Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Arte 1/2 século XX
francisco canoura
Created on April 4, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Piñata Challenge
View
Teaching Challenge: Transform Your Classroom
View
Frayer Model
View
Math Calculations
View
Interactive QR Code Generator
View
Interactive Scoreboard
View
Interactive Bingo
Transcript
A ruptura ca tradición: a Arte na primeira metade do século XX
Edvard Munch
Munch está considerado, xunto con James Ensor, o pai do expresionismo, movemento ao que chegou despois das súas viaxes e estancias en París, tras descubrir as correntes impresionistas e o simbolismo. A súa obra estivo marcada pola enfermidade, a morte e a dor que viviu na súa infancia e xuventude. Isto tradúcese nunha visión desolada da existencia, reflexada na súa pintura mediante seres angustiados, melancólicos e solitarios. O seu estilo caracterizouse por pinceladas audaces e liñas sinuosas; color arbitrario, irreal, con masas de cor que inundan o lenzo e motivos simplificados.
- El grito
- 1893
- Expresionismo
Primeiras Vangardas
Contexto histórico-artístico
Expresionismo
Fauvismo
Cubismo
Neoplasticismo
Dadaismo
Surrealismo
Expresionismo
Surxe en Alemaña no 1905 e perdura hasta 1933, cando o réxime nazi subiu ao poder e o prohibe tras declarar a arte vanguardista como "arte dexenerado". A ideoloxía deste movemento está vinculada ás teorías de Nietzsche e Freud e ao pesimismo que vivía Europa. Basease na expresión, transmitir os sentimentos e emocións do artista mediante a deformación da realidade por medio da cor e a distorsión das formas. O integraban distintos grupos artisticos, como Die Brücke (El Puente), creado por Ernst Ludwig Kirchner en 1905, de carácter radical e espírito crítico. As súas obras caracterízanse por formas esperpénticas, cores violentos e trazos grosos.
- A rúa
- Kirchner
- 1913
- Expresionista
Info
Kandinsky
Vasily Kandinsky foi o fundador do grupo Der Blaue Reiter (El jinete azul), con obras de gran lirismo, xunto a Paul Klee, Otto Dix e George Grosz. Kandinsky foi un gran teórico da cor e pai da arte abstracto. Entre 1910 e 1914, o artista realiza varios traballos: as súas Impresións, Improvisacións e Composicións, onde desenvolve as súas ideas. O atrainte da súa pintura nesta época, é como pasa dunha mímesis a unha simplificación das formas e á abstracción, buscando o intrínseco mediante a cor. As súas influencias fauvistas aprécianse nesa liberación cromática, na expresividade das súas emocións. A obra da que falamos podería tratarse dun esbozo de Composición VII, realizada en 1913. A súa importancia non está na disposición dos elementos no papel. Máis ben o significativo aquí é como a través de manchas, liñas e cores, desvincúlase da realidade para proxectar a súa necesidade interior, sendo unha forma de expresión curativa para o seu espírito.
Fauvismo
Foi a primeira vangarda do século XX e naceu en París no 1905. O Fauvismo caracterizouse por pintar o que se sentía, non o que se veía. Os artistas gracias á autonomía da cor sobre a forma o lograron. Ademais, a cor, de tonos intensos e puros pero de gran armonía cromática, dependía do sentimento do artista e non da realidade. A crítica chamounos fauves (bestas) debido ás obras que presentaron pintores como Matisse, Derain, Vlaminck o Braque no Salón de Outono de 1905, nas que predominaba un colorido estridente, a distorsión das formas, supresión dos detalles e un sentido expresionista na captación das emocións.
Matisse
Pintor francés, máximo representante do Fauvismo e un dos artistas mais influintes do século XX. Influido polas obras de Van Gogh, Gaugin e Cezanne, abandonou o naturalismo e centrouse na cor, que pasou a ser a protagonista dos seus cadros, ferramenta das sensacións sin ser fiel á realidade. Utiliza cores expresivas, de tintas uniformes e formas planas. Ademais introduce arabescos en composicións de total armonía pictórica.
