Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

COÑÉCENOS

José García Barbón

Created on February 16, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Coñécenos CEIP Plurilingüe García Barbón

INICIO

As señas de identidade do cole

Adaptándonos ao futuro

Máis do cole

Educación infantil

Servizos

Educación Primaria

Educación Infantil

O noso obxectivo é motivar e potenciar as capacidades do alumnado a través dun proceso de ensino-aprendizaxe individualizado, adaptado aos distintos ritmos e estilos cognitivos dos nenos e nenas. Buscamos unha aprendizaxe competencial e por proxectos que xurden dos intereses e necesidades do alumnado, da súa curiosidade e experiencias. O alumnado convive en recunchos de aprendizaxe que promoven a observación, experimentación, independiencia, autonomía, liberdade e adquisición de hábitos e rutinas. A metodoloxía da etapa é activa, manipulativa, significativa e globalizada, onde o xogo é o eixe principal do ensino. Potenciamos a aprendizaxe cooperativa e o pensamento de deseño (design thinking), que axudan a desenvolver a intelixencia emocional, a creatividade e a intuición.

VÍDEO

Educación Primaria

Durante esta etapa guiamos ao noso alumnado no proceso de construír, desenvolver e profundizar nos seus coñecementos. O proceso educativo convértese nun reto ao descoñecido, nun descubremento constante no que as nenas e nenos son protagonistas da súa propia aprendizaxe. O obxectivo é afianzar o seu desenvolvemento persoal, mellorar as habilildades sociais e os hábitos de traballo por medio de metodoloxías activas que os leven a aprender de xeito cooperativo e investigar a través de proxectos. Fomentamos unha aprendizaxe STEAM que lles permita aprender facendo, empregando o razoamento baseado na evidencia , incorporando a gamificación, programación e robótica, visual thinking,... estimulando así a toma de decisións e o pensamento crítico. Nesta etapa buscamos unha aprendizaxe comprensiva e eficaz das habilidades instrumentais, por medio dunha lectura eficaz e dunhas matemáticas manipulativas que lle permitan plasmar os seus novos coñecementos en todas as linguas e materias buscando alumnos e alumnas competentes para resolver, de maneira autónoma, distintas situacións que os preparen para o futuro.

VÍDEO

Máis do cole...

Biblioteca e radio escolar

Ensino das linguas

Novas tecnoloxías

Préstamos Mochilas viaxeiras Voluntariado alumnado Novidades lectoras Radio na biblio....

As tecnoloxías son un elemento transformador do ensino dentro dun contexto de sociedade da información e do coñecemento en constante cambio.

O enfoque comunicativo no ensino das linguas é un dos elementos motivadores para a súa aprendizaxe.

+ INFO

+ INFO

+ INFO

Transversalidade no ensino

Atención á diversidade

Celebracións escolares

As distintas celebracións escolares completan o proceso educativo, melloran as relacións interpersoais do alumnado e aumentan a súa motivación.

Atención a diversidade coma forma de garantir o óptimo rendemento, aprendizaxe e desenvolvemento de todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas.

A formación global da persoa contribue o desenvolmento das competencias emocionais e o benestar do alumnado.

+ INFO

+ INFO

+ INFO

Aula matinal

Servizos ANPA

A aula matinal funciona dende as 7.30 da mañá ata a hora de entrada as aulas. Pódese asistir durante todo o curso o en momentos puntuais, en función das necesidades das familias.

http://anpagarciabarbon.org

Comedor escolar

O servizo de comedor faise en varios turnos en función das solicitudes de cada curso. Os alumnos e alumnas están acompañados en todo momento de monitores, tanto no comedor como no tempo de lecer posterior. O servizo remata as 16.00 h, hora límite de recollida. O centro non dispón de cociña propia, o xantar procede dunha empresa de catering da cidade.

+ INFO

Actividades extraescolares

As actividades extraescolares comezan as 15.00 h para os máis pequenos e prolónganse ata as 17.00 h a maior parte. Ofértanse dentro do centro máis de 15 propostas: multideporte, inglés, kung fu, teatro, intelixencia emocional, música, patinaxe… Fora do centro están vixentes convenios de colaboración con tres piscinas: Piscina Municipal de Teis, Náutico e Coliseum. Tamén coa empresa Patos Surf que recolle aos rapaces e rapazas no centro e tráenos de volta trala actividade na Praia de Patos.

+ INFO

Visita o cole

Abrimos as portas virtuais do noso cole para que podas coñecelo

Os nosos proxectos

EDIXGAL

ROBÓTICA

DIGICRAFT

LINGUA GALEGA

SECCIÓN BILINGÜE

PLURILINGÜÍSMO Y PLURINFANTIL

CONTRATOS PROGRAMA

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

Contacto

SECRETARÍA

Para resolver dúbidas ponte en contacto connosco, estaremos encantados de aclaralas.

886111087

EQUIPO DIRECTIVO

886111088

"Dimo e esquézoo , ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo"

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal