Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

VERTEBRADOS: OS MAMÍFEROS

paularibadulla

Created on February 22, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Geniaflix Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Memories Presentation

Zen Presentation

Transcript

Animais vertebrados

OS MAMÍFEROS

1. O CORPO DOS MAMÍFEROS

  • A maioría son terrestres, algúns son acuáticos e uns poucos poden voar.
  • Son animais HOMEOTERMOS, ou de sangue quente, polo que manteñen unha temperatura corporal máis ou menos constante.
  • Presentan GLÁNDULAS MAMARIAS que producen leite para alimentar as crías.

Tronco

Cabeza

Extremidades

  • A CABEZA está unida ao tronco polo pescozo, este permítelles virar a cabeza.

Orellas Algúns poden orientalas. Oído con 3 osiños.

Ollos Presentan pálpebras. Captan imaxes durante o día ou a noite, segundo o tipo e cantidade de células da retina.

Boca Ten dentes e beizos. Os dentes son distintos segundo a función e o tipo de alimentación.

Dentes

Nariz Con dous orificios nasais, atópanse na parte anterior da cabeza.

  • Os DENTES teñen distintas formas segundo a función:
  • Incisivos, cortan.
  • Caninos, desgarran.
  • Premolares, desgarran e trituran.
  • Molares, trituran.
  • Os dentes tamén varían segundo o tipo de alimentación:

- Os herbívoros teñen uns dentes incisivos moi desenvolvidos. - Os carnívoros teñen máis desenvoltos os caninos. - Os omnívoros teñen todos os dentes dun tamaño similar. - Os micrófagos poden substituir os dentes por barbas, como nas baleas, que lles permiten filtrar a agua.

DENTICIÓN DE HERBÍVOROS

DENTICIÓN DE CARNÍVOROS

DENTICIÓN DE OMNÍVOROS

Xabarín

Oso

  • Segundo a especie, posúen unllas, garras ou pezuños, todas constituídas por unha substancia chamada queratina.
  • Algúns mamíferos teñen cornos con formas moi variadas.

VÍDEO: Garras VS Uñas

  • Catro EXTREMIDADES adaptadas ao medio de locomoción pero que teñen unha estructura común:

Os mamíferos voadores teñen membranas entre os dedos das extremidades anteriores que se transformaron en ás que lles permiten voar.

Os mamíferos acuáticos transformaron as extremidades en aletas que lle facilitan o desprazamento na auga.

Os mamíferos terrestres teñen catro extremidades en forma de patas, normalmente con cinco dedos cada unha.

Extremidades nos mamíferos terrestres Moitos adaptaron as súas patas dianteiras e traseiras para poder correr ou saltar, as extremidades son longas e fortes. Nalgunhas especies as patas rematan en pezuñas (ovella, cabra, vaca, camelo, cabalo...)

Podemos identificar tamén:

  • Plantígrados (osos, seres humanos, canguros, etc), que apoian toda a planta do pe ao camiñar.
  • Dixitígrados (lobos, cans, gatos...), que só apoian os dedos.
  • Ungulados (cabras, burros,), que camiñan co extremo dos dedos.

Extremidades nos mamíferos subterráneos As extremidades anteriores cambiaron ao longo da evolución para poder cavar a terra, e construir o seu refuxio ou escapar rapidamente dos depredadores. Teñen garras moi poderosas, que lles permiten agarrarse a obxectos como ramas de árbores ou pedras. Un exemplo é a toupa.

Extremidades nos mamíferos arborícolas Posúen unhas extremidades especiais. Os chimpancés, gorilas, lémures, monos tití e outros poden colgarse das ramas e quedar bocabaixo, comer e agarrar obxectos, e ata quitar parasitos Contan co dedo pulgar opoñible ao resto dos demais dedos. Esta disposición permite agarrar obxectos con habilidade.

Extremidades nos mamíferos voadores e planeadores Modificaron as súas patas dianteiras para poder voar. Este é o caso dos morcegos e os lémures voadores (que non voan, planean). A transformación nestos casos foi a seguinte: a pel do abdome e da espalda se extendeuse e os dedos alongáronse. Así é como poden extender as súas ás e movilizarse polo aire ainda que non sexan aves.

VÍDEO: Morcegos

Extremidades nos mamíferos mariños Os delfíns, as baleas ou os manatís son algúns dos exemplos de mamíferos con extremidades convertidas en aletas. As aletas dos cetáceos permítenlles nadar e desprazarse na auga sen problemas. Pero, a diferencia das especies terrestres, os seus brazos e pernas teñen un papel menor no desprazamento: a encargada é a aleta caudal, que é a ‘cola modificada.

