este ano, 2021, está dedicado a Xela Arias Castaño, poeta, tradutora e editora.
SEGUIMOS?
PREGUNTA 1
Cando celebramos o Día das Letras Galegas?
O 25 de xullo
O 17 de maio
O 14 de abril
BEN!
O Día das Letras Galegas celebrámolo o 17 de maio.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 2
A quen se lle dedica o Día das Letras deste ano?
YolandaCastaño
Manuel María
Xela Arias
BEN!
Este ano o Día das Letras está dedicado a Xela Arias.
Seguinte pregunta
Un conto de Contos ao teléfono
O conto que vas ler a continuación leva por título A trabucar as historias, escrito por Gianni Rodari e publicado en galego no ano 1986 pola Editorial Juventud. A tradución ao noso idioma, xa o sabes, fixérona Xela Arias Castaño e Lidia Iglesias Izquierdo. Lemos o conto?
SEGUIMOS?
A trabucar as historias (1)
-Era unha nena que se chamaba Carapuchiña Marela. -Non, Vermella! -Ah, si. Carapuchiña Vermella. A súa nai chamouna e díxolle: escoita, Carapuchiña Verde... -Que non, Vermella! -Ah, si, Vermella. Vai cabo da tía Diomira levarlle esta para de pataca. -Non: Vai cabo da avoa levarlle este pastel! -Está ben. A nena andou para o bosque e atopou cunha xirafa. -Que confusión! Atopou cun lobo, non cunha xirafa. -E o lobo preguntoulle: Cantas fan seis por oito? -Non fan nada. O lobo díxolle: Para onde vas? Continúa...
SEGUIMOS?
PREGUNTA 3
De que cor era verdadeiramente a carapuchiña?
VERMELLA
VERDE
MARELA
BEN!
A carapuchiña era de cor vermella.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 4
Cal era o nome da tía?
Tía Diomira
Tía Repicaria
Tía Portaxeira
BEN!
O nome era o de tía Diomira.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 5
Ah, ti sabes o que é unha para de pataca?
Instrumento musical de corda
Recipiente de boca ancha
Cuberta exterior dalgúns froitos
BEN!
Unha para de pataca é a cuberta exterior: a pela, a pelica, a monda, a casca....
Seguinte pregunta
PREGUNTA 6
Que lle tiña que levar Carapuchiña á tía Diomira?
Unha para de pataca
Un cesto de mazás
Un cornete de castañas
BEN!
Carapuchiña tiña que levarlle á tía Diomira unha para de pataca.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 7
En realidade, que lle tiña que levar Carapuchiña á avoa?
Un pastel
Unha mazá
Un reloxo
BEN!
Carapuchiña tiña que levarlle un pastel á súa avoa.
SEGUIMOS LENDO?
A trabucar as historias ( 2)
-Tes razón. E Carapuchiña Negra respondeu... -Era Carapuchiña Vermella, vermella, vermella! -Si, e respondeu: Vou cabo da avoa a mercar o prebe de tomate. -Nada diso: Vou cabo da avoa que está doente, mais non sei o camiño. -Xusto, e o cabalo dixo... -Cal cabalo? Era un lobo. Continúa...
SEGUIMOS?
PREGUNTA 8
Con quen falou Carapuchiña polo camiño?
Cun lobo
Cun saltón
Cunha serpe
BEN!
Carapuchiña no camiño falou cun lobo.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 9
Como estaba a avoa?
LENDO
BAILANDO
DOENTE
BEN!
A avoa de Carapuchiña estaba doente.
Seguinte pregunta
A trabucar as historias ( e 3)
-Seguro. E dixo así: Colle o tranvía número setenta e cinco, baixa na praza do Duomo, vira á dereita, atoparás tres chanzos e unha moeda na terra, deixa estar os tres chanzos, apaña a moeda e merca un chicle. -Avó, ti non sabes para nada contar historias. Trabúcalo todo, pero o do chicle mércamo igual. -Está ben. Toma a moeda. E o avó volveuse poñer a ler o seu xornal. FIN
SEGUIMOS?
PREGUNTA 10
Que tranvía tiña que coller Carapuchiña?
O tranvía95
O tranvía35
O tranvía75
BEN!
O tranvía que tiña que coller era o 75.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 11
En que praza de Milán tiña que baixarse do tranvía?
Praza do Duomo
Praza do Obradoiro
Praza daLeña
BEN!
Pois si, tiña que apearse na praza do Duomo.
Seguinte pregunta
PREGUNTA 12
Que fixo o avó despois de contar a historia?
Xogar ás cartas
Ler o xornal
Ver a televisión
NORABOA!
CHEGACHES AO FINAL!
QUERES REPETIR?
Efectivamente, avó púxose a ler o xornal.
Xogamos de novo?
NON, NON VAI BEN!
Inténtao de novo!
LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS
marisaluchi2
Created on April 29, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Explore all templates
Transcript