Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
PRESENTACIÓN MUJERES
Cris Zarauza
Created on March 5, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Memories Presentation
View
Zen Presentation
Transcript
CEIP MESTRE VALVERDE MAYOequipo de convivencia 2021
O BICO DA PRINCESA
DÍA DA MULLER 08/03/2021
DÍA DA MULLER 08/03/2021
Adaptación do conto de Fernando Almena, "El beso de la princesa".Ilustración: ALUMNADO DO CEIP MESTRE VALVERDE MAYO
3 anos
5 anos B
4 anos
5 anos A
1º A
2 º B
1º B
2º A
3º
5 º A
4º
6º
5º B
Nun país moi , moi lonxano, había un bosque tan grande coma tres veces grande. No medio do bosque, había unha lagoa verde. Verde porque no seu fondo vivían numerosas plantas verdes. Na primavera as plantas cubrían toda a lagoa con miles de flores de todas as cores.
A lagoa chamábase SAPOLANDIA, porque era o país dos sapos. Entre as pedras da beira da lagoa atopábase o palacio do rei de SAPOLANDIA.
SAPONCIO reinaba o seu país xunto coa raíña SAPONCIA, tenra e doce coma as natillas.Tiñan unha filla : A famosa princesa SAPIÑA
A SAPIÑA encantáballe xogar saltando de pedra en pedra, investigar novos lugares e viaxar cada vez máis lonxe da lagoa.
A raíña SAPONCIA dáballe todos os caprichos a SAPIÑA, pero aínda así non a vía feliz...Dime miña SAPIÑA, que queres de agasallo...? MAMI, EU QUERO UNHA MOTO
"Ao rei SAPONCIO cada vez que escoitaba aquilo dáballe un mal...UNHA MOTO!!!!!Onde se viu unha princesiña tenra e doce coma as natillas nunha moto? Berraba anoxado o rei...Se aínda foses un sapo...
O día que SAPIÑA cumpriu a maioría de idade o seu pai díxolle: PARABÉNS SAPIÑA!! Pídenos o agasallo que queiras e o terás!!!
SAPIÑA pediu ...UNHA MOTO!!! O rei pegou un puñetazo na mesa moi forte e dixo: Iso nuncaaa!!! BERRABA... NUNCAAAAA, non deixarei que a miña filla conduza UHNA MOTO...Se foses un sapo, aínda... A raíña SAPONCIA, choraba desconsolada... A miña princesiña nunha moto,,,,nonnnn pode ser!!!
Entón, o rei SAPONCIO dixo moi serio:Mellor será que busquemos un príncipe e que cases xa dunha vez....
-Non existe no bosque ningún sapo que sexa príncipe, meu pai. Ademais cando case será porque eu quero e co sapo que me guste....dixo decidida SAPIÑA.
Os reis , moi preocupados consultaron a SAPIENTE, o sabio da lagoa.-É certo maxestades, so hai un príncipe sapo pero convertido en humano por mor dun feitizo dunha malvada bruxa.
-Se a princesa lle da un bico a ese príncipe humano convertirase no príncipe sapo máis fermoso do mundo!!!-MARAVILLOSO DIXO O REI!!! -MARAVILLOSO, DIXO A RAÍÑA!!!
Os reis de SAPOLANDIA mandaron poñer anuncios na prensa, na tele, nas redes sociais, por todo o mundo ..., buscando un príncipe humano que quixera bicar a SAPIÑA...
Pasaron varios meses ata que, un bo día, apareceu un fermoso príncipe amante dos animais que estaba disposto a bicar a SAPIÑA.
Os reis prepararon entón a ceremonia máis fermosa de todo o bosqueO acto celebraríase xunto á lagoa con miles de bandeiras ondeando en palacio e cunha alfombra de flores de todas as cores, que chegaba dende a lagoa ata a porta do palacio!!!
Ademáis dos reis, con todo o seu séquito e o seus súbditos, acudiron á boda as televisións e a prensa así como miles de curiosos, xa que había moito interese no mundo enteiro por aquela ceremonia .
O príncipe apareceu nun fermoso cabalo branco e cando estivo diante de SAPIÑA, baixouse, agachouse e bicou á SAPIÑA, que case choraba da tristura que tiña por ter que casar cun descoñecido...
De súpeto, produciuse un enorme silencio e unha inmensa fumareda cubriu toda a lagoa....Escoitouse un OHHHHH!!!!!!....de todos os asistentes.Aquel príncipe encantado rompera o feitizo.
SAPIÑA pechou os ollos con moita forza desexando poder escapar daquel pesadelo e non ter que casar con aquel sapo que non amaba...SAPIÑA abriu, pouco a pouco, os ollos e quedou sen respiración...
Aos reis SAPONCIO E SAPONCIA deulles un soponcio do susto.SAPIÑA GRITOU....MIÑA MOTO!!!!Saltou enriba dela, pisou o acelerador e marchou a fume de carozo . DIN QUE AÍNDA PERCORRE O MUNDO ENTEIRO VIAXANDO...
UNHA MOTO!!!
PARA TODAS AS MULLERES LIBRES DO MUNDO!
GRACIÑAS