Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Mulleres relevantes de Galicia

ysentinell

Created on February 9, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Visual Presentation

Vintage Photo Album

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Higher Education Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Transcript

MULLERES RELEVANTES DE GALICIA

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Presentación realizada por Yolanda Allegue Chao

con esta presentación queremos darlle visibilidade a todas aquelas mulleres galegas que tamén consideramos salientables noutros campos (completando o de mulleres científicas que compartimos hai uns días). PORQUE NA NOSA TERRA TEMOS MOITOS EXEMPLOS DOS QUE SENTIRNOS ORGULLOSOS. (son só uns exemplos dos moitos que podemos atopar) esperamos que o disfrutedes

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

está considerada como a primeira xogadora galega e española de fútbol. Xogou na década dos anos 20 tamén foi a primeira dianteiro centro, a primeira gardameta e a primeira muller en xogar nun equipo de homes, logrando ser a primeira en participar nunha competición masculina. fundou o seu propio clube de fútbol chamado "Irene F.C"

irene gonzález

(a coruña 1909)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

mellor futbolista de españa e das mellores do mundo. Primeira campioa de "champions" e primeira en levar á selección española a un mundial como capitana do equipo. candidata ao balón de ouro embaixadora da uefa para o futbol feminino e forma parte da comunidade "common goal" que loita a favor da integración social da infancia.

vero boquete

(santiago de compostela 1987)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

É unha atleta que foi plumarquista nacional na modalidade de triple salto. é considerada a Medallista máis xove do atletismo español baixo teito. gañou diferentes títulos en campionatos tanto nacionais como internacionais participando en disciplinas como salto de lonxitude, 60 metros lisos ou 100 metros lisos.

ana peleteiro

(ribeira 1995)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

regatista de ouro na modalidade de vela e pentacampioa mundial. entre outros títulos, gañou a medalla de ouro nos xogos olímpicos de londres no 2012. foi a primeira española en participar na "volvo ocean race" (que é unha intensa proba que dura 9 meses e na que dan a volta ao mundo en barco de vela)

tamara echegoyen

(ourense 1984)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

é unha xogadora olímpica de balonmán. É a capitana da selección española de balonmán coa que gañou as medallas de bronce no campionato do mundo de 2011 e nos xogos olímpicos de londres de 2012 respectivamente.

begoña fernández

(vigo 1980)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

marta brañas "La potrilla de arteixo"

boxeadora e militar, era coñecida como "A potriña de arteixo" xa que tamén lle gustaba montar a cabalo. foi a primeira boxeadora profesional galega. campioa de españa de boxeo. participou nos mundiais de 2012 disputados en china

(arteixo 1985)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

piragüista española na modalidade de "aGUas tranquilas". gañou 15 medallas no campionato mundial de piragüismo entre os anos 2001 e 2019. conta tamén con 17 medallas en campionato de europa entre 2001 e 2013. participou en cinco xogos olímpicos e de poder xogar outros, sería a primeira española en disputar seis xogos olímpicos.

teresa portela

(cangas de morrazo, 1982)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

Pioneira do rugby feminino. xogou o seu último partido co "el CRAT" en el 2014 tras lograr con España 45 caps, dous campionatos de Europa e participar en tres mundiais. Participou tamén seis veces no campionato "seis nacións" hoxe é entrenadora, coordinadora e embaixadora deste deporte.

elena roca

(a coruña, 1976)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

Deportista paralímpica cerebral. foi a primeira medallista paralímpica galega. nos 12 años que competiu en atletismo y boccia con la Federación de Paralíticos cerebrais conseguiu 52 medallas de ouro, 14 de prata, 10 de bronce, 11 récords nacionais e 19 medallas as 13 veces que foi internacional..

hilda rodríguez

(portomarín, 1955)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

Triatleta paralímpica. Naceu con menos dun 10 % de visión que non lle impediu licenciarse en Medicina nin converterse nunha deportista incansable. a paratriatleta gañou a medalla de prata no Mundial da disciplina que se celebrou en Róterdam, a terceira posición no anterior mundial e a quinta logrado nos xogos paralímpicos de Río no 2016.

susana rodríguez

(vigo , 1988)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

cristina fernández

(vigo, 1963)

foi a primeira árbitra de balonmán tanto nacional como internacional. foi tamén a primeira en arbitrar un partido na fase final dun mundial e tamén nuns xogos olímpicos . É pioneira no traballo pola igualdade da muller noutras ligas europeas.

