Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ELAS

PIENSOSIENTOSOY

Created on March 8, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Map

Akihabara Map

Frayer Model

Create Your Story in Spanish

Microcourse: Key Skills for University

Microcourse: Learn Spanish

Choice Board Flipcards

Transcript

Escolle unha proposta de cada columna

EL A S

IMAXINA A TÚA VIDA... SEN ELAS!

A TÚA PROPOSTA

PELEXA DE GALOS?

MUSIQUIÑA PARA OS OUVIDOS

Mulleres!

Habelas, hainas

Influencers E TRANS

NON TE PASES DA ROSCA ;)

habelas, hainas!

Propoñémosvos un RETO: completar un rosco en tan so 10 minutos. Para poder resolvelo, primeiro ides ter uns datos xerais e algúns datos máis concretos. imos alá!

As mulleres de ciencia foron, na maioría dos casos, mulleres invisibles, condenadas ao esquecemento. E é que a presencia femenina foi posta en tela de xuízo, denostada e negada desde o principio dos tiempos. Hoxe en día, o número de mulleres na universidade supera ao de homes pero a distribución é bastante desigual nas distintas disciplinas. É moi importante destacar o papel da muller na historia da ciencia e constatar que a presencia das mujeres nos ámbitos científicos xa non é unha rareza, pese a que continúa sen alcanzar as posicións directivas e de poder dos seus colegas masculinos. Para non esquencelas nin pasarnos de rosca coa igualdade, este rosco!

HIPATÍA DE ALEXANDRÍANada en Alexandría (hoxe Egipto) a finais do século IV, é considerada por moitos a primeira muller científica da historia: desenvolveu múltiples experimentos e foi autora de varios tratados de matemáticas e astronomía, ningún dos cales foi conservado. Hipatía estivo moi influenciada no mundo intelectual polo seu pai Teón, filósofo e matemático grego que foi o último director do Museo de Alexandría.Morreu a unha avanzada idade salvaxemente asasinada por cristiáns, presumiblemente a causa da súa vinculación ao paganismo que convulsionaba a sociedade.

ROSALIND FRANKLIN (1920-1958) Franklin estudou química na Universidade de Cambridge, traballou nun laboratorio químico en París, e en 1951 empezó a traballar para a universidade Kings College de Londres xa como experta en cristalografía de raios X. Empezou a experimentar coa difracción de raios X para estudar a molécula de ADN e ao pouco tempo creou a icónica "Foto 51" xunto a Raymond Gosling, un estudiante de doctorado que colaboraba co seu departamento. Esta foto foi clave para demostrar por primera vez a estructura de doble hélice do ADN, vital para a comprensión da vida. A científica, que morreu de cáncer de ovario en 1958 cando tiña 37 anos, nunca foi recoñecida co premio Nobel que os seus coetáneos si recibieron, catro anos despois da súa morte. Sen ese coñecemento, non poderiamos estudar e identificar o componente conxénito de moitas enfermidades, como as neurolóxicas ou o cancro.

MARIE CURIE (1867-1934) Marie Curie naceu en Varsovia (Polonia) o 7 de novembro de 1867 e morreu en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934. Foi unhas das mulleres científicas pioneras no estudio da radiación. As súas investigacións neste campo leváronlle a descubrir dous elementos: o radio e o polonio. Destaca por ser a primeira muller en recibir un Premio Nobel, en concreto de Física, en 1903. Oito anos máis tarde, en 1911, recibiu o segundo Premio Nobel, esta vez de Química, convertíndose na primera persoa en recibir dous Premios Nobel en categorías distintas. Foi a primeira catedrática da Universidade da Sorbona de París.

Ada Lovelace (1815-1852) Naceu na Inglaterra victoriana de 1815. Única filla lexítima do poeta romántico máis famoso da literatura inglesa, Lord Byron. Convertiuse na primeira programadora da historia, creou o que hoxe sería unha linguaxe informática de programación. Nunca asinou o proxecto para que non fora censurado pola súa condición de muller. O Departamento de Defensa estadounidense deu o seu nome, ADA, a unha das súa linguaxes de programación.

Hedy Lamarr (Viena 1914- Orlando 2000) A primera actriz que saiu espida na gran pantalla, apodada como ‘a mujer máis bela do mundo’ non era so fachada. A beleza estaba no interior...da súa cabeza. Hedy estudou enxeñaría antes de debutar en Hollywood. Da súa mente naceu o espectro ensanchado para o salto de frecuencia que é a base do WiFi, Bluetooth e outras tecnoloxías como o GPS. Utilizado para o envío de datos (sen ser detectados polo enemigo) sobre o manexo e lanzamento dos torpedos dos submarinos aliados na Segunda Guerra Mundial. Lamarr desenvolveu outros inventos como unha versión mellorada dos semáforos e unha pastilla para crear unha bebida gaseosa.

habelas, hainas! rosco para non pasarse da rosca!

Agora é tempo de concursar, podedes facelo de forma individual ou en grupo. Pinchade na imaxe. e lembrade non pasarvos de rosca! Tendes tan só 10 minutos.

Pelexa de galos.Galos ou galiñas? Cacarexa nas paredes. Igualdade, respecto para ti e para ela

Esta semana escribiremos nas paredes do centro un rap, será escrito con grafías diferentes, por persoas diferentes. Gustaríanos que continuarades o rap ou incluso escribirades novas letras, novos raps noutras paredes. Podedes facelo de forma individual ou de forma grupal. Tamén podedes animarvos e grabalos, logo podemos visualizalos na pantalla grande da entrada

musiquiña para os ouvidos

Descubre cantas mulleres hai no rueiro da túa localidade

Quenes son as mulleres que aparecen no video?

imaxina a túa vida sen elas

influencers trans

influencers trans

influencers trans

influencers trans

influencers trans