Cubismo
Comenzou en París no 1907 coa obra Las señoritas de Avignon de Picasso, que rompeu cos valores artísticos tradicionais e significa o nacemento dunha linguaxe innovadora e radical de grande influencia en toda a arte do século. O cubismo entende o cadro coma unha superficie bidimensional, e rompe coa idea clásica da perspectiva. As figuras esquematízanse e as formas xeometrízanse. O punto de vista único abandonase e xustapoñense as imaxes que mostran a realidade cando a miramos desde distintos ángulos e que se descompoñen en varios planos xeométricos.
Cubismo analítico (1908-1912)
Obxectos redúcense a formas xeométricas fragmentadas en planos. Colorido apagado, tonos verdes, grises e ocres. Temas, naturezas mortas, retratos e paisaxes.
Cubismo sintético (1912- 1920)
Técnica do collage realizada por Picasso en 1912. Temas tratan sobre instrumentos musicais, naturezas mortas, retratos ou bañistas.
Cubismo analítico (1908-1912)
Retrato de Ambroise Vollard 1910
Ambroise Vollard (1868-1939) foi o marchante e galerista máis famoso do París de principios do XX. Grazas ao seu magnífico ollo crítico, moitos artistas atoparon un lugar onde expoñer e conseguiron facerse un oco para sempre na historia da arte. Na súa galería, presentou ao mundo obras de Cézanne, Renoir, Picasso, os Fauves, Maillol, Gauguin, Matisse, os Nabis, etc. O cubismo analítico (1909-1912), ao que pertence esta obra, é unha das etapas de Picasso máis difíciles de entender e apreciar, pero cun pouco de esforzo acaba gustando. Basicamente, só utilizaban tons ocres, negros e grises, porque o que lles interesaba era a forma e o volume, non a cor. Buscaban descompoñer o modelo en facetas e logo volver construílo de forma que puidésemos velo desde varias perspectivas diferentes, coma se fose unha escultura. Neste caso, ao pintar o rostro dunha cor diferente, podemos distinguir sen problemas os trazos da cara de Vollard (e a súa característica calva)...
Cubismo sintético (1912-1920)
Subtítulo
Trátase dun bodegón ou natureza morta (tema moi tradicional ao longo da Historia da Arte), realizado nun momento en que estaba a finalizar a etapa do cubismo analítico, e Picasso comezaba a dar os primeiros pasos do cubismo sinténtico. Ademais, é a primeira exploración en serio do artista no mundo do collage. Picasso xoga aquí con distintos materiais, superando a tradicional utilización de lenzo e pinturas, xa que combina neste collage tea encerada, pintura, papel e corda. Nesta obra (da cal Picasso non quixo desprenderse nunca), hai unha potente revolución artística: pásase da metáfora do real (a imitación do real mediante o pincel) á introdución do obxecto mesmo na obra. A primeira impresión ao ollar esta obra é de certa confusión: por unha banda, semella ser un típico cadro da fase do cubismo analítico, onde os obxectos aparecían descompostos en múltiples facetas (hai unha parte tratada deste xeito, recoñecéndose algúns obxectos pintados dende distintos puntos de vista, como a copa de cristal, un cóitelo, a boquiña dunha pipa, o xornal ou a rodaxa de limón)...
Guernica 1937
Abstracción xeométrica
Mondrian
Pintor fundador dun movemento estético en Holanda, o neoplasticismo, dentro da abstracción xeométrica. tamén fundou a revista De Stijl "el estilo", que foi o medio de expresión e difusión de dito movemento. Esta tendencia buscaba liberar a arte de todo o accesorio para chegar á "arte puro". Mondrian creou unha nova linguaxe para os seus lenzos, aos que chamou Composicións. Caracterízanse por representar formas xeométricas básicas, como o cadrado e o rectángulo, e por utilizar os chamados "anticores" (branco, negro e gris) e as cores primarias (roxo, amarelo e azul), aos que consideraba elementais. Mediante a utilización das formas xeométricas e estas cores quería chegar a representar a esencia do universo.