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

foi arbitro de hockey sobre patíns. foi durante máis de 30 anos, a única muller que arbitrou en categoría nacional e internacional. estivo entre os tres mellores árbitros de españa durante 3 anos consecutivos. hoxe en día segue a exercer a súa labor na liga galega e axuda a formar ás novas xeracións.

teresa martínez

(a coruña, 1964)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

NO MUNDO DO DEPORTE

COMO NON, NON PODIAMOS DEIXAR PASAR A OPORTUNIDADE DE FALAR DA NOSA "PROFE TERE". NADA MENOS QUE, ENTRE OUTROS MOITOS LOGROS VARIAS VECES CAMPIOA DE ESPAÑA DE BTT "NA MODALIDADE DE MARATÓN E NA CATEGORÍA MÁSTER -40 E CAMPIOA DO MUNDO EN DUATLON no campionato que se levou a cabo en pontevedra no ano 2019.

teresa barreira

(a pontenova, 1976)

8 DE MARZO. DiA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Foi a primeira gaiteira documentada da historia. Foi tamén unha pioneira nun mundo de homes. Formou nos anos 20 un quinteto cos seus irmáns chamado "Os Maravillas" que actuaban tanto na xeografía galega como nacional e internacional (chegando incluso ata Arxentina) Áurea, ademais de tocar, asumía as funcións de representante artística. Foi a primeira "manager" da historia.

Mª Áurea Rodríguez (Cartelle, 1897)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Foi unha compositora e pianista da época do Romanticismo. Amiga de Emilia Pardo Bazán, foi membro da Real Academia Galega. As súas composicións estaban escritas xeralmente para piano solista ou piano e voz. Compuxo a melodía galega a un poema de Manuel Lois Vázquez chamado ¡Adiós, Galicia! , que hoxe é o himno do concello ourensá de Maside.

Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela, 1852)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Cantante e compositora española de pop-rock dos anos 80, leva máis de 5.000.000 de discos vendidos e participou en bandas sonoras como "Tacones lejanos" do director Pedro Almodóvar. Entre outros premios, destacamos o Goya á mellor canción orixinal "Tu bosque animado" da película que leva o mesmo nome. É a impulsora dun festival anual recoñecido a nivel nacional e internacional en Boimorto (a súa vila natal). "Festival de la Luz"

Luz Casal (Boimorto, 1958)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Compositora, cantante e instrumentista galega. Dende moi nova foi polas aldeas buscando música e tradicións galegas para transmitirllas ás novas xeracións. Está en constante evolución musical experimentando con todas as posibilidades sonoras, contando con premios tanto a nivel nacional como internacional. É a intérprete da canción "Mareas vivas" que daba inicio a unha serie co mesmo nome na TVG. O seu primeiro disco en solitario "Isué" foi considerado como "mellor disco folk" pola revista "Folkworld" Tamén ten traballos musicais relacionados coa danza e o cine.

Mercedes Peón (Oza dos Ríos, 1967)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Gaiteira, cantante e pianista. Formou parte do grupo de música "Berrogüeto" ata que comezou no 2009 a súa carreira en solitario. No 2017, con motivo do día das letras galegas, co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos, participou nun acto organizado polo CFR de Ferrol en Navantia, onde máis de 1000 escolares da zona de Ferrolterra cantaron unha das súas cancións chamada "Chea de Vida" Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios como por exemplo o "Premio Martín Codax" no 2016 na categoría de canto de autor ou o "Premio á promoción da realidade plurilingüe " o pasado 2020.

Guadi Galego (Cedeira, 1974)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Gaiteira, compositora e pianista que reside en Nova York dende o ano 2004 é un dos máximos exponentes da música celta no mundo. Publicou o primeiro dos seus cinco discos con 18 anos e tocou en moitas cidades do mundo enteiro. Tamén colaborou con numerosos grupos e orquestras. En 2017 fixo historia ao recibir un Grammy ao mellor disco mundial xunto á banda Silk Road Ensemble coa que colabora en Nova York. Ese mismo año recibiu tamén a medalla de Castelao, unha distinción outorgada a aquelas persoas cunha obra merecedora do recoñecemento de toda Galicia.​

Cristina Pato (Ourense, 1980))

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da música

No mundo da música

Cantautora galega destacada da canción galega contemporánea. A súa música vai dendo o rock ata o blues, a música de cantautor sen esquecer as súas pinceladas de cantareira. Escribiu 7 discos en 9 anos, acabando de presentar o seu último traballo. . As súas cancións son escritas en lingua galega e tamén en feminino. Ademáis de escribir e cantar cancións propias colaborou tamén con numerosos artistas como Xabier Díaz ou Guillerme Fernández.

Mª Xose Silvar (Sés) (A coruña, 1982)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

É considerada como a primeira muller escritora de toda a Hispania romana e a primeira autora dun libro de viaxes. Entre as súas obras destaca "Itinerarium ad Loca Sancta" onde relata a súa viaxe como peregrina a Terra Santa, algo nada usual entre as mulleres.

Exeria (século IV)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Foi experta en dereito, pensadora, periodista, poeta e autora dramática. Foi tamén pioneira do feminismo español e precursora do traballo social en España. Sempre quixo ser avogada, por iso aos 21 anos, para poder ingresar como oínte na facultade de Dereito de Madrid, disfrazouse de home. Cortou o pelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando a descubriron, o reitor da Universidade decidiu que lle fixeran un exame e tras facelo satisfactoriamente foi autorizada a asistir ás clases. En Ferrol hai un instituto e unha rúa que levan o seu nome.

Concepción Arenal (Ferrol, 1820)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

É un símbolo indiscutible da literatura galega. Marcou, xunto con Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez o inicio do "Rexurdimento" coa obra "Cantares Gallegos". Foi unha das poetas máis destacadas do século XIX. Entre outras lunguas, a súa obra foi traducida ao ruso ou ao xaponés.

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1836)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Foi novelista, periodista e activista feminista. É considerada a impulsora do "Naturalismo" en España. Estudou linguas para poder ler as obras na súa versión orixinal, aprendendo a falar en inglés, francés, italiano e alemán. Viaxou por toda Europa como corresponsal para os xornais nos que traballaba. Como escritora, a súa obra máis destacada é "Los Pazos de Ulloa"

Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Foi a poetisa galega máis premiada do século XIX. Era unha escritora galeguista que destacaba polas súas poesías intimistas e feministas. Obtivo varios premios polo seu poema "Defensa das mulleres" Nunha ocasión, o xornalista Pérez Lugín presentouse na súa casa de sorpresa para facerlle unha entrevista, ao que ela lle contestou: "No habrá interviú, le daré un caldiño"

Filomena Dato (Ourense, 1856)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Foi toda unha pioneira no mundo do xornalismo. Foi a primeira española corresponsal do estranxeiro e de guerra. Andivo por toda Europa informando sobre todos os conflictos bélicos do momento, entre eles, as dúas guerras mundiais. Escribiu para xornais moi prestixiosos coa o "New York Times" En Ferrol hai un instituto que leva o seu nome.

Sofía Casanova (Culleredo, 1861)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Foi unha pioneira do xornalismo. Foi a primeira muller en dirixir un diario nacional. As súas primeiras críticas cinemtográficas asinounas cun seudónimo "Felipe Centeno" (un personaxe da obra de Pérez Galdós) Foi tamén asesora literaria das películas da "Paramount Pictures". Súa é a primeira tradución ao castelán de "Peter Pan"

Mª Luz Morales (A Coruña, 1889)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Aínda que naceu en León, considerábase ferrolá. En 1949 patentou un dispositivo mecánico, precursor do libro electrónico co que pretendía alixerar o peso das carteiras dos seus alumnos/as, facer máis atractiva a aprendizaxe e adaptar o nivel de ensinanza a cada neno/a. A súa labor foi recoñecida coa "Cruz de Alfonso X O Sabio"

Ángela Ruíz Robles (León, 1895)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Licenciada en filosofía e Letras, foi historiadora, académica e escritora. Foi tamén a primeira muller en ingresar na Real Academia Galega e posteriormente tamén foi memmbro da Real Academia de Historia. Foi tamén directora do arquivo histórico provincial de Ourense.

Olga Gallego (Ourense, 1923)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Catedrática de Literatura, escritora, articulista e investigadora. Ademais das súas novelas, traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino, destacan os seus contos. En 2017 ingresou na RAG como académica de honra. En 1992 gañou o "Premio Fernández Latorre" e recibiu a "Medalla Castelao" en 1998.

