Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

REVISTA HORTOCOLIÑA ABRIL

Hortocoliña

Created on March 28, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Newspaper Presentation

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Transcript

REVISTA MENSUALHORTOCOLIÑA

ABRIL 21

O APARCADOIRO DO COLE ÉNCHESE DE FLORES

Os nenos e nenas de 4 anos B descubrimos que no cole temos 5 cerdeiras xaponesas. Unhas árbores que teñen como curiosidade que se teñen que encher de flores antes de que lle nazan as follas. Gustáronnos tanto que alá fomos tal cal artistas a facer as nosas obras de arte!

A SOPA VERDE

A partires dunha proposta dos equipos da Biblioteca e Dinamización, este mes, as nenas e os nenos de 4 anos B iniciamos o traballo na horta do cole! Comezamos plantando as hortalizas favoritas do coello protagonista do conto "Sopa verde" porque "só lle gusta o verde!" Ou eso di el...

DÍA DA TERRA

As nenas e nenos de 5 anos B plantaron unha pereira para conmemorar o "Día da Terra".

SEMANA DO LIBRO EN INFANTIL

NA SEMANA DO LIBRO RECIBIMOS NAS AULAS DE INFANTIL, A VISITA DE ANA LÓPEZ QUINTELA, AUTORA E ILUSTRADORA DE "NA BUSCA DE ANTÓN"

puedes escribir un subtítulo

DESPOIS DA CONVERSA SOBRE O FUTURO E AS DECISIÓN DE ANTÓN, DEBUXARON AO PROTAGONISTA E EMPREGARON A TÉCNICA DO COLLAGE. PEGARON ANAQUIÑOS DE PAPEL DE XORNAL COMO FAI A NA LÓPEZ QUINTELA NO ÁLBUM ILUSTRADO.

""

O QUEIXO

+info

2ºB

Recollida de lixo no refuxio

O mércores 28, os rapaces e rapazas de 6ºA fixeron unha moi boa labor. Foron andando ata O Refuxio e alí, recolleron moito lixo: vidro, papel e sobre todo plástico. Foron recollendo pouco a pouco, encheron cinco bolsas. Finalmente quedaron moi satisfeitos polo seu gran traballo polo planeta.

LIBROS E NATUREZA

O 23 de abril, festexamos o Día do libro. Para iso organizouse unha actividade que consistía en ler uns fragmentos de libros e contestar unhas preguntas. Ao rematar, cada grupo foi a biblioteca, onde lles esperaban moitos agasallos.

Consectetuer adipiscing elit II

ESCRIBE UNHA CARTA HEINRICH S. VON ZUG

Participamos no concurso que organiza o Concello de Oroso, para promocionar o Camiño Inglés "Escribe unha carta a..." . Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela en 1531 e ao que lle escribimos a carta, foi o cabaleiro suízo Heinrich S. von Zug. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lola Fernández Lojo de 6º A e o 2º premio recaeu en Martín Otero Barriuso de 6º C.

Lorem ipsum dor

CORRE CORRE Á HORTA

6º NA HORTA

2º PLANTA ALLOS

O alumnado de 5 anos estuvo traballando o conto Corre Corre Cabaciña. Cando remataron de lelo foron a horta a plantar as cabazas e cabaciñas das que falaba o conto.

Os nenos e nenas de 6º foron a preparar o horto: traballaron a terra, sacaron pedras, puxeron malla antiherbas e pecharon algunhas parcelas con vimbios.

Precisábamos transplantar os allos e aproveitamos que facía un día estupendo para facelo.

Adiviña que é.

Adiviña quen é: É unha muller escritora, poeta e tradutora. Naceu en Lugo. Ten un fillo que se chama Dario. Este ano dedícanselle as Letras Galegas. Xa o adiviñaches?

Exacto! É Xela Arias, a mesma a que se lle adican as Letras Galegas neste 2021.

Videoclip no cole

No colexio estamos facendo un videoclip entre todas as clases para o Día das Letras Galegas. A cada clase tocáballe interpretar con xestos unha estrofa da canción "O meu mundo é " de Brinca Vai.