Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

anamaryranha

Created on February 8, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Transcript

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 de febreiro

Biblioteca "A Fraga dos Soños" CEIP Fermín Bouza Brey

"A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desenvolvemento sostible."

Axenda para o Desenvolvemento Sostible da ONU (ano 2030)

A pesares diso, as mulleres e nenas seguen atopando obstáculos no campo da ciencia.

  • Se queres coñecer algúns dos obstáculos que atoparon grandes científicas (ou dos que, por desgraza, aínda encontran)...
  • Saber que descubriron...
  • Recoñecelas e visibilizalas...
  • Se queres espertar a túa vea científica experimentando....

... adiante !

esta é a proposta do equipo da biblioteca, especialmente do noso clube de letras.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Actividades Previas

COMEZAR

01

Desde que ano se celebra?

Día Internacional da Mullere a Nena na Ciencia (Febreiro)

13

14

10

11

12

20

21

15

16

17

18

19

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

02

Quen decidiu establecelo?

03

Por que a ONU decidiu establecer este Día Internacional?

04

Cal é o propósito/fin da conmemoración?

05

Quen dirixe a celebración deste día?

06

Sabes cal é a porcentaxe de mulleres científicas no mundo?

07

Sabes cal é o tema para este día no presente ano 2021?

08

Queres coñecer os temas de anos anteriores?

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Actividades Investigación

COMEZAR

Tes idea do que lle debemos as grandes científicas do mundo?

  • Moitísimo!
  • A algunhas recollecéronlle os seus traballos en vida co Premio Nobel de Física, Química ou Fisioloxía e Mediciña.

... atrévete!... investiga! ... fainas visibles!

Pon o teu pequeno gran de area no seu recoñecemento!

  • Coa axuda destas webs, completa a seguinte táboa-rexistro e verás canto descobres...

National Geographic: Mulleres que gañaron o premio Nobel

Wikipedia:Mulleres que gañaron o premio Nobel

Táboa - Rexistro

Paréceche xusto?A que cres que se debe?

Os anteriores son algúns exemplos de magníficas científicas recoñecidas, pero houbo e hai moitas máis que non viron valorados publicamente os seus descubrimentos, inventos, ..., pero resistiron, insistiron e conseguiron os seus soños e propósitos!

Podes descubrilos na seguinte selección de libros da nosa biblioteca e webgrafía...

... quizáis ti sexas a próxima científica do futuro!

Tamén podes elixir a túa científica favorita e preparar un traballo sobre ela para a Galería das Grandes Científicas Galegas, Españolas e Internacionais sita no corredor da planta baixa do cole.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Recursos e Actividades Complementarias

COMEZAR

INicio

INicio

Libros (1/2)

1. As nenas van onde queren: 25 aventureiras que cambiaron o mundo. 2. As nenas son guerreiras: 26 rebeldes que cambiaron o mundo 3. As nenas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron o mundo 4. Grandes mulleres que cambiarion o mundo

Preme na portada para ver a sinopse

Libros (2/2)

5. Mulleres de Ciencia: 50 intrépidas pioneiras que cambiarion o mundo. 6. 100 mulleres que cambiarion o mundo 7. Pioneiras: galegas que abriron camiño 8. Isto é ciencia!

Preme na portada para ver a sinopse

Webgrafía

Pinterest Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares

Pinterest Biblioteca Creativa

Maletas viaxeiras

Iniciativa 11 de febreiro

Galiciencia: 20 mulleres de ciencia en Galicia

Praza: unha ducia de mulleres científicas galegas

Mulleres con ciencia: científicas galegas

Curiosidades

  • A 1ª médica coñecida da historia cortou o pelo e vestiuse coma un mozo para que a aceptasen na universidade.

Agnodice

  • "Fai pouco rematamos un traballo que fará mundialmente famoso ao meu home."

Mileva Marić

  • No século XIX tivo a sorte de ir a unha escola mixta, algo moi raro xa que daquela ás nenas non lles permitían estudar as mesmas materias que aos nenos e, moitísimo menos facer as mesmas actividades físicas.

Inge Lehmann

Moitas destas científicas non eran aceptadas na universidade, publicaban artigos con pseudónimos e traballaba, moitas veces, en lugares en pésimas condicións para non seren descubertas e que paralizasen ou entorpecesen os seus soños.

Lorem ipsum 04

NO MORE MATILDAS

Por último, e non menos interesante, queremos sumarnos a un movemento promovido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT):

Contos

Que tería pasado se Einstein, Shrödinger ou Fleming houbesen nacido muller?

Descargar

Descargar

Descargar

Reto

  • En base a esta campaña, queremos proporvos outro reto...
Analizar os vosos libros de texto! Cantas referencias hai nos de ciencias (CS e CN) e no de matemáticas a estas talentosas científicas?

Se queres experimentar...

Experiencias e experimentos: 50 actividades sensoriais para entreterse na casa.

Experimentos para os días de cole a distancia. 1º, 2º e 3º de Primaria

Experimentos para os días de cole a distancia. 4º, 5º e 6º de Primaria.

Experimentos para os días de cole a distancia. Vídeos dos experimentos