Marina Mayoral(Mondoñedo, 1942)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Escritora, periodista e membro da RAG. Logrou, entre otros moitos premios, o "Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" por "O misterio dos fillos da lúa" e a súa obra traduciuse ao castelán, euskera e catalán. Foi distinguida tamén coa "Medalla Castelao" e co "Premio Álvaro Cunqueiro" de Periodismo Gastronómico.

Fina Casalderrey(Xeve, Pontevedra, 1951)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo da literatura e o xornalismo

Xornalista, cineasta e escritora. Foi a primeira muller galardonada co premio "Otero Pedrayo". Considerada como pioneira no uso de xéneros audiovisuais inéditos en Galicia. É membro da Real Academia Galega dende o 2009, convertíndose na quinta muller presente nesta institución.

Margarita Ledo(Castro de Rei, 1951)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo das artes plásticas

Foi unha recoñecida artista da "Generación del 27" Esta pintora do surrealismo era tan meticulosa que apenas consérvanse un centenar dos seus óleos. Sobre a súa mesa de noite tiña dúas fotos: unha de "Andy Warhol" e a outra dos reis entregándolle a "Medalla de ouro de Belas Artes"

Maruja Mallo(Viveiro, 1902)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo das artes plásticas

É a primeira arquitecta de Galicia e a terceira muller en licenciarse en arquitectura de España. Chegou a ocupar postos nunca antes desempeñados por unha muller en España, como o de "arquitecta municipal" ou "arquitecta escolar provincial" .

Rita Fernández Queimadelos(A Cañiza, 1911)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo das artes plásticas

Aínda que naceu en Madrid, polos seus estudos é considerada unha das primeiras arquitectas galegas. Foi catedrática na escola superior técnica de arquitectura da Coruña e entre as súas obras destacan monumentos emblemáticos como a fonte de "Cuatro caminos" ou a "torre dorada" (que é o primeiro rañaceos da Coruña).

Milagros Rey Hombre(Madrid, 1930)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo das artes plásticas

É pintora e ten na súa traxectoria unha nominación ao "Premio Turner" que concede a "Tate de Londres" á artista máis destacada menos de 50 anos. Gañou tamén o "Premio Nacional de Artes Plásticas del 2017" Reside actualmente en Londres e está considerada como unha das artistas máis importantes da súa xeración no ámbito internacional..

Ángela de la Cruz(A Coruña, 1965)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

No mundo das artes plásticas

Esta artista e arquitecta, ao tempo que estudaba arquitectura cultivaba a súa paixón polo cómic, tanto que en 2008 gañou o "Premio revelación Expocómic" Ese mesmo ano trasladouse aos Estados Unidos, onde consolidou a súa carreira como ilustradora e debuxante para firmas como "Marvel" É moi importante no mercado internacional.

Emma Ríos(Vilagarcía de Arousa, 1976)

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

NO MUNDO DO TEATRO, O CINE E A TELEVISÓN

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Licenciada en filoloxía inglesa e graduada en arte dramático, traballou como actriz, presentadora, tradutora, axudante de dirección e dobladora. Entre outros premios, foi gañadora dun "Premio Goya de las ciencias y las artes cinematográficas" á mellor actriz de reparto pola película "Mar adentro" (de Alejandro Amenábar) en 2004.

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Mabel Rivera Ferrol, 1952

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Foi a primeira muller que traballou no departamento de maquinaria da empresa ferrolá "Bazán" (agora Navantia) Foi tamén nomeada xerente da Galería Sargadelos de Ferrol. Pero tamén ten unha gran vida artística, xa que é fundadora da produtora de cine de animación "Abano Producións". É unha gran activista polo recoñecemento das mulleres no campo audiovisual. Entre outros premios, foi varias veces nominada aos premios Goya e varias veces gañadora dos premios "Mestre Mateo"

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Chelo Loureiro Ferrol, 1958

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Licenciada en filoloxía hispánica, esta periodista e presentadora de televisión é recoñecida tanto polo seu traballo na televisión como na radio. Entre outros premios, foi gañadora de varios"Premios Ondas", varios "Premios nacionais de televisión e radio" ou o "Premio micrófono de ouro" na categoría de radio.

