Full screen

Share

Show pages

no CEIP PLURILINGÜE DE OUTES
Resultado da enquisa sobre os
hábitos de vida saudable
Empezar

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

PRESENTACIÓN VIDA SALUDABLE

ivancoira78

Created on March 20, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

no CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

Resultado da enquisa sobre os

Empezar

hábitos de vida saudable

Neste geniallly analízanse os resultados da enquisa feita polos alumnos de 3º sobre os nosos hábitos de vida. Na enquisa participaron coas súas respostas 167 alumnos do CEIP Plurilingüe de Outes con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.As fontes de información utilizadas neste Genially foron: -O Sitio Web do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social (https://www.mcbs.gob.es). - Páxina web da Organización Mundial da Saúde (https://www.who.int/es).

Enquisa sobre os hábitos de vida saudable

Casi todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes, que contestamos á enquisa, facemos as cinco comidas diarias que se recomendan. Só unha pequena porcentaxe do alumnado non fai a merenda de media mañá, que non sería problema sempre que fixeramos un bo almorzo.

+ info

CENA

MERENDA

XANTAR

TACO

ALMORZO

A norma xeral é comer cinco veces ao día. Pero, non debemos olvidar que o número de veces que comemos ao día non é tan importante como que o que comamos sexa unha dieta equilibrada, con un aporte continuo de proteína e un aporte completo de vitaminas e minerais, así como que conte co aporte de graxas e hidratos de carbono en función do noso gasto enerxético.

Comidas ao día

No almorzo, temos unha variedade de respostas. O almorzo debe cubrir polo menos un 25% das necesidades nutritivas da xornada, e por iso na etapa escolar na que nos encontramos debería incluir: - Un lácteo. - Alimentos do grupo dos cereais como pan, galletas, cereais (preferiblemente sen azucar) ... - Algo de froita ou zumo natural.Nos nosos almorzos están incluidos estes alimentos, pero vemos que hai alumnos/as que deberían completar o seu almorzo e reducir o consumo de bolería industrial.

O almorzo é considerado unha das comidas máis importantes do día, debido a que os alimentos que se inxiren son os primeiros despois dun longo período de tempo sen comer nada, derivado das horas nas que se está durmido; o almorzo ademáis precede ás horas do día nas que se leva maior actividade e polo tanto, maior gasto de enerxía.

Almorzo

A merenda de media mañá ou taco, é un complemento enerxético, que pode ser suficiente cunha froita ou pequeno bocadillo. Neste caso non o estamos a facer tan mal dende o cole.

A merenda de media mañana é un complemento enerxético. Non será necesario se xa almorzamos ben. Por iso pode ser suficiente cuhna peza de froita ou un pequeno bocadillo. Non son recomendables a bolería industrial, xa que a maioría conteñen graxas saturadas que contribuen a aumentar o colesterol en sangue e azucres que poden contribuir ao desenvolvemento de enfermidades como a obesidade e diabete.

Taco

A merenda serve para equilibrar o aporte enerxético do día e non debe ser moi abundante, por iso pode consistir en: - Unha peza de froita ou zumo natural. - Un iogur ou leite. - Un bocadillo. A maioría é o que tomamos nas nosas merendas como se pode observar no gráfico. Poderíamos mellorar nas nosas respostas, as chucherías ou os que non merendan nada. As chucherías adoitan conter moito azucre e graxas e poucos nutrientes esenciais como ferro, calcio, vitaminas... É dicir, que engordan pero non alimentan.

Serve para equilibrar o aporte enerxético do día, pero non é necesario que sexa moi abundante. Ao igual que no taco, pode consistir nuhna peza de froita ou un zumo natural, leite ou iogur, ou un bocadillo. Ademáis, asi non restará apetito para a hora da cea. O consumo frecuente ou abundante de galletas, bolería, doces, xeados e chucherías pode conducir ao sobrepeso ou a á obesidade.

Merenda

As verduras e hortalizas son alimentos indispensables nas nosas dietas xa que, aportan: vitaminas, minerais, fibras e augas. Por iso deben estar a diario na nosa alimentación.As nosas respostas indican que non o estamos a facer tan mal, aínda que algúns deberían incluir maís verduras e hortalizas nas súas comidas.

  • As verduras e hortalizas xunto coas froitas, deben estar incluidas na nosa dieta diaria. Estaría moi ben tomar 5 racións diarias destes grupos de alimentos, xa que son unha fonte de:
    • Vitaminas e minerais, necesarios na época de crecemento.
    • Conteñen antioxidantes naturais, que axudan a previr certas enfermidades.
    • Son ricas en fibra, polo que axudan a regular a función intestinal.
    • Apenas conteñen graxas.
    • Polo seu contido en auga, axudan o equilibrio de líquidos no corpo.