Dadaísmo
A renovación que provocaron na arte a finais do XIX os novos artistas, foi o caldo de cultivo no que xurdíu a ampla variedade de tendencias ou “ismos” das novas vangardas do século XX. O termo “Dadá” fora elixido ao azar dun diccionario e carece de siginifcado especial. Supón o uso da burla como medio para destruír os principios artísticos máis afianzados. O dadaísmo xurdíu en Zurich (Suíza) durante a Primeira Guerra Mundial, como actitude de rexeitamento ante a realidade circundante por parte dun grupo de xoves artistas entre os que se atopaban Hans Arp e Tristan Tzara. Estes propuxeron solucións subversivas e anárquicas ante os criterios artísticos tradicionais, e chegaron a falar incluso de a “fin da arte”. Os dadaístas reivindicaban os obxectos industriais, a imprenta, o cine, o sexo e, sobre todo, a festa, o espectáculo e o humor. En Nova York, Francis Picabia, Man Ray e Marcel Duchamp crearon un grupo artístico semellante ao suízo. En 1918 ámbolos dous grupos uníronse, deixando sentir a súa influencia por toda Europa. O Dadaísmo aportou á arte actual a súa eterna provocación, a importancia da imaxinación, unha nova estética e a validez do proceso creativo. Foi un precursor dos happenings e das performances.
LHOOQ
L.H.O.O.Q.é unha obra de arte de Marcel Duchamp realizada en 1919. É un dos ready-mades de Duchamp. Os ready-mades son obxectos producidos en serie, normalmente destinados a un uso utilitario e alleos á arte que se transforman en obras de arte polo mero feito de que o artista os elixa e lles cambie o nome, os asine ou simplemente os presente a unha exposición artística. En L.H.O.O.Q. o obxecto é unha tarxeta postal barata (dice que roubada…) cunha reproducción da coñecida obra de Leonardo da Vinci, a Mona Lisa, á que Duchamp dibuxa un bigote e unha perilla cun lapis , poñéndolle ademais un título. Toda unha provocación moi no espíritu gamberro do Dadaísmo. O nome da obra, L.H.O.O.Q. é homófono en francés da frase «Elle a chaud au cul», literalmente «Ela ten o cu quente», que podería traducirse como «Ela está excitada sexualmente». Duchamp realizou varias versións de L.H.O.O.Q. de diferentes tamaños e soportes. Unha de elas, é unha reproducción en branco e negro da Mona Lisa sen bigote nin perilla que chamou “ L.H.O.O.Q. Afeitada”.
Surrealismo
Movemento literario e artístico, elitista e de esquerdas, que naceu en Francia no 1924 impulsado por André Breton. Este defendeu no seu Manifesto a inconsciencia, o soño e a loucura. Os surrealistas intentaron expresar por medio da plástica as imaxes procedentes do mundo onírico, do inconsciente, fora de toda preocupación estética.
René Magritte
Artista francés dos primeiros en integrarse á corrente surrealista. A súa obra é enigmática e extraña, rodeada dun halo de misterio propio da súa inspiración na literatura policíaca. Os seus persoaxes caracterízanse polos seus rostros impenetrables, carentes de toda expresión.
Dalí
Polifacético artista catalán, persoaxe excéntrico e provocador, destacou pola súa obra surrealista. Foi un excelente dibuxante, que expolorou diversos campos que van desde o clasicismo ao cubismo e ao dadaismo. Nos seus primeiros anos incluso realizou obras de realismo artístico, como Muchacha en la ventana, na que representa á súa irmá adolescente mirando pola ventá na súa casa de Cadaqués. En 1926 realizou unha viaxe a París; neste momento inicia unha amizade con Picasso e recibe a influencia da pintura de Miró. A partires de aquí desenvolve a súa propia linguaxe pictórica. O estilo de Dalí baseabase en imaxes irreais en paisaxes espidos. Estas imaxes as tomaba directamente dos soños e están relacionadas coa psicoanalise.