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Julia Otero Monforte de Lemos, 1959

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

É presentadora, directora de doblaxe e actriz. Participou en diferentes series nacionais e internacionais, obras de teatro e ata un monólogo. Foi nominada a diversos premios como por exemplo o "Mestre Mateo"

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Sonia Castelo Ferrol, 1968

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

É unha actriz e presentadora de televisión. Licenciada en tradución e interpretación de inglés e alemán e chegou a exercer como intérprete no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Na súa carreira como actriz, foi gañadora do "Premio Mestre Mateo" á mellor interpretación feminina no 2006 e no 2013 respectivamente.

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Isabel Blanco Santa Comba, 1974

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Fundou no ano 2003 a productora "Vaca films" É responsable de películas como "Celda 211" (que recibiu 7 goyas), "La sombra de la ley" ou "Hasta el cielo" entre outras... Recolleu o "Premio Goya á Mellor Película" por Celda 211. Da man de Vaca films, Netflix rodou a súa primeira serie integramente en Galicia "El desorden que dejas" A maioría das súas producións foron rodadas en Galicia. A súa última serie é de 2020 "La Unidad”, onde podemos ver paisaxes de Ferrol, Miño ou Sada...

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Emma Lustres O Grove, 1975

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

É actriz e cantante. Fixo diversas personaxes en series, películas, musicais, obras de teatro... de relevancia nacional. Foi gañadora, entre outros premios ao "Premio de teatro musical á mellor actriz revelación" e "Premio bodevil" (ambos por "Cabaret"no 2016) ou premio "OUFF televisión" como recoñecemento á súa traxectoria.

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Cristina Castaño Vilalba, 1978

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Estudou Xornalismo e realizou un máster en produción e xestión audiovisual. Fundou no ano 2007 a produtora "Bambú producciones" É responsable de series tan recoñecidas como "Gran Hotel", "Velvet", "Hispania", "Fariña" ou "Las chicas del cable"Di que un dos seus grandes retos é producir un musical.

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Teresa Fernández Valdés Pontevedra, 1980

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

É moi polifacética. É actriz, presentadora, cantante e bailarina. Comezou como ximnasta rítmica chegando a ser subcampioa de España. Estudou Maxisterio, licenciouse en Ciencias de actividades físicas e deporte e estudou tamén xornalismo. É unha actriz moi recoñecida de series, películas e teatro. Foi gañadora, entre outros premios, do "Premio Ondas" ou do "Premio Mestre Mateo"

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

María Castro Ourense, 1981

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Foi enfermeira do Hospital Clínico de Santiago, labor que compaxinaba con pequenos papeis como actriz de cine e teatro. Hoxe é unha recoñecida actriz de cine e televisión. Gañou un premio "Goya á mellor actriz revelación" pola película "La isla mínima" no ano 2014

01

escribe un título

Lorem ipsum dolor sit

Nerea Barros Santiago de Compostela, 1981

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

como vedes, hai moitas mulleres moi salientables que non chegaron aí só por ser intelixentes, senón tamén con esforzo, con tesón e moitas veces, con obstáculos polo simple feito de ser muller.pero xa vedes, que se nolo propoñemos, calquera persoa, independentemente de ser home ou muller pode contribuír de xeito significativo á evolución do noso planeta dende o seu campo.

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

grazas a todas esas mulleres galegas que aportaron e aportan o seu gran de area e nos serven como fonte de inspiración para conseguir os nosos propósitos.

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

MULLERES RELEVANTES DE GALICIA

INFORMACIÓN E IMAXES EXTRAÍDAS DE: - MUJERESENLAHISTORIA.COM - BIOGRAFÍASYVIDAS.COM - GCIENCIA - HISTORIANATIONALGEOGRAPHIC.COM - MULLERES E CIENCIA XUNTA DE GALICIA - ARCHIVO PROVINCIAL DE LA DIPUTACIÓN DE MÁLAGA - ESCRITORAS.COM - RUC.VDC - INSTITUTO CERVANTES - RADIO GUAREÑA - DIGNITYMEMORIAL.COM - POLAPATRIAGALEGA.COM - DIARIO DE PONTEVEDRA - FARO DE VIGO - LA VOZ DE GALICIA - DIARIO EL MUNDO - RTVE.ES - RTVG.ES - IMDB

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER