Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
VERTEBRADOS: OS ANFIBIOS
paularibadulla
Created on February 22, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Tarot Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Memories Presentation
Transcript
Animais vertebrados
OS ANFIBIOS
1. O CORPO DOS ANFIBIOS
- Son os primeiros vertebrados que se adaptaron ao medio terrestre, pasan as primeiras etapas da súa vida na auga e cando son adultos viven xa en zonas terrestres, pero sempre en lugares húmidos.
- Os anfibios son ECTOTERMOS: a súa temperatura depende do medio.
- A CABEZA está unida directamente ao tronco, non teñen pescozo e non poden virar a cabeza.
Dentes
Ollos Presentan pálpebras que poden abrirse e pecharse.
Boca Ten uns dentes pequenos e unha lingua longa e pegañenta que lles permite cazar insectos e outros tipos de invertebrados para alimentarse.
Orificios auditivos Non teñen orellas visibles, senón uns orificios protexidos por unha membrana chamada tímpano.
Tímpano
Pálpebras
- A PEL é húmida e fina. Teñen glándulas mucosas e a veces teñen glándulas que producen veleno.
Glándulas mucosas Humedecen, axudan á excreción de refugallos e enfrían a pel.
Cromatóforos: Células que lle dan cor
Glándulas velenosas Producen secrecións tóxicas contra os depredadores.
- Os anfibios adultos teñen catro EXTREMIDADES que lles permiten desprazarse polo medio terrestre.
A membrana interdixital actúa como un remo que lles permite nadar. Fóra da auga axúdalles a saltar.
2 patas dianteiras
2 patas traseiras
- As patas dianteiras teñen catro dedos As patas traseiras teñen cinco dedos unidos polas membranas interdixitais que lles permiten nadar.
Extremidade posterior
Extremidade anterior
- CLOACA: conduto final dos aparatos dixestivo, urinario e reprodutor.
Cloaca
Intestino
Vexiga urinaria
2. A ALIMENTACIÓN DOS ANFIBIOS
Carnívoros
Omnívoros
Técnicas de caza: Lingua extensible, moi rápida, e pegañenta. Saltos para sorprender as presas e achegarse rápido. Na auga usan a aspiración.
A alimentación dos ADULTOS é variada, son cazadores e as súas presas favoritas son insectos, vermes e lesmas.
Os CÁGADOS son acuáticos e aliméntanse de outros animais pequenos, de algas ou vexetais.
3. A RESPIRACIÓN
- As larvas respiran a través das BRANQUIAS, mentres que os adultos fano a través dos PULMÓNS e a PEL (respiración cutánea).
Respiración pulmonar
Respiración cutánea
Os anfibios teñen unha pel moi fina, sen pelos nin escamas, que permite que pase auga, osíxeno, dióxido de carbono e substancias químicas.
VÍDEO: respiración de anfibios
4. REPRODUCIÓN DOS ANFIBIOS
- Teñen reprodución sexual e a fecundación varía segundo as especies:
FECUNDACIÓN EXTERNA
FECUNDACIÓN INTERNA
OVOVIVÍPAROS
OVÍPAROS
Píntegas
Ras e sapos
- A maioría son ovíparos, normalmente poñen os ovos na auga doce, nunha masa xelatinosa para evitar que desequen.
Ovos de sapo
Ovos de ra
Ovos de tritón
Ovos de salamandra
METAMORFOSESofren o proceso de metamorfose, na que se producen grandes cambios no corpo. As femias poñen ovos. Dos ovos nacen unhas larvas de forma alongada chamadas cágados, estes respiran a través de branquias, teñen cola e carecen de patas. As patas irán desaparecendo durante a metamorfose (as píntegas e os tritóns non perden a cola), e van formándose as patas e os pulmóns que son adaptacións á vida terrestre.
VÍDEO: ciclo de vida dun anfibio
5. CLASIFICACIÓN DOS ANFIBIOS
Urodelos Presenta cola de adultos.
Anuros Carecen de cola de adultos.
