Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Receita de Torta de Filloas. Entroido

administracion

Created on February 11, 2021

Este Entroido compartimos con vós unha receita feita con filloas. Esta receita forma parte do noso proxecto de accesibilidade cognitiva "Sabores fáciles para compartir". Este proxecto facémolo xunto co Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle de París.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

Tempo

Persoas

Dificutade

Receita

Torta de filloas

Ingredientes

Ingredientes para a masa: • 3 ovos • Medio litro de leite • Cuarto quilo de fariña • Sal • Touciño

Ingredientes para o recheo: • 1 bote de marmelada de amora • 200g de chocolate de repostería • Media cunca pequena de auga fría • Un pouco de azucre glas

Elaboración das filloas

2. Engadimos o leite pouco a pouco. Revolvemos.

1. Botamos a fariña nun recipientee mesturámola cunha culleriña de sal.

4. Poñemos unha filloeira á quentar.

5. Untamos o fondo cun anaco de touciño.

6. Botamos medio cullerón da mestura cando a filloeira estea quente. A mestura debe cubrir o fondo da filloeira.

3. Batemos os ovos noutro recipiente. Engadimos os ovos a mestura. Batemos.

8. Repetimos este proceso todas as veces necesarias ata que a masa se acabe.

6. Damos a volta a masa cando se despegue do fondo.

7. Retiramos a filloa e poñémola nun prato.

Elaboración do recheo

1. Para facer o chocolate collemos unha táboa de cortar e picámolo cun coitelo.

2. Botamos o chocolate picado nun cunco.

3. Engadimos a auga fría e remexemos.

4. Poñemos un pouco de agua noutro recipiente e colocamos encima o recipiente co chocolate.

5. Quentamos e remexemos ata derreter o chocolate.

6. Botamos a marmelada nun cunco pequeno e batémola.

Elaboración da torta

1. Collemos un recipiente plano e colocamos dúas filloas estendidas que servirán de base. Estendemos a marmelada encima das filloas coa axuda dunha espátula. Estendémola de dentro cara fóra.

3. Poñemos outra filloa e repetimos o proceso.

2. Colocamos outra filloa encima, botamos un pouco de chocolate e estendémolo. Estendémolo de dentro cara fóra.

4. Rematamos co chocolate derretido.

5. Deixamos arrefriar a torta na neveiradurante 10-15 minutos.

6. Sacamos a torta e, coa axuda dun coador, empoamos co azucre glas.

Esta torta é ideal para este tempo de Entroido!

Delicioso!

Vídeo receita

Receita adaptada de:

Dolores Alonso Vázquez

Colaboración especial co

Centro de Estudos Galegos de París

dentro do proxecto

Sabores fáciles para compartir

Grazas!

Blog de cocina Juan Maríahttp://blogdecocinajuanmaria.blogspot.com/

Equipo

UXÍA

SABELA

HUGO

IAGO

GALA

ANDRÉ

Outras receitas