Consumo de verduras e hortalizas

As froitas apórtannos nutrientes similares aos das verduras e hortalizas, pero cun sabor máis doce. Os nenos debemos de tomar entre 2 e 3 pezas de froita ao día.As nosas respostas indican que nos gustan unha gran cantidade de froitas. Só que algúns alumnos aínda teñen que tomar máis froita polo que se ve no gráfico da "frecuencia de consumo" e nos nosos recreos.

  • Os expertos en nutrición recomendan un consumo de 5 ou máis racións de froitas, verduras e hortalizas ao día de forma regular. Estas recomendacións están baseadas en estudos que sinalan unha asociación entre elevadas inxestas de froitas, verduras e hortalizas e unha menor incidencia e mortalidade por diferentes enfermidades crónicas. A protección contra enfermidades dexenerativas, como o cancro e as enfermidades cardiovasculares, está relacionada coa súa actividade antioxidante, á estimulación do sistema inmune, á mellora no metabolismo do colesterol, a disminución da tensión arterial e á actividade antiviral e antimicrobiana.

Consumo de froitas

Nas nosas repostas vemos que nos gustan máis a carne que o peixe, que aportan proteinas de igual calidade que as das carnes pero a súa graxa e máis saudable para o noso organismo. Tamén nos gustan as carnes brancas máis saudables. Polo tanto, debemos mellorar no consumo de peixe.

  • As carnes e peixes son unha boa fonte de proteinas e ademais aportan ferro, que é un mineral moi importante no crecemento infantil. É preferible o consumo de peixe que o de carne, xa que as súas graxas son máis saudables.
  • As carnes roxas (porco, tenreira) deben consumirse en menor cantidade que as carnes brancas (polo, pavo) e convén elixir as partes magras. Nas aves debe eliminarse a pel porque debaixo dela é donde se acumula a graxa.

Consumo de carne e peixe

As proteinas vexetais das legumes melloran a súa calidade cando se comen asociadas a cereais (arroz, pan), xa que conteñen aminoacidos que se complementan conseguindo así proteinas de alto valor nutricional. Durante a infancia e adolescencia, debemos incluir as legumes 2 ou 3 veces por semana na nosa dieta. No gráfico das nosas respostas, vese que só unha porcetaxe baixa de nós (16%) debería incluir máis legumes na súa alimentación.

  • As legumes son alimentos moi completos xa que nos aportan hidratos de carbono, vitaminas, minerais, fibras e certa cantidade de proteinas.
  • As pastas son ricas en hidratos de carbono e xunto co pan, arroz e as patacas son a principal fonte de enerxía.
  • Estos alimentos deben constituir a base da nosa alimentación e proporcionar polo menos a metade da enerxía que necesitamos.

Consumo de pasta e legumes

Para evitar enfermidades como a carie, mal alento, dano nas encías... e moi importante lavar os dentes despois de cada comida e sobre todo antes de irse a dormir. O 40% dos alumnos do cole debemos recordar lavar os dentes o erguernos. E os que non os lavan nunca deben empezar a facelo pola súa saúde. Expertos en dermatoloxía recomendan unha ducha diaria ou unha cada dous días. Por suposto que debemos ducharnos despois de facer actividade física para eliminar a suor, bacterias e suciedade. Coidamos bastante ben a nosa hixiene corporal como se pode ver nos gráficos das nosas respostas.

Os pediatras recomendan unhas determinadas horas de sono de calidade para rendir no noso día a día. Así, en función da nosa idade as horas de sono recomendadas serían:-De 4 a 5 anos: durmir de 10 a 13 horas pola noite. - De 6 a 8 anos: necesitamos de 11 a 12 horas de sono. - De 9 a 12 anos: necesitamos unhas 10 horas de sono. Según as nosas respotas, só o 44% durmimos máis de 9 horas, polo que deberíamos irnos antes para a cama e durmir as horas que nos corresponden para rendir logo en condicións.

horas de sono

Está demostrado que os nenos e nenas que non teñen uns bos hábitos de sono e non dumen adecuadamente, teñen un peor rendimiento escolar e incluso un desenvolvemento da linguaxe máis lento.

ducha

Debemos ducharnos diariamente para eliminar a suor, bacterias e a suciedade. É importante que utilicemos productos axeitados a nosa pel.

lavar os dentes

Debemos lavar os dentes despois de cada comida e sobre todo antes de irnos a durmir. O tempo mínimo recomendado para o cepillado dos dentes é de 2 minutos.

Hixiene persoal

O tempo de exposición ás pantallas en nenos de 5 a 12 anos non debe superar os 60-90 minutos diarios. Neste caso un alto porcentaxe do alumnado pasa moito tempo diante das pantallas. Para analizar os efectos prexudiciais que nos poden ocasionar as pantallas, puxémonos en contacto co alumnado de 5ºB que traballaron no noso proxecto de centro "A adición ás pantallas", e nos contaron que a larga exposición ás pantallas pode ocasionar:- Epilepsia (convulsión nas que se bota espuma pola boca). - Adición ás pantallas considerada como enfermidade mental. - Aillamento social

As novas tecnoloxías poden ter repercusións importantes na saúde dos nenos e nenas, dando lugar á aparición de problemas na saúde denominadas ciberpatoloxías. Entre esas repercusións pode darse a situación de xerar “adicións e a situacións nas que se fala de nenos e nenas “enganchados” ás pantallas de televisión, videoxogos, internet e móbiles. Por iso, resulta moi importante dende idades temperás, facilitar instruccións aos usuarios para orientar no uso adecuado destes medios.

A televisión nos paises industrializados como España, é un dos principais medios de comunicación social e polo tanto a súa capacidade de influencia sobre os nenos e nenas está fóra de toda duda. Os efectos da televisión en nenos e nenas:-Positivos: pode xogar un papel educativo, constituir unha actividade familiar común... -Negativos: retraso no desarrollo da linguaxe, violencia como modelo, comida basura, reduce os niveles de actividade física, disminución a interacción familiar...

USO DE PANTALLAS

Estaría ben dedicar un tempo diario ou a maioria dos días da semana, a facer unha actividade física que permita mellorar a nosa saúde ósea, a forza muscular e a flexibilidade. Só un 15% dos nenos e nenas do cole temos que facer algo de actividade física fóra do cole. Un 55% dos alumnos poderíamos dedicar algo mais de tempo á semana a actividade física e mellorar así a nosa sáude en xeral.

Debemos evitar a vida sedentaria que provoca o pasar por exemplo horas diante da televisión, xogando a videoxogos ou vendo vídeos en internet, datos que se reflexan nas nosas resposta. Na nosa análise, descubrimos que algún de nós pasa máis de dúas horas diante das pantallas moitos días pola semana, pero que ese número de horas aumenta na fin de semana. Os nosos compañeiros de 5º comentáronnos que iso pode provocar aillamento social (que perdamos a relación co noso entorno cercano: amigos e familia). Por iso é importante que pasemos tempo paseando e xogando o aire libre cos amigos e familia, desta forma tamén melloramos a nosa actividade física e a nosa saúde en xeral. Máis da metade do alumnado do cole recoñece que a súa postura corporal é mellorable, e iso pode acarrear futuros problemas de saúde para os nosos ósos.

A inactividade física contribue de forma importante á carga global de enfermidade, morte, prevalencia de enfermidades crónicas e nos seus factores de risco. Pola contra, a actividade física practicada con regularidade reduce o risco de padecer enfermidades de corazón, accidentes cerebrovasculares, diabete, hipertensión, cáncros e depresión, sendo un factor determinante no control do peso.

ACTIVIDADE FÍSICA

O obxectivo das revisións médicas é a prevención e detección de enfermidades ou problemas que poidamos ter. Nestas revesións foméntanse os hábitos saudables, favorecer un adecuado ambiente familiar e social, previr a aparición de enfermidades infecciosas mediante a vacunación, e detectar de forma precoz anomalías conxénitas e de risco para a nosa saúde. Para a nosa idade non o estamos a facer nada mal. Só o 1% de nós, que contestou que non fan nunca revisións médicas, debería mellorar esta situación.

  • Xa dende que nacemos os nosos pais teñen unha libreta na que leván un control e seguimento da nosa saúde durante os nosos primeiros anos de vida ata a adolescencia. Dende o día en que nacemos debemos acudir periódicamente a noso centro de atención primaria ás idades que corresponda ás revisións da nosa saúde. Durante os primeiros dous anos as visitas son regularmente cada dous ou tres meses. A partir de esa idade, só serán cada ano ou cada dous e cando nos atopemos mal. Algunhas revisión coinciden ademais coa aplicación de vacinas .

Revisión médica

Moitas grazas polas vosas respostas!

Next page

genially options