Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PRESENTACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

mcrojoestevez

Created on February 18, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Modern Presentation

Terrazzo Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

City Presentation

News Presentation

Transcript

ROSALÍA DE CASTRO

A GALEGA UNIVERSAL

EDLG CEIP PENA DE FRANCIA CURSO 2020/21

BIOGRAFÍA

A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

OS PRIMEIROS ANOS

Naceu o 24 de febreiro 1837 nunha casa do Camiño Novo, que daquela pertencia o concello de Conxo. Filla de Mº Teresa de la Cruz, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez. Foi bautizada no que hoxe é o Hostal dos Reis Católicos .

Anos de 1838-50

Non se pode probar o fogar no que vivíu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada por unas tías paternas na parroquia de Ortoño na casa onde nacera o seu pai. Consta que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón e que en 1850 trasládase coa súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo da Xuventude como actriz.

Anos de 1851-1860

1851-1856 Reside coa sua nai en Compostela. 1856-1858 Reside en Madrid na casa da súa tía María de Castro. En 1857 publica o seu primeiro libro , o poemario “ La Flor”. No ano 1858 casa con Manuel Murguía en Madrid. Publica a súa primeira novela “ La hija del mar”. Comeza unha vida itinerante Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña…. O matrimonio terá sete fillos… Nesa epóca tamén publica un manifesto feminista “Lieders”. No ano 1859 nace a súa primeira filla, Alejandra , en Santiago , que finará en 1937.

INFO

Anos de 1861-1870

En 1861 reside algún tempo en Madrid e publica o seu primeiro poema en galego “Adios ríos, adiós fontes”. En 1862 morre a súa nai en Santiago de e un ano máis tarde publica “A mi madre” e “ Cantares Gallegos”, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia. En 1864 publica o seu único conto coñecido en galego “ Contos da miña terra”. No 1867 publica a súa novela máis longa e ambiciosa “ El caballero de las botas azules”. En 1870 reside en Madrid onde coñecerá a Bécquer. Murguía é trasladado o Arquivo de Reino de Galicia e a familia pasará a vivir en A Coruña.

INFO

Anos de 1880-91

No ano 1880 publícase “Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega. A partir do ano 1883 tralada a súa residencia a Padrón, no lugar de “ A Matanza”. No ano 1884 publica o seu último libro de poemas “ En las orillas del Sar”. Morre no ano 1845 a idade de 48 anos por mor dun cancro e soterrada en Iria Flavia. O 25 de maio de 1891 os seus restos son exhumados e trasladados o convento de Santo Domingo de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos/as Ilustres.

INFO

UNHA FIGURA UNIVERSAL En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX: -Os seus manifestos feministas (“Lieders” e “Las literatas”) -O seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) - A súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese.

Por outro lado, Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un feito de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego . Galicia como preocupación social e política, sempre sobre o fondo da súa Terra de Iria, continuou marcando toda a súa traxectoria vital.

INFO

INFO

Para Galicia Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for nos une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra. Que Rosalía seguirá sendo bandeira de Galicia, non merece ningunha dúbida. A súa imaxe está destinada a acompañar e iluminar para sempre, cos perfís que foren pero coa luz daquela estrela, o proxecto que ela mesma axudou decisivamente a pór en marcha: o da dignidade e o da liberdade.