24 de febreiro
Día de Rosalía
El último adiós (Marcial del Adalid)
O 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro
Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Cando era tempo de inverno,
pensaba en dónde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en dónde andarías.
¡Agora... tan sóio penso,
meu ben, si me olvidarías!
1863
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.
Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita,
que nunca (delo me pesa)
fun eu meniña grasiosa.
Cantéi como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aqués que non saben
direitamente unha cousa.
Adiós ríos, adiós fontesadiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos.
Vaite, noi-
te, -vai fuxin-
do. -Vente, auro-
ra, -vente abrin-
do, -co teu ros-
tro-que, sorrin-
do, -¡¡¡a sombra espanta!!!
1880
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Eran craro-los días,
risoña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Mais ve que o meu corazóné unha rosa de cen follas, i é cada folla unha pena que vive apegada noutra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Tal coma as nubes
que leva o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os espacios inmensos do ceo,
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas
de estrañas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran,
o fondo sin fondo do meu pensamento.
Maio longo..., maio longo,
todo cuberto de rosas;
para algús, telas de morte;
para outros, telas de bodas.
Moitas grazas pola vosa participación!
rosalia
pereiro.sonia
Created on February 3, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Practical Video
View
Akihabara Video
View
Essential Video
View
Space video
View
Season's Greetings Video Mobile
View
End of the Year Wrap Up
View
Christmas Promotion Video
Explore all templates
Transcript
24 de febreiro
Día de Rosalía
El último adiós (Marcial del Adalid)
O 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro
Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril.
Cando era tempo de inverno, pensaba en dónde estarías; cando era tempo de sol, pensaba en dónde andarías. ¡Agora... tan sóio penso, meu ben, si me olvidarías!
1863
Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros.
Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o pirmeiro e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar.
Eu cantar, cantar, cantéi, a grasia non era moita, que nunca (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa. Cantéi como mal sabía dándolle reviravoltas, cal fan aqués que non saben direitamente unha cousa.
Adiós ríos, adiós fontesadiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos.
Vaite, noi- te, -vai fuxin- do. -Vente, auro- ra, -vente abrin- do, -co teu ros- tro-que, sorrin- do, -¡¡¡a sombra espanta!!!
1880
Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar.
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa.
Eran craro-los días, risoña-las mañáns, i era a tristeza súa negra coma a orfandá.
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor.
Mais ve que o meu corazóné unha rosa de cen follas, i é cada folla unha pena que vive apegada noutra.
Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida.
Tal coma as nubes que leva o vento, i agora asombran, i agora alegran os espacios inmensos do ceo, así as ideas loucas que eu teño, as imaxes de múltiples formas de estrañas feituras, de cores incertos, agora asombran, agora acraran, o