Full screen

Share

Show pages

Un traballo elaborado polo alumnado de 5º do CEIP Plurilingüe de Outes

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MULLERES NOS VIDEOXOGOS

Claudia M

Created on March 5, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Un traballo elaborado polo alumnado de 5º do CEIP Plurilingüe de Outes

a representación da muller nos videoxogos

APRENDIZAXE

Presentación

Elaboración

Deseño

Reflexión

Investigación

en que consistiu o noso traballo?

Partimos da nosa liña de traballo no Proxecto de Centro, con contidos que xa traballaramos para o Día da muller na ciencia. Recordamos o que aprendimos sobre a programadora Carol Shaw e sobre o papel da muller no videoxogo.

PUNTO DE PARTIDA

Gisela Vaquero Fonte: Canle Youtube "FadJuventud"

Aprendimos como identificar unha mala representación da muller nun videoxogo

Descubrimos a regra das "4 s" pola que se soen representar ás mulleres nos videoxogos:

Secundarias: non adoitan ser as protagonistas nin se profundiza nas súas historias e conflitos. Salvadas: só aparecen para ser salvadas por outro personaxe masculino. Sumisas: non teñen poder de decisión no videoxogo, aproban todas as eleccións dos homes sen cuestionalos. Sexualizadas: son representadas esaxerando os seus atributos físicos por encima das demais cualidades que poida ter a personaxe feminina.

Fonte: Canle Youtube "Blissy" - Capítulo 10

Pincha na imaxe para visualizar o vídeo que empregamos

profundizamos un pouco máis e escoitamos as opinións de varias mulleres do mundo dos videoxogos coa visualización dun documental

Construtora "Fortnite"

Max e Chloe "Life is strange"

Tracer "Overwatch"

Aloy "Horizon Zero Dawn"

Chloe e Nadine "Uncharted"

Abby e Ellie "The last of us"

Coñecimos exemplos positivos de representacións de mulleres en videoxogos

Todo isto fíxonos reflexionar e ata compartimos experiencias na clase, xa que a moitos/as de nós nos gusta xogar a videoxogos.

Para iso aproveitamos para traballar un novo tipo de texto: a descrición.

Tiñamos claro que todos/as rexeitábamos a "regra das 4 s", pero non só bastaba con iso. Íamos deseñar nós as nosas protagonistas de videoxogos.

...e moi importante, vimos exemplos para poder tomar despois como referencia.

Comezamos traballando as características da descrición, os adxectivos, as estruturas que se debían seguir...

Aquí comezou un duro traballo de varias fases: anotación das primeiras ideas, primeira escritura como borrador e escritura final.

Este proceso tamén nos levou moito traballo: Buscamos exemplos e referentes na rede, fixemos un deseño cun borrador e unha primeira versión e despois fixemos a versión final xunto coa descrición.

Algúns decidimos facer tamén un deseño gráfico das nosas protagonistas, que apoiasen a descrición escrita.

Unha vez que rematamos a versión definitiva das nosas propostas colaboramos entre todos/as para preparar a exposición delas

De todos xeitos deixamos a continuación todas elas!

A partir de aquí convidámosvos a visitar a nosa exposición, para ver todas as nosas propostas de protagonistas!

A nosa exposición ven encabezada de un cartel informativo, que resume aqueles puntos máis importantes do que aprendimos, dándolle sentido ás nosas descricións.

A continuación ensinámosche os nosos produtos finais!

Doa Blanco Villar 5ºB

Aitor González Vázquez 5ºA

Luis Lago Martínez 5ºB

Manuel Ponte Romero 5ºA

Anxo Lourido González 5ºB

Noa Rodríguez Martínez 5ºA

Pablo Gandarela Molinos 5ºB

Cayetano Mallo Arcos 5ºA

Jairo García Trillo 5ºB

Sara Varela Gándara 5ºA

Antía Vázquez Rodríguez 5ºB

Laura Lires Del Río 5ºA

David Rodríguez Nieto 5ºB

Samuel Vieites Almallo 5ºA

Gonzalo Morales García 5ºB

Lara Blanco Agrelo 5ºA

Irene Torea Brión 5ºB

Lucas dos Santos Sousa 5ºA

Valeria Martí Caamaño 5ºB

Javier Amoedo Martelo 5ºA

Adela Romero Blanco 5ºB

Breogán Piñeiro Muelas 5ºA

Hugo Antelo Rama 5ºB

Carmen Torea Suárez 5ºA

Pablo Rodríguez Di Caprio 5ºB

Giovanna Calvo Silva 5ºA

Xoel Dosil Castro 5ºB

Sara Caamaño Caamaño 5ºA

Mateo Andújar Tomé 5ºB

Marta Sieira Rama 5ºA

Juan Romarís Cambeiro 5ºB

Xiana Rey García 5ºA

Ainara Pazos Cuesta 5ºB

Daniel Isorna Mayo 5ºA

esperamos que vos gustaragrazas!

Next page

genially options