Full screen

Share

Show pages

Especialista  en  Medicina Física  e  Rehabilitación  (MFR)
dra.  susana
rodríguez  gonzález
11  DE  FEBREIRO  DE  2021
DÍA  INTERNACIONAL DA  NENA  E  A  MULLER  NA  CIENCIA

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia

Biblioteca VIRXE DO

Created on February 11, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Especialista en Medicina Física e Rehabilitación (MFR)

dra. susana rodríguez gonzález

11 DE FEBREIRO DE 2021

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Investiga o uso da Realidade Virtual e as novas Tecnoloxías na rehabilitación de ictus, no tratamento da espasticidade cerebral e na recuperación dos déficits das extremidades superiores.

Titora de residentes e profesora asociada de Fisiopatoloxía Neurolóxica Aplicada do Grado de Fisioterapia da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).

Médica especialista en Medicina Física e Rehabilitación (MFR) na Unidade de Rehabilitación Neurolóxica e Dano Cerebral no Hospital Vall d'Hebron.

Nada o 25 de marzo de 1968 en Sober, ex-alumna do CEIP P. VIrxe do Carme e licenciada en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela.

FONTES: https://medlineplus.gov/spanish/traumaticbraininjury.html https://www.infosalus.com/enfermedades/neurologia/ictus/que-es-ictus-29.html

Pérdida repentina da forza na cara, brazo e/ou perna dun lado do corpo.Alteración na sensibilidade (formigueo) en cara, brazo e/ou perna dun lado do corpo.Pérdida súbita da visión.Dificultade repentina para falar, expresarse ou comprender.Dor de cabeza súbito, de alta intensidade e sen causa aparenteSensación de inestabilidade ou desequilibrio bruscos, en especial se se acompaña dalgúns dos anteriores.

Un ictus é a interrupción brusca da circulación cerebral tras unha lesión dos vasos sanguíneos desa zona xa sexa por obstrucción ou por rotura. Súfreno 15.000.000 de personas ao ano das cales aproximadamente 5.000.000 morren e a outros 5.000.000 provócalles algún dano que persiste

Síntomas dos ictus

Que é un ictus?

Que é unha lesión cerebral?

Unha lesión cerebral traumática é unha lesión repentina que causa dano ao cerebro. Pode deberse a un golpe, impacto ou sacudida na cabeza. Tamén pode deberse a outras causas como os ictus.

Investigación previa...

FONTES: https://www.topdoctors.es/diccionario-medico/neurorehabilitacion-tratamiento https://medlineplus.gov/spanish/rehabilitation.html https://languages.oup.com/google-dictionary-es/

A realidade virtual é un conxunto de técnicas informáticas que permiten crear imaxes e espazos simulados nos que unha persona, mediante un dispositivo tecnolóxico, ten a sensación de estar e desenvolverse dentro deles.

A neurrorehabilitación é un proceso médico que ten como obxectivo axudar na recuperación de trastornos neurolóxicos e lesións do sistema nervioso. Axuda ao paciente a recuperarse para e mellorar a funcionalidade e as habilidades cognitivas, e para compensar alteracións das funcións cerebrais.

Que entendemos por Realidade virtual?

E a neurorrehabilitación?

Que é a rehabilitación?

A rehabilitación é o coidado que se recibe para recuperar, manter ou mellorar as capacidades físicas, mentais e/ou cognitivas (pensar e aprender) que se deterioraron por uhna enfermidade ou lesión.

Seguimos investigando...

Despois desta investigación previa, xa estamos preparados para conectar coa Dra. Susana Rodríguez González

ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

BIBLIOTECA CEIP P. VIRXE DO CARME

Unha videoconferencia moi interesante coa que os nosos alumnos e alumnas aprenderon moito sobre o seu traballo e sobre o funcionamento do noso cerebro xa que a parte de falarnos da súa actividade clínica e do uso que fan da realidade virtual e das novas tecnoloxías tamén nos explicou conceptos como a plasticidade do cerebro e o funcionamento das neuronas espello.

Ademais aínda houbo tempo para resolver todas as dúbidas do noso alumnado: como se tratan os danos cerebrais derivados dun tumor? Cal foi o paciente que máis a sorprendeu? Pensa volver a Sober?...

E, por suposto, quedounos claro que tanto os nenos como as nenas poden dedicarse ás ciencias!!

El progreso, Ribeira Sacra

11-01-2021

ESPERAMOS QUE NUNHA PRÓXIMA VIAXE A SOBER POIDA FACERNOS UNHA VISITA NA BIBLIOTECA!

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA 11-02-2021

DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DAR AS GRAZAS AO CONCELLO DE SOBER POLA ORGANIZACIÓN DESTA VÍDEOCONFERENCIA, AO ALCALDE POLA SÚA COLABORACIÓN, A ROCÍO POR ENCARGARSE DA PARTE TECNOLÓXICA E Á DRA. SUSANA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ QUE DESDE O PRIMEIRO MOMENTO SE MOSTROU ENCANTADA DE COLABORAR CON NÓS.

Next page

genially options