Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MÚSICA E CINE (Educación primaria)

alcovelosoto

Created on March 1, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

BANDASSONORAS

Música e cine... Misión posible!

índice

Coñece un pouco máis a importancia da música no cinema.

Adiviña a BSO

Máis recursos

Qué son as BSO

Tocamos "Misión posible"

"Misión Imposible"

As súas funcións

Compositor@s

Tipos de sons

Kahoot das BSO

"Para min, o cinema e a música van da man. Cando estou a escribir un guion, unha das primeiras cousas que fago é buscar a música que vou poñer na secuencia de apertura" Quentin Tarantino

Qué son as bandas sonoras

Desde a invención do cinematógrafo polos irmáns Lumière en 1895, o cinema utilizou a música para o desenvolvemento da acción. Nos primeiros anos, o cinema mudo acompañábase cun pianista ou unha pequena orquestra e coa xeneralización do cinema sonoro (a partir de 1930) as grandes produtoras cinematográficas empezaron a contratar compositores para que escribisen bandas sonoras específicas para as súas películas... algunhas se fixeron máis famosas que as películas ás que acompañaban. A música cinematográfica reforza o significado das ideas e establece un vínculo narrativo continuo no discurso dando máis credibilidade á acción.

Info

TIPOS DE SONS CINEMATOGRÁFICOS:

A parte sonora ten tres tipos de sons: - Efectos sonoros: Son todos aqueles ruídos que deben escoitarse para dar credibilidade á imaxe (unha porta que se pecha, pasos ao camiñar, unha billa que gotea, unha rúa con tráfico, a choiva…). - Música de ambientación: É o verdadeiro traballo do compositor e serve para ambientar a escena. Divídese en dous tipos: * Diexética: Cando a música forma parte dos efectos sonoros, está xustificada dentro do argumento da película (como a música da radio...), é unha música previa á gravación da escena, adoitan utilizarse músicas prestadas ou máis ou menos coñecidas. * Extradiexética: É a música que soa nunha película e non está xustificada no argumento nin a poden escoitar os personaxes, é só música de fondo. Non aparece en pantalla ningunha fonte de son e, por iso, o compositor ten liberdade para crear a música que queira. - Diálogos ( locución): Pódense gravar nun estudo ou mediante a toma de son directo.

FUNCIÓNS DA MÚSICA NO CINEMA

- Axuda a crear a atmosfera: os compositores adaptan a música á época e ao contexto da película. - Inflúe na emoción do espectador creando un efecto psicolóxico determinado: tensión, alegría, tristeza... para achegar a emoción dos personaxes ao espectador. - Sostén a estrutura da narración, dando un sentido de continuidade á película. A música serve tamén de fondo neutro para encher as pasaxes baleiras e unificar a montaxe das distintas escenas. O tema principal da banda sonora escríbese sempre despois de terminada a película. Desta forma, o compositor, xunto co director e os distintos técnicos, poden decidir, vendo a película, cando se necesitará e onde.

Info

XOGO!

Es quen de adiviñar a película escoitando a súa banda sonora? Atención! Son algunhas das máis famosas.

Info

Info

famosos compositor@s de bandas sonoras

"MISIÓN IMPOSIBLE"

"Misión Imposible" é unha serie de películas de acción estadounidense baseada na serie televisiva do mesmo nome. A serie é producida e protagonizada por Tom Cruise como Ethan Hunt, un axente da ficticia Forza de Misións Imposibles ( IMF). Ethan Hunt é un superespía capaz de levar a cabo a misión máis perigosa coa máxima eficacia e elegancia. Forma parte dun competente equipo dirixido polo axente Jim Phelps, que volveu a reunir aos seus homes para participar nunha dificilísima misión. A serie é unha das franquías máis exitosas en termos de recadación financeira en despacho de billetes con 3570 millóns de dólares. No momento da súa estrea (1996), o seu director Brian De Palma fixo moi ben elixindo a Danny Elfman como o encargado de reinterpretar a música da serie orixinal de finais dos anos 60 composta por Lalo Schifrin. Agora, 22 anos despois desde que a primeira das seis películas de "Misión Imposible" (seis ata o momento) conta cunha das bandas sonoras máis pegadizas da historia.

Info

imos tocar xunt@s unha bso!

Voz 1 e 2

Voz 4

Voz 3

  • Voz 1: Contrabaixo 1
  • Voz 2: Contrabaixo 2
  • Voz 3: Carillón/ Frauta
  • Voz 4: Boomwhackers/
    • Barras resonadoras

Practica co audio (click aquí)

Practica co audio (click aquí)

Ino

máis recursos

Aprende máis sobre as bandas sonoras con esta selección de recursos da rede

Vídeo con preguntas da histoira da música no cine

Sopa de letras de compsitores de BSO

Crea a túa BSO!

Genially de Disney e as súas famosas bandas sonoras.

Libro dixital con máis información de "músia e cine"

COMPROBAMOS O APRENDIDO: XOGÁCHEDES ALGUNHA VEZ AO KAHOOT?

https://create.kahoot.it/share/cuestionario-das-bandas-sonoras/5499af18-f541-49a7-884f-d7e377838dd6

THE END