Píntegas
Sapos
Ras
Tritóns
URODELOS
ANUROS
1. Presentan unha cola de adultos.
1. Os adultos non teñen cola.
2. Corpo rechoncho.
2. Corpo alongado.
3. Extremidades posteriores máis grandes adaptadas á natación e ao salto.
3. Extremidades curtas adaptadas á marcha reptante.
4. Poden ter fecundación interna.
4. Fecundación externa.
SAPOS E RAS
PÍNTEGAS E TRITÓNS
ALGÚNS ANFIBIOS URODELOS
Píntega común
Pintafontes verde
Tritón alpino
Pintafontes palmado
Pintafontes común
A salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)
Ten ollos grandes e saltóns, moita cola e unha lingua moi grande coa que captura as súas presas: moscas, arañas, etc. É o único representante vivente do xénero Chioglossa; ademáis é un endemismo ibérico, e soio se atopa (no mundo), en Asturias, Galicia e o Norte de Portugal. A contaminación do home, están a facer desaparecer a maior "xoia do patrimonio natural galego".
O axolote
Ë un anfibio un tanto curioso pois presenta características larvarias cando é adulto, como é a presenza de branquias.
Ra patilarga
Ra de San antón
Ra verde
ALGÚNS ANFIBIOS ANUROS
Sapo común
Sapo corriqueiro
Sapiño comadrón (Alytes obstetricans)
Dende logo este sapiño non vive nos ríos, pero moitas veces non está moi lonxe. Predominantemente é nocturno. É un sapo pequeno xa que non pasa de 52 mm. Como reacción defensiva arquea a espalda, agachando a cabeza e estirando ó máxima os membros anteriores hacia diante. O macho transporta os ovos durante tres semáns. Transcurrido este tempo o macho métese na auga, normalmente pozas, e as larvas eclosionan.
DIFERENZAS ENTRE SAPOS E RAS
RÉCORDS
O máis tóxico
O máis pequeno
A máis saltarina
O MÁIS GRANDE
A ra voadora de Wallace ten uns pés súper palmeados que lle permiten desprazarse no aire a unha altura de 15 m ao saltar de unha árbore a outra.
A pel da ra dourada velenosa ten unha toxina tan potente que esta ra de 5 cm ten suficiente veleno como para matar a 10 homes adultos.
A salamandra xigante china pode chegar a medir 1,8 metros e pesar 11 kg, a súa orixe remóntanse á época dos dinosaurios.
A ra Paedophryne amauensis, mide uns 7,7 mm, ten o tamaño dunha mosca.
RECAPITULEMOS...
ANATOMÍA
- Acuáticos (larvas) terrestres (adultos).
- Ectotermos (sangue fría).
- Cabeza sen pescozo.
- Ollos con pálpebras.
- Boca con lingua longa.
- Con orificios auditivos protexidos polo tímpano,
- As patas dianteiras teñen catro dedos. As patas traseiras teñen cinco dedos. Os dedos están unidos por unhas membranas que lles permiten nadar.
- Pel húmida e fina.
- A cloaca é o conduto dos aparatos dixestivo, urinario e reprodutor.
RECAPITULEMOS...
FUNCIÓNS VITAIS
CLASIFICACIÓN
- Respiración: larvas (branquial), adultos (pulmonar e cutánea)
- Alimentación: adultos carnívoros, larvas omnívoras,.
- Reprodución sexual e poden ter dous tipos de fecundación: a) Fecundación externa, óvulos e espermatozoides únense no medio externo e forman ovos, son ovíparos. b) Fecundación interna, o esperma introdúcese no interior da femia onde crecen os ovos, son ovovivíparos.
- Ápodos, sen patas (cecilias).
- Urodelos: con cola, corpo alongado, patas curtas e iguais, fecundación interna. Píntegas e tritóns.
- Anuros: sen cola, corpo rechoncho, patas traseiras longas, fecundación externa. Sapos e ras.
VÍDEO: "Curiosidades anfibias"
VÍDEO: documental "Ranas increíbles"
Por que os axolotes son tan xeniais?
QUE LA FUERZA TE ACOMPAÑE