Miró
Máximo exponente do surrealismo. Os seus inicios discorren entre o fauvismo, o cubismo e o dadaísmo, pero, tras o seu traslado a París en 1920, evolucionou hacia o recén creado surrealismo. Aportou unha visión máxica e lírica do seu inconsciente, chea de gran fantasía. Sobre fondos blancos e azuis e con unha gama de cores brillantes (amarelos, roxos, verdes, azuis...) creaba no espacio diferentes signos recoñecibles, como estrelas, soles, gatos, peces, escaleiras ou insectos, cun forte contido simbólico.
Frida Kahlo
Foi unha pintora mexicana. A súa obra vira temáticamente ao redor da súa biografía e ao seu propio sufrimento. Foi autora de 150 obras, principalmente autorretratos, nos que proxectou as súas dificultades por sobrevivir. Tamén é considerada como unha icona pop da cultura de México. A súa vida estivo marcada polo infortunio de sufrir un grave accidente na súa mocidade que a mantivo prostrada en cama durante longos períodos, chegando a someterse a ata 32 operacións cirúrxicas. Levou unha vida pouco convencional. A obra de Frida e a do seu marido, o pintor Diego Rivera, influíronse mutuamente. Ambos compartiron o gusto pola arte popular mexicano de raíces indíxenas, inspirando a outros pintores mexicanos do período posrevolucionario. En 1939 expuxo as súas pinturas en Francia grazas a unha invitación de André Breton, quen tentou convencela de que eran «surrealistas», aínda que Kahlo dicía que esta tendencia non correspondía coa súa arte xa que ela non pintaba soños senón a súa propia vida.
A columna rota
.Con 37 anos, Frida Kahlo levaba media vida arrastrando un terrible sufrimento físico por mor do accidente de autobús sufrido en 1925. A súa columna vertebral quedara fracturada en tres partes, sufrindo ademais fracturas en dúas costelas, clavículas e pelvis. A súa perna dereita fracturouse en once partes. Foi ademais atravesada por un pasamanos pola cadeira esquerda atravesando o seu corpo ata saír pola vaxina. Kahlo comentaba que esa foi a brutal forma na que perdera a súa virxindade. Desde entón foron continuas as operacións (polo menos 32 ao longo da súa vida), as hospitalizacións e a dor extrema. Tivo que poñerse todo tipo de corpiños e dispositivos para poder andar e levar unha vida normal. Pero o único que axudou a curar a súa dor foi a arte. Este autorretrato explica moi claramente o que sucedía co seu corpo. Frida chora porque ten rota a súa columna jónica (o feminino) e só un doloroso corpiño de metal mantena moderadamente firme. Ten cravos por todo o seu corpo, simbolizando a dor ao que quizais o seu rostro afíxose. Frida aguanta con resignación e estoicismo, sacando beleza onde non a pode haber, como sacar auga dese deserto que ten detrás.
Maruja Mallo
Regresou a Madrid en 1933 e participou activamente na Sociedade de Artistas Ibéricos. Iniciou unha etapa na que destaca o interese pola orde xeométrica e interna da natureza. Nese mesmo ano, Maruja Mallo, comprometida coa República, desenvolveu unha tripla dedicación docente como profesora de Debuxo. A partir de 1936, comezou a súa etapa construtiva, mentres seguía expoñendo cos pintores surrealistas en Londres e Barcelona. Participou como docente nas Misións Pedagóxicas, que a achegaron á súa terra natal, Galicia, onde aos poucos meses sorprendeulle a Guerra Civil. Ao estalar a Guerra civil, Mallo fuxiu a Portugal, onde foi recibida por Gabriela Mistral. Pouco tempo despois, axudoulle a trasladarse a Buenos Aires, tras recibir unha invitación da Asociación de Amigos da arte para dar unha serie de conferencias sobre a temática popular na plástica española, Proceso histórico da forma nas artes plásticas, en Montevideo e logo en Buenos Aires, iniciando así o seu exilio.
