Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

danieladiosiglesias

Created on April 14, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Geometric Project Presentation

Transcript

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL

UN FOGAR SEN LIBROS É COMO UN CORPO SEN ALMA

ÍNDICE

1.- Por que o Día do Libro se celebra o 23 de abril? 2.- Historia do libro 3.- Beneficios da lectura 4.- Webgrafía

1.- Por que o Día do Libro se celebra o 23 de abril?

O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A UNESCO decidiu en 1995 celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes.

2.- Historia do libro

Primeiros libros: As orixes do libro hai que buscalas nas civilizacións mesopotámicas (táboas de arxila) e na civilización exipcia (rolo de papiro). En Roma empregáronse con frecuencia as taboíñas enceradas que, unidas unhas a outras, formaban un libro, aínda que desde o século III a.C. e ata o século V d.C. foi moi frecuente a forma de rolo tamén en Roma. A fraxilidade do papiro, que facía que os bordos se rompesen, solucionouse coa introdución do pergameo, máis axeitado que o papiro para recibir a escritura polas dúas caras. As variacións na forma do libro foron considerables, ata chegar á forma códice, na que hoxe o coñecemos. O primeiro libro impreso foi creado polos chineses no ano 868 d.C.

Idade Media: Na Alta Idade Media os códices son un produto da economía autosuficiente dos mosteiros. Estes exemplares eran copiados a man polos escribáns dos mosteiros no chamado scriptorium. Nesta época, só nas universidades, nos mosteiros, igrexas e casas dalgúns nobres podían atoparse libros. Coa aparición das universidades créase un novo mercado para os libros e convértese así nun instrumento de difusión das novas ideas. A partir do século X comeza a usarse o papel na elaboración dos libros, aínda que xa fora inventado polos chineses antes da era cristiá. En España foi introducido polos árabes. Atópanse manuscritos en papel a partir do século XIII, e o uso xeneralizouse no século XV.

A aparición da imprenta:A impresión en madeira máis antiga que se coñece na China e que se asemella a un libro é do ano 868 d.C., pero sábese que o método foi empregado antes. En Europa Johannes Gutenberg deu resposta á demanda de libros grazas á imprenta de tipos móbiles. Aínda que ningún texto leva o seu nome, atribúeselle a impresión da famosa Biblia de 42 liñas (1456). O invento, unha vez máis, fora probado polos chinos xa no século XI, usando tipos soltos de barro cocido e máis tarde de metal. Os primeiros libros impresos ata o 1 de xaneiro de 1501 denomínanse incunables.

O libro nos séculos XIX e XX: No século XIX o maquinismo derivado da revolución industrial aumentou a produción de libros e abaratou os seus custos. O primeiro invento foi a máquina de papel (1798), que permitía fabricar papel de forma continua. Nas décadas de 1860 e 1870 xeneralizouse en Europa a pasta mecánica, e na de 1880 a pasta química. No século XX continua a mecanización do libro e prodúcese un paulatino desprazamento da mecánica pola electrónica. Aumenta o número de títulos e de exemplares en cada tirada, como consecuencia do aumento de lectores. Xorden tamén novas formas de comercialización (libros de peto, clubs do libro etc.). Ó desenvolvemento das redes de telecomunicacións desde os anos 90, fai aparecer un novo sistema de venda: a venda virtual.

Século XXI: o libro electrónicoInternet supuxo unha revolución e constituíu un importante medio de difusión para os libros, os chamados libros electrónicos e, posteriormente as tabletas.

3.- Beneficios da lectura

1. Mellora a reserva cognitiva: O hábito de la lectura fortalece as conexións neuronais e mellora a reserva cognitiva (resistencia da mente ás lesiones e ao deterioro). 2. Favorece o descanso: Adquirir o costume de coller un libro e ler un rato na cama co tempo convírtese nun sinal que a nosa mente interpreta como o indicativo de que chegou o momento de relaxarse e durmir. 3. Reduce o estrés: O exercicio da lectura crea momentos de relaxación nos que a nosa mente se calma. Ao relaxarnos, reducimos os niveis de cortisol, hormona que se libera co estrés. 4. Combate a depresión: As novelas e a poesía teñen un gran poder terapéutico. Escoller lecturas axeitadas poden servir como crecemento persoal.

5. Mellora as relacións persoais: A Literatura permite apreciar o mundo desde outros puntos de vista e identificarse coas personaxes, o que afecta positivamente ao desenvolvemento das habilidades sociais. A lectura fainos máis empátic@s. 6. Aumenta a memoria: Estudos recentes mostraron que a lectura en voz alta para un mesmo mellora o recordo. 7. Alonga a vida: Un equipo de investigadores da Universidade de Yale (EE.UU.) afirma que os que len, viven máis anos. O traballo publicouse na revista Social Science & Medicine. Ademais de todo isto, a lectura: -Incrementa a capacidade de concentración, análise e interpretación. - Mellora a expresión, a lectura e a linguaxe. - Propicia a imaxinación. - Agudiza a astucia. Todo son vantaxes... Xa sabes! Colle un bo libro!!!

4.- Webgrafía

https://gl.wikipedia.org/wiki/Libro https://www.sabervivirtv.com/medicina-general/beneficios-lectura-salud-cerebro_2024 http://www.konradlorenz.edu.co/es/estudiantes/servicios-para-estudiantes/biblioteca-juan-alberto-aragon-bateman/novedades/714-los-beneficios-de-la-lectura.html

Grazas!

-Equipo de Dinamización da Lingua

Daniela Dios