Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ANPA CEIP MONFORTE
rociofigueiras
Created on February 7, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Tech Presentation Mobile
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Zen Presentation
View
Audio tutorial
Transcript
Pica e falamos
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
ANPA A LAGOA
Actividades
Quen somos?
Únete
Contacto
INicio
Pica e falamos
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"Eduardo Galeano
Somos un grupo de familias que aportamos o noso tempo para axudar a mellorar e dinamizar o colexio dos nosos fillos e fillas. Ademáis, axudamos, asesoramos e defendemos os dereitos do resto das familias.
INicio
Pica e falamos
Actividades
Conmemoracións e outras actividades
Axenda e chándal do cole
Actividades extraescolares
Pica aquí para descubrir as festas e dinamizacións que facemos durante o curso.
Temos un chándal no cole común para todos e unha axenda escolar do centro.
Pica aquí para coñecer as actividades extraescolares deste ano.
Volver
Pica e falamos
Actividades extraescolares
Volver
Pica e falamos
Conmemoracións e outras actividades
Procuramos dinamizar o noso centro con actividades nas diferentes conmemoracións. Aquí podes ver algúns exemplos, e se tes algunha idea, non o dubides e contacta con nós.
Entroido
Samaín
Nadal
Xuntanzas
Fin de curso
Día da bicicleta
INicio
Pica e falamos
Únete a nós
15€
71%
95%
Porcentaxe actual de socios/as (199)
Obxectivo
CUOTA ANUAL POR FAMILIA
Cantos máis sexamos, máis conseguiremos
INicio
Pica e falamos
Contacto
09:00h-14:00h
639 73 61 10 Lucía 635 93 96 43 Rocío
anpacolexionovo@gmail.com ceip.monforte@edu.xunta.gal
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte
https://www.instagram.com/anpacolexionovo
https://anpaalagoa.gal/
Poñemos a árbore de Nadal, traemos a Papá Noel e decoramos o centro coas creacións de todo o alumnado
En Samaín decoramos o centro con creacións dos nosos nenos e nenas. Sempre é un éxito.
Festa fin de curso
Cada ano organizamos unha festa a final de curso para despedir o ano escolar. Concertos, actividades sobre rodas, hinchables, actuacións, maxia, malabares... Imos cambiando cada ano, se tes algunha idea para este curso, fáinola chegar!!
Celebramos o día da bicicleta cun paseo por Monforte e gozamos un montón todos xuntos nese día
Intentamos facer algunha xuntanza ó longo do ano para coñecernos mellor todos/as
Participamos nas comparsas de Monforte con máis de 90 compoñentes e sempre levamos premio
Inglés
Andrea Micc "AKA studio"
Temos o gusto de contar un ano máis con Andrea Micc de "AKA studio" como profe de inglés, ou máis ben de "Fun & Learn", xa que o que pretenderá coas súas sesións é pasar un bo rato os nenos e nenas, aprendendo un novo idioma case sen darse conta.
- Prezo
- 18€/mes

Patinaxe
Yoli "BailArte"
Deslízate sobre rodas mentres gozas do movemento, da música e da diversión. Os nenos e nenas desenvolven equilibrio, coordinación e resistencia, ao mesmo tempo que aprenden novas habilidades e superan retos. Esta actividade fomenta a disciplina, a confianza e o traballo en equipo, potenciando a seguridade en si mesmos e o gusto polo deporte. Unha forma única de unir exercicio, xogo e liberdade sobre rodas. ❤️
- Prezo
- 15€/mes (os nenos de infantil seguro aparte aprox 8€ano)
Pintura e debuxo
Stephanie
Un espazo creativo onde os nenos e nenas exploran cores, formas e técnicas de pintura de xeito lúdico.Favorece a imaxinación, a expresión artística e o desenvolvemento de habilidades motoras e emocionais.
- Prezo
- 15€/mes (material incluido)
Baloncesto
Marga Rodríguez "CB Val de Lemos"
En deportes temos ós mellores entrenadores, e en basket seguimos contando coa inugualable Marga, presidenta e entrenadora do CB Val de Lemos e na actualidade do Club de Baloncesto Ourense. Compromiso, compañerismo, esforzo… Valores. Traballando a psicomotricidade en idades temperás.
- Prezo
- 12€/mes (os nenos de infantil seguro aparte aprox 8€ano)
Patinaxe
Yoli "BailArte"
Deslízate sobre rodas mentres gozas do movemento, da música e da diversión. Os nenos e nenas desenvolven equilibrio, coordinación e resistencia, ao mesmo tempo que aprenden novas habilidades e superan retos. Esta actividade fomenta a disciplina, a confianza e o traballo en equipo, potenciando a seguridade en si mesmos e o gusto polo deporte. Unha forma única de unir exercicio, xogo e liberdade sobre rodas. ❤️
- Prezo
- 15€/mes (os nenos de infantil seguro aparte aprox 8€ano)
Fútbol sala
Jose "S.D. Monforte"
Nos deportes temos ós mellores, polo que en fúbtol seguimos contando co marabilloso Jose, un apaixonado do balón. Como el o define, o fútbol sala é máis que un xogo, é unha pasión que se vive en cada pase. Non importa o teu nivel, no fútbol sala sempre hai un sitio para ti.
- Prezo
- 12€/mes
Xoiería creativa
Alicia "e-Ribeira"
No obradoiro de xoiería creativa os nenos e nenas poderán deseñar pulseiras, colares, chaveiros, elementos decorativos e funcionais experimentando con contas, fíos e cores de forma divertida. Ademáis de levar a casa as súas propias creacións, desenvolverán a creatividade, concentración, paciencia e autoestima dunha forma natural e motivadora, convertindo cada peza nun reflexo da súa imaxinación.
- Prezo
- 15€/mes (material incluido)
Manualidades
María
Un ano máis contamos coa marabillosa María que tan contentos ten os nosos nenos e nenas. En primaria farán manualidades con diferentes materiais: lanas, pastas, papel de aluminio, papel de servilleta, tela etc E en infantil farán manualidades moi divertidas e practicarán moita psicomotricidad fina, recortar pegar, pintar etc Todo elo adaptado as posibilidades de cada neno e nena.
- Prezo
- 15€/mes (material 5€ a maiores o primeiro mes)
Multideporte infantil
Iago "CB Val de Lemos"
Para iniciar ós nosos nenos e nenas na saúde deportiva contamos de novo con Iago para rematen ás sesións suando e coas pilas descargadas. Centrara a actividade na iniciación en varias modalidades deportivas, en todas elas se traballa a psicomotricidade, fundamental nesta etapa infantil.
- Prezo
- 12€/mes (+seguro aprox 8€ano)
Música e baile
Marta
Introdución d@s cativ@s no mundo artístico a través da música e o movemento, desenvolvendo as súas capacidades psicomotrices e rítmicas, permitíndolles interiorizar, comprender e vivenciar a música a través do corpo e o entorno. As sesións basearanse no xogo, no baile, no canto ou na improvisación como actividades colectivas. Os e as participantes farán unha actuación final.
- Prezo
- 15€/mes
Xogos de mesa e robótica
Sabela "Fedellos"
Nesta actividade alternaremos robótica e xogos de mesa. Buscamos mellorar a concentración dos máis pequenos, así como a memoria, a observación, a velocidade visual e o razonamento lóxico. Axudaremos tamén a aceptar normas de convivencia, respetar turnos e traballar en equipo.Xogos adaptados as diferentes idades do grupo.
- Prezo
- 15€/mes
Baile moderno
Academia "Creativa"
Este ano contamos coa profesora de baile moderno do centro "Creativa" para darlle ritmo ós nosos fillos e fillas. Os e as participantes que así o queiran realizarán unha actuación final.
- Prezo
- 20€/mes
Informática
Juan
O noso querido Juan leva un montón de anos con nós, traballando a informática cos nosos nenos e nenas que un ano máis o elixen para formarse neste campo.
- Prezo
- 12€/mes
Barro
Amparo
Xa coñecemos o éxito de barro cada ano. Nestas clases nenas e nenos traballarán coas súas mans o barro, que lles aportará a psicomotricidade fina necesaria para mellorar as súas habilidades mentres fomentan a súa creatividade. As pezas son cocidas nun forno cerámico. O traballo está adaptado a cada nena e neno.
- Prezo
- 15€/mes (inclúe o material e procedementos)
Fútbol sala
Jose "S.D. Monforte"
Nos deportes temos ós mellores, polo que en fúbtol seguimos contando co marabilloso Jose, un apaixonado do balón. Como el o define, o fútbol sala é máis que un xogo, é unha pasión que se vive en cada pase. Non importa o teu nivel, no fútbol sala sempre hai un sitio para ti.
- Prezo
- 12€/mes
Xogos de mesa e robótica
Sabela "Fedellos"
Nesta actividade alternaremos robótica e xogos de mesa. Buscamos mellorar a concentración dos máis pequenos, así como a memoria, a observación, a velocidade visual e o razonamento lóxico. Axudaremos tamén a aceptar normas de convivencia, respetar turnos e traballar en equipo.Xogos adaptados as diferentes idades do grupo.
- Prezo
- 15€/mes
Voleibol
Miguel de la Gama "Club Korbis"
Temos os mellores no deporte. Miguel é un dos mellores entrenadores a nivel nacional, entrenador internacional FIVB I, ademáis de seleccionador gallego cadete. Os seus equipos conquistan éxitos ano tras ano. Traballará a iniciación ó voleibol a través de actividades lúdicas e divertidas. Aprendendo os fundamentos básicos do deporte, poñéndoos en práctica disputando partidos da liga escolar.
- Prezo
- 13€/mes
Teatro
Paqui Albaredo
Volvemos contar coa nosa Paqui, quen leva máis de 25 anos no mundo do teatro.Volveremos a representar unha peza teatral no certame de teatro municipal da súa man. Coa actividade búscase proporcionar o xogo teatral para fomentar a capacidade de comunicación, a relación grupal e a creatividade. Todo elo disfrutando o gusto pola arte do teatro e sobre todo o sentido e valor do traballo en equipo. "O teatro non é só teatro, ensina a vivir e convivir, a non illarse e compartir"
- Prezo
- 15€/mes
Voleibol
Miguel de la Gama "Club Korbis"
Temos os mellores no deporte. Miguel é un dos mellores entrenadores a nivel nacional, entrenador internacional FIVB I, ademáis de seleccionador gallego cadete. Os seus equipos conquistan éxitos ano tras ano. Traballará a iniciación ó voleibol a través de actividades lúdicas e divertidas. Aprendendo os fundamentos básicos do deporte, poñéndoos en práctica disputando partidos da liga escolar.
- Prezo
- 13€/mes
Madrugadores
Débora "Trasnos ocio"
Contamos coas chicas de Trasnos ocio para amenizar a entrada dos nosos peques máis madrugadores. Realizarán diferentes actividades e talleres para disfrutar das primeiras horas da mañá. Esta actividade está parcialmente subvencionada a través do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade. O custo é polo material.
- Prezo
- 15€ mes / 5€ día solto (sempre con preaviso)
Ximnasia rítmica
Marta "Club Kendra"
Descubre a maxia da ximnasia rítmica no noso cole! 🤸A través da música, o movemento e o traballo con aparatos, os nenos e nenas desenvolven coordinación, flexibilidade e expresión artística mentres se divirten. Esta actividade fomenta a disciplina, a creatividade e o traballo en equipo, á vez que potencia a confianza nun mesmo. Unha forma única de unir deporte e arte. 🥳
- Prezo
- 15€/mes (seguro aparte aprox 8€ ano)