. Maruja Mallo nada en Viveiro, Lugo, 5 de xaneiro de 1902-Madrid, 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista española. Está considerada como artista da xeración de 1927 dentro da denominada vangarda interior española. En 1922, con vinte anos, e nun traslado da familia a Madrid, entrou a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando onde estivo ata 1926. En Madrid relacionouse con artistas, escritores e cineastas da Xeración do 27 como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luís Buñuel, María Zambrano ou Rafael Alberti, co que manterá unha relación ata que el coñeza a María Teresa León. Dalí definiraa como "metade anxo, metade marisco”. En 1932 obtivo unha pensión para ir a París onde coñeceu a René Magritte, Max Ernst, Joan Miró e Giorgio de Chirico e participou en faladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa primeira exposición en París tivo lugar na Galería Pierre en 1932. Alí comezou a súa etapa surrealista. Xurdiu unha amizade entre Mallo e Breton, quen lle puxo en contacto con Jean Cassou, Picasso, Aragon, Jean Arp, René Magritte e o grupo Abstracción-Création.
A Verbena
Maruja Mallo pintou unha serie de óleos dedicada ás festas madrileñas. Na verbena a artista galega expón a súa visión do mundo sen escatimar en barroquismo e fantasía.Na época desta “Verbena” eran os felices anos 20 e Maruja era nova e aínda optimista. As súas obras, aínda alegres e coloridas.“A verbena” é un intento de retratar á sociedade madrileña da época cun pouco de ironía. Barracas, artefactos de feira, espellos deformantes, carruseis, músicos, xigantes e cabezudos, mariñeiros de permiso, terrazas a garda civil… Un caos ordenado que reflicte o barullo das verbenas populares, pero con gran alegría. 1927 Surrealismo
Calle en Berlín o también conocida como La calle, es una cuadro realizado por Ernst Ludwig Kirchner en 1913. La fecha coincide con la disolución del Grupo Die Brücke ( El Puente ) La técnica es óleo sobre lienzo y se encuentra en el MoMA de New York. En un espacio casi claustrofóbico se presenta a dos prostitutas paseando por las calle con abrigos con cuellos de pieles , sombreros de plumas y zapatos con amplio tacón afilados.. Están rodeadas de hombres de los que solo es identificable uno que mira tal vez con disimulo al escaparate mientras su bastón se desplaza hacia atrás. Para Kirchner, la prostituta era un símbolo de la ciudad moderna, donde el glamour y el peligro, la intimidad y la alienación necesariamente coexistían, y todo estaba a la venta. A pesar de ser una escena cotidiana en una calle, la angostura del espacio y la construcción de los personajes crea una atmósfera agobiante. Aunque sea un tema figurativo su deformación le aleja de la realidad.En el tratamiento de las figuras existe una clara focalización en las dos mujeres que ocupan el centro del cuadro , que frente al negro de los hombres se las dota de color : una presenta un abrigo morado con pieles blancas que se funde con el de su compañera , el blanco de las plumas, el carmín rojo de los labios , el tono sonrosado del rostro ; y frente a la masa de hombres del fondo no individualizados son las que presentan rasgos faciales enmarcados por las V de las pieles blancas; junto con el caballero que mira el escaparate. Las formas tienen un trazado anguloso y afilados como nariz, zapatos,patillas, sombreros. Manos huesudas . Tienen muy poco volumen. Los colores son antinaturales alternan los fríos como morados, azules turquesas en el escaparate, grises, algún tono verde y los cálidos rosados del fondo sobre los que se recortan la masa anónima de hombres y el rosa de la acera que casi nos parece una pasarela que desestabiliza la escena pero también crea un ritmo de avance hacia el espectador. La piel de las prostitutas varia entre tonos de rosa y naranja utilizando pinceladas sueltas y visibles. Las pinceladas se caracterizan por gruesos empastes. Los colores antinaturales es una de las características del expresionismo alemán.( Grupo El Puente ) La inclinación hacia abajo de la perspectiva y las diagonales opuestas en la pincelada como en el abrigo morado crean sensación de movimiento, de ritmo de avance hacia el espectador sobre todo de las mujeres que centran nuestra atención y cuya expresión parece de ironía o sarcasmo , mientras que una parece comentar algo a la otra, ¿tal vez relacionado con el hombre detenido en el escaparate?.