Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O ENTROIDO GALEGO

Antía

Created on February 6, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Tarot Presentation

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Geniaflix Presentation

Transcript

COMEZAMOS

O ENTROIDO É UNHA CELEBRACIÓN, DE MOI LONGA TRADICIÓN!

ÍNDICE

01. LECTURA

04. CANCIÓN

02. PERSONAXES

05. COLOREAMOS

03. GASTRONOMÍA

06. XOGOS

SE SOBRE O ENTROIDO QUEREDES APRENDER,OS OLLOS ABERTOS DEBEREDES MANTER!

LECTURA

Se moitas cousas queredes aprender, o seguinte libro deberedes ler.

ÍNDICE

PERSONAXES

Se os personaxes queres coñecer,ao seguinte mapa deberás acceder.

mapa

MAPA

SE SOBRE AS PERSONAXES QUERES APRENDER, NAS ICONAS DEBERÁS PREMER.

ÍNDICE

VIGO

OS MERDEIROS DE VIGO

Vestirse de merdeiro era unha costume entre os mariñeiros vigueses. Querían incordiar á xente con peixe podre. O seu traxe imita ao dun campesiño que recollía restos de peixe para abonar os seus campos.

Extraído de: https://dsierra.es/#/6

mapa

VILABOA

MADAMAS E GALÁNS DE COBRES

Realizan divertidos xogos:- A Corrida do Galo - Galo no río - Galo na vara Os premios son cartos e un galo vivo. Os seus traxes son espléndidos e custosos porque representan un rango social alto. A diferenza entre eles son os sombreiros. O dos galáns é máis pequeno.

Extraído de: https://dsierra.es/#/4

mapa

XINZO DE LIMIA

AS PANTALLAS DE XINZO

As pantallas coas vexigas, so queren asustar, corre, corre que te pillo, non te deixes atrapar. As pantallas nos vixían, ven se levamos un disfrace, se un de nós non o leva, prepárate para o desastre!

mapa

VERÍN

OS CIGARRÓNS DE VERÍN

Os cigarróns son recadadores de impostos.A súa vestimenta é moi elaborada e pesa ata 25 kg. Os días máis sinalados: - Xoves de Compadres - Domingo Corredoiro: aparición estelar dos cigarróns. - Xoves de Comadres - Venres de Compadres - Domingo de entroido - Luns fareleiro: batallas de fariña. - Martes de entroido: gran desfile

mapa

LAZA

OS PELIQUEIROS DE LAZA

O peliqueiro leva unha coidada vestimenta que pode pesar ata 25 kg.O traxe compleméntase cun cinto de chocas e a zamarra, unha fusta que emprega sobre aqueles que saen a rúa sen disfrace. Rituais e celebracións: - A Farrapada: batalla de trapos untados en barro - A Xitanada: procesión en burro - A Baixada da Morena: unha especie de sátiro con cabeza de vaca que persegue as mulleres e lanza sobre a multitude unha choiva de fariña e formigas vivas.

mapa

VIANA DO BOLO E VILARIÑO DE CONSO

OS BOTEIROS

VIANA DO BOLO

O boteiro é a máscara emblemática. Leva sempre a cara tapada por unha carauta e un traxe multicolor. A súa misión é abrir paso ao folión dando saltos sobre o pau.Os folións son comparsas que poñen a banda sonora ao Entroido recorrendo as rúas. Tocan para espantar os malos espíritos.

VILARIÑO DE CONSO

mapa

MÁSCARAS DE BUXÁN

A súa roupa consta dun pucho que vai adornado con papeis de cores. Na cima do pucho leva unha boneca . O pucho recóbrese con fotos. No alto do pucho flores onde saen tiras de de papel de cores. Viste un pixama antigo azul. Enriba leva unha camisa blanca e unha gravata colorida, na cintura un mantón. Nas mans luvas brancas e nunha man unha espada.

mapa

MANZANEDA

A MÁZCARA DE MANZANEDA

A mázcara adoita levar o rostro descuberto. Na cabeza o pucho, un enorme tocado, e coma traxe: camisa e polainas brancas con puntillas, mantilla floreada, botas altas, bastón e fitas de cores.É un elegante bailarín capaz de danzar sobre un pequeno caixón. É acompañante dun folión.

mapa

CARTELLE

BONITAS DE SANDE

Levan pantalón e camisa de liño branco, gravata vermella, dous mantóns de Manila cruzados ás costas, falda feita con colcha e polainas con axóuxeres nos pés.

A careta é de arame pintada con boca e grandes ollos. Coroando a cabeza, un armazón de madeira con catro picos cubertos de pluma de ave e fitas de cores colgando.

mapa

ULLA

XENERAIS DO ULLA

Os xenerais visten sempre as súas mellores galas, vistosos uniformes de época aderezados con todo tipo de adornos.A festa inspírase nas loitas que aconteceron no río Ulla.

Extraído de: https://dsierra.es/#1

mapa

CHANTADA

OS VOLANTES DE CHANTADA

Os camiños da Ribeira percorren os volantes,lucindo os seus puchos coloridos e elegantes. Van acompañados co son das gaitas e os volantes bailan facendo soar as súas chocas e movendo as cintas que saen da súa cabeza. No pasado esta celebración constituía un rito de fertilidade nas cosechas e a celebración do final do inverno.

mapa

BUDIÁN (Pantón)

FARRANQUÍS E BRANCOS

As figuras esenciais do Entroido de Budián son dúas: o farranquí e os brancos.O farranquí é o rei do Entroido, participa nas burlas e abre o desfile; simboliza o inverno que remata e leva roupas vellas, carauta, vara, chocas e caldeiros con cinza. Os brancos representan a primavera; visten de branco, con flores ou hedras, e son personaxes máis dóciles. A figura masculina leva pantalón branco, unha toalla cruzada e un sombreiro tipo capirote con fitas de cores. As mulleres visten saia longa e blusa branca, sombreiro forrado de branco e capa feita con colchas ou teas con encaixe, cubrindo a cara cun encaixe fino. Outros personaxes feitos con materiais sinxelos como follas de millo, cortiza de sobreira ou carrabouxos

Farranquí

Brancos

mapa

Outros personaxes

SALCEDO

O OSO DE SALCEDO

Un veciño se disfraza con peles de animais simulando que é un oso que recorre as rúas. O oso sae da súa oseira trala hibernación e encárgase de botar cinza ao que se cruza no seu camiño.

mapa

MACEDA

O FELO DE MACEDA

A súa máscara con sorriso está tallada en madeira coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa da serra de San Mamede.Aseméllase aos Peliqueiros e Cigarróns pero a diferenza está nas súas medias que son negras. Co ruído das súas chocas espantaban lobos e malos espíritos.

Extraído de: https://dsierra.es/#2

mapa

A MEZQUITA (A MERCA)

OS GALOS DA MEZQUITA

Os galos anuncian o renacer da natureza en primavera, a fertilidade e as boas colleitas. Os galos levan unha máscara ou antiface e viste un traxe de cores vivos que simulan as cores da natureza en primavera. Na cabeza levan sombreiros multicolores con forma de galo.

Extraído de: https://dsierra.es/#2

mapa

MUGARES

OS LABARDEIROS E AS SEÑORITAS

Os labardeiros (mozos) levan un gorro alto adornado con flores e unha rede que lles tapa a cara e na súa man a labarda. As señoritas levan unhas saias con flores de papel de seda e unha camisa branca.. Enriba da camisa poñen un pano vistoso e colares. Na cabeza levan un sombreiro.

Extraído de: https://dsierra.es/#2

mapa

A CORUÑA

OS CHOQUEIROS

O máis destacado é deixar voar a túa imaxinación e vestir o traxe máis disparatado e colorido sen gastar moitos cartos.

mapa

BRANCOS DE TOREA

Son personaxes de Muros. Os sombreiros son de flores de papel feitos a man. A roupa blanca adornábase de lazos e cintas de cores. Levan a cara tapada con máscaras blancas, para evitar ser recoñecidos.

mapa

PONTEVEDRA

O LORO RAVACHOL

O sábado de Entroido celébrase o enterro do loro Ravachol, o cal foi un loro moi importante no pasado.

mapa

SARREAUS

VERGALLEIROS

A máscara está feita con pasta de papel. Ten un debuxo dun toro no frontal.Leva nas súas mans un vergallo que o fai soar para anunciar o inicio do Entroido.

mapa

RIÓS

VELLARÓNS

Personaxe de Castrelo de Cima.Leva como vestimenta unha camisa colorida. acompañada e adornada de escarapelas ou flores de tea; o pantalón vai adornado con flecos de cores e un cinto de esquilas. A máscara representa unha cara humana, con barba e bigote feitos con la de ovella negra. A coroa está feita de vimbia e papeis de cores.

mapa

BANDE

TROITEIROS

O seu nome provén de trouleo xa que percorrían as rúas da villa. O seu traxe consistía nunha camisa branca e unha capa. No sombreiro levaban postais e espellos, cos que se protexían do mal de ollo. Cubrían a cara con tapetes bordados.

mapa

SILLEDA

BALDRÉUS

O 19 de febreiro de 2023 celebrouse en Silleda o primeiro domingo de Baldréus. O seu obxectivo é impulsar o entroido e poñer en valor o patrimonio cultural do concello. Os Baldréus son personaxes creados dende cero, con máscaras inspiradas nas figuras mitolóxicas do románico trasdezá, presentes en templos como os de Carboeiro, Ansemil ou Breixa. Saen ás rúas cada domingo de entroido e van acompañados do Demo de Carboeiro, como unha representación propia e singular da vila de Silleda.

mapa

GASTRONOMÍA

Se a gastronomía che apetece probar,nestas páxinas deberás afondar!

Siguiente

GASTRONOMÍA

Lacón

Androlla

Grelos

Lacón con grelos

Filloas

Flores

Orellas

Bica

ÍNDICE

CANCIÓNS

Antes de rematar, escoitemos este cantar!

ÍNDICE

COLOREAR

Unha máscara deberás pintar,e aos demais deberás ensinar!

ÍNDICE

XOGAR

E para repasar,é o momento de xogar!

ÍNDICE

XOGAR

Personaxes de Entroido

xogos

XOGAR

Memory personaxes

xogos

XOGAR

Personaxes de Entroido

xogos

XOGAR

Lugares de Entroido

xogos

XOGAR

Gastronomía: aforcado

xogos

XOGAR

Gastronomía: aforcado

xogos

XOGAR

Gastronomía: emparella

xogos