  • O PELO (capa de pelos: pelaxe) é unha característica exclusiva dos mamíferos.

A base do pelo, que está enterrada na pel, chámase RAÍZ, e a parte que sae ao exterior é o TALO.

Os pelos adoitan estar conectados con glándulas sebáceas que segregan unha substancia aceitosa, que lubrica o pelo e manteno acondicionado.

  • O pelo ten moitas funcións nos mamíferos.
  • Protexe a pel do sol e agresións externas.
  • Envía mensaxes sensoriais ao cerebro.
  • Proporciona aillamento contra o frío e a calor.

Nalgúns grupos os pelos transformáronse en espiñas autodefensivas (porcoespiño, ourizo).

Algúns mamíferos, como as baleas e os golfiños, perderon o pelo ao adaptarse ao medio acuático. A perda do pelo facilitoulles a natación.

  • As MAMAS atópanse no peito das femias e acollen as glándulas mamarias. O leite que segregan permite alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.

A maioría dos mamíferos teñen mamilas ou tetos nas mamas para facilitar a succión do leite.

  • O ANO só constitúe o orificio final do aparato dixestivo.

2. ALIMENTACIÓN DOS MAMÍFEROS

Carnívoros

Omnívoros

Herbívoros

Aliméntanse exclusivamente da carne de outros animais e para iso teñen que acabar coa vida da presa. Por exemplo: felinos, lobo, mapache, denociña...

Son capaces de alimentarse tanto de plantas como de animais. Por exemplo: a familia dos porcos, a maioría de primates, algúns roedores, ourizos algunhas especies de osos

Aliméntansen de vexetais. O grupo máis importante son os rumiantes, como as vacas e cabras, teñen un aparello dixestivo adaptado. Outros herbívoros son os cabalos, elefantes...

VÍDEO: Lobos salvaxes

3. A RESPIRACIÓN DOS MAMÍFEROS

  • Respiran a través dos PULMÓNS (respiración pulmonar) incluídos os mamíferos acuáticos.

O aire entra polas fosas nasais ou a boca e recorre o tubo respiratorio ata un sacos situados nos pulmóns que se chaman alveolos, aquí prodúcese o intercambio de gases.

4. O SISTEMA NERVIOSO

  • Os órganos que participan na función de relación, como o cerebro, o cerebelo ou os órganos dos sentidos, presentan un gran desenvolvemento.

Os mamíferos son capaces realizar accións complexas. O chimpancé, os golfiños, o porco, o can ou o elefante son dos animais máis intelixentes.

5. REPRODUCIÓN DOS MAMÍFEROS

  • A reprodución é SEXUAL, con FECUNDACIÓN INTERNA.
  • A gran maioría son VIVÍPAROS, as crías, antes de nacer, desenvólvense no interior do corpo da nai, nun órgano chamado útero.

O feto e a nai están comunicados a través da placenta e o cordón umbilical, polos que pasan os nutrientes e o osíxeno.

6. CLASIFICACIÓN DOS MAMÍFEROS

Placentarios Cetáceos, felinos...

Monotremas Ornitorrinco, equidna

Marsupiais Canguro, koala

VÍDEO: Grupos de mamíferos

MONOTREMAS OU PROTOTERIOS

  • Son os mamíferos máis antigos, a súa pel está cuberta por pelo.
  • Teñen un bico sen dentes.
  • Son ovíparos, poñen ovos.
  • Non teñen mamas pero si que producen leite que segregan por uns poros situados a ambos lados do abdome. Non teñen mamilas e as crías lamben o leite en vez de mamar.
  • Monotrema significa "un só orificio", porque teñen cloaca en vez de ano.

ORNITORRINCO (acuático)

EQUIDNA (terrestre)

Equidna común (Tachyglossus aculeatus)

Son uns mamíferos moi raros. A súa lingua é pegañenta e poden proxectala uns 20 cm para alimentarse de formigas e termitas. Sabías que o pene parece un brazo con catro dedos? Teñen un PENE CON CATRO CABEZAS !! 😱😱 Despois dunhas semanas, a femia po un ovo e gárdao nun marsupio temporal. Despois de sair do ovo, o pequeno queda na bolsiña un par de meses. e alí bebe leite ROSA que sae dos poros da pel!!!. .

VÍDEO: Equidna ustraliano.

Ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus)

Unha das características máis chamativas é o pico de pato, Esta mestura de toupa, pato e esquío é velenosa, os machos teñen espolóns nas súas patas traseiras que están conectados cunha glándula velenosa no muslo. Este eslabón perdido que une mamíferos, aves e réptiles é unha das cinco especies que pon ovos. Os ornitorrincos utilizan para cazar a electrolocalización, son capaces de percibir os débiles impulsos eléctricos que os animais producen ao moverse.

VÍDEO: Ornitorrinco ustraliano.

MarsupiaIs oU metaterios

Son animais vivíparos que se caracterizan por ter un desenvolvemento curto no útero materno, xa que non teñen placenta. Completan o seu desenvolvemento agarrados ás glándulas mamarias do interior da bolsa marsupial ou marsupio.

CANGURO, KOALA, WOMBAT, ZARIGÜEYA, DEMONIO DE TASMANIA

VÍDEO: Cría saindo do marsupio

VÍDEO: O koala e os seus hábitos

VÍDEO: O demo de Tasmania

VÍDEO: Monotremas, euterios e marsupiais.Australia.

Placentarios oU euterios

Son os mamíferos máis evolucionados. Son vivíparos. As crías desenvólvense no interior do útero materno durante longo tempo e son alimentadas pola placenta, que mantén o contacto coa nai. As crías aliméntanse do leite das glándulas mamarias. Existen moitas ordes de placentarios distintos: Carnívoros: can, gato, lobo, etc. Insectívoros: toupas... Quirópteros: morcegos. Roedores: ratos, furafollas, coello... Primates: monos e humanos.

MORCEGO DE COVA

OURIZO CACHO

DESMÁN

ALGÚNS PLACENTARIOS

RATA DE AUGA

LIRÓN CARETO

MAPACHE

LONTRA

XINETA

MÁISEUTERIOS

PORCO TEIXO

OSO PARDO

FOCA MONXE

MUFLÓN

CORZO

MÁISEUTERIOS

ORCA

TONIÑA

VÍDEO: Lince Iberico Doñana

RÉCORDS

O máis lento

O máis veloz

O máis pequeno

Moitos récords

O furafollas pigmeo africano mide entre 3,8 e 5 cm e pesa menos de 2 gramos, este pequeno predador come tres vecs o seu peso ao día.

O guepardo é capaz de pasar de 0 a 96 km/h en tres segundos, a súa anatomía está totalmente adaptada: columna flexible, patas longas e cola pesada para manter o equilibrio.

Se no reino animal houbes xogos olímpicos, a balea azul gañaría o ouro en moitas probas: animal máis grande do mundo (24m), maior cría, voz máis potente e o máis famento.

O perezoso desprázase a unha velocidade de entre 1,8 e 2,4 metros por minuto, é por esto que pasan case toda a vida nas árbores e dormen unhas 18 horas ao día!

RECAPITULEMOS...

ANATOMÍA

  • Endotermos (sangue quente).
  • Cabeza con pescozo.
  • Boca con beizos e dentes adaptados á súa función e tipo de alimentación.
  • Teñen orellas e oidos con tres osiños,
  • Son tetrápodos, extremidades adaptadas ao medio: patas, ás, aletas.
  • Corpo cuberto de pelo con función de proteción e regulación da temperatura.
  • Con unllas, garras ou pezuños.
  • Presentan glándulas mamarias.
  • O ano é o orificio de saída único do aparello dixestivo.

RECAPITULEMOS...

FUNCIÓNS VITAIS

CLASIFICACIÓN

  • Placentarios: o feto e a nai están comunicados a través da placenta.
  • Marsupiais: nacen sen desenvolverse de todo e acaban o proceso nunha bolsa no abdome da nai, o marsupio. Son os canguros e os koalas.
  • Monotremas: son ovíparos, poñen ovos. O seu aparato dixestivo e reprodutor acaban nun único conduto chamado cloaca. Son os ornitorrincos e os equidnas.
  • Respiración pulmonar.
  • Alimentación: carnívoros, herbívoros ou omnívoros.
  • Sistema nervioso e órganos dos sentidos complexos e evolucionados.
  • Reprodución sexual con fecundación interna.
  • A maioría son vivíparos, algunhas especies ovíparas (monotremas).

DOCUMENTAL: en el vientre materno

VÍDEO: "Curiosidades mamíferos"

REMATAMOS A UNIDADE!!!

NOOOOOOOOOOOOOOON!!!

PERO POR QUE? POR QUEEEEEEE?

VALEEE!!! AÍ VAN UNS CHISTES