Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Camino de Santiago
Ma Dolores González Marquina
Created on April 18, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Transcript
o camiño de santiago
2ºC
CONTIDOS
Vídeo
ORIXES
TRAXE
CAMIÑOS
GALERÍA DE IMAXES
XOGOS
LENDA DO CAMIÑO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Era o ano 830 cando un monxe chamado Paio viu luces procedentes dun bosque próximo. Este curioso fenómeno repetiuse cada noite, polo que Paio, sorprendido, decidiu avisar a Teodomiro, o bispo de Iria Flavia. Teodomiro foi á zona e descubriu tres sartegos ocupados polo apóstolo Santiago e os seus discípulos Anastasio e Teodoro. Teodomiro, asombrado de atopar ao apóstolo Santiago e aos seus discípulos, notificoullo ao rei daquela época, Alfonso II o Casto, que non dubidou en ir canto antes de Oviedo a Santiago, converténdose no primeiro peregrino.
Unha vez alí, Alfonso II construíu unha capela xunto ao mausoleo que Teodomiro atopara. O tempo pasou e a pequena capela que Alfonso II construíra orixinalmente sufriu ata catro reconstrucións e ampliacións. No 1075 construíuse a catedral que hoxe podemos ver na praza do Obradoiro. Os peregrinos comezaron a peregrinar á Catedral de Santiago de Compostela convertendo esta nun dos lugares máis importantes do mundo.
- O CAMIÑO FRANCÉS é a ruta máis famosa e transitada. Sae de Roncesvalles e cruza España pasando por fermosas cidades españolas como Burgos e León.
- .O CAMIÑO PRIMITIVO finaliza no Camiño Francés, sae de Oviedo.
- A VÍA DA PRATA atravesa España desde Sevilla, é unha ruta moi longa.
- O CAMIÑO MOZÁRABE parte da provincia andaluza de Almería. •
- O CAMIÑO PORTUGUÉS parte de Lisboa e cruza a fronteira para entrar en España por Tui.
- O CAMIÑO INGLÉS comeza en Ferrol ou A Coruña, non é tan famoso pero adoita ser o máis elixido polos peregrinos que chegan en barco dende o norte de Europa.
- O CAMIÑO DE FISTERRE E MUXÍA sae da cidade de Santiago de Compostela ata a costa.
Os peregrinos chegaban a santiago a pé, a cabalo ou en barco e eran asistidos en hospitais fundados por reis e nobres, xa que moitas veces chegaban enfermos ou feridos das viaxes. O butafumeiro usábase para quitar os malos cheiros da catedral, pois os peregrinos chegaban sudorosos do esforzo do camiño. ,
A ROUPA TÍPICA DOS PEREGRINOS A vestimenta dos peregrinos na Idade Media era moi distinta á actual. Antigamente as prendas que levaban eran:
- O bordón: chamábase así o antigo bastón co que viaxaban os peregrinos, era unha vara longa e recta máis alta que o peregrino que a levaba.
- O zurrón: era unha bolsa de coiro, de pequeno tamaño, que se pon a modo de bandoleira e adórnase con cunchas de vieira.
- Capa: Antigamente era indispensable á hora de realizar o Camiño, utilizábase para protexerse do frío no inverno, da chuvia e para protexerse das baixas temperaturas polas noites.
- Sombreiro: era outra das prendas indispensables na vestimenta do peregrino medieval. Utilizábase para protexerse tanto da chuvia como do sol. Era onde se colocaba a vieira unha vez o peregrino remataba o Camiño.
- A cuncha de vieira: a todos os peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela se lles entregaba un documento acreditativo e se lles entregaba unha cuncha de vieira para colocala no sombreiro ou na capa, isto quería dicir que xa remataran o camiño.
- Cabaza: era utilizada para portar auga ou viño que o peregrino necesitaría ao longo do camiño. Para convertela en recipiente, a cabaza vaciábase de sementes e púñase a secar para que endurecese a súa pel impermeable.
IMOS VER CANTO APRENDICHES
Pregunta 1/6
Onde comeza o camiño francés?
RONCESVALLES
MADRID
ORTOÑO
Pregunta 2/6
DE ONDE SAE O CAMIÑO PRIMITIVO?
OVIEDO
BERTAMIRÁNS
CARBALLIÑO
Pregunta 3/6
HAI UNHA RUTA DO CAMIÑO QUE LEVA O NOME DUN METAL, DE QUE RUTA SE TRATA?
A RUTA DO OURO
A RUTA DO FERRO
A RUTA DA PRATA
Pregunta 4/6
COMO SE CHAMA O BASTÓN QUE USABAN OS PEREGRINOS?
VIEIRA
ZURRÓN
BORDÓN
Pregunta 5/6
A PRAZA Á QUE CHEGAN OS PEREGRINOS EN SANTIAGO, CHÁMASE
PRAZA MAIOR
PRAZA DA QUINTANA
PRAZA DO OBRADOIRO
ONDE LEVABAN OS PEREGRINOS A AUGA OU O VIÑO?
NA CABAZA
NO ZURRÓN
NO BORDÓN
VOLVE INTENTALO
¡Incorrecto!
Noraboa!!!
Ven a Compostela
O CAMIÑO...
SAN MILLÁN DE LA COGOLLA
MUXÍA
MOSTEIRO DE CAAVEIRO
FERROL
FERROL, INICIO DO CAMIÑO INGLÉS
CATEDRAL DE BURGOS
CATEDRAL DE OVIEDO
CARRIÓN DE LOS CONDES
BOTAFUMEIRO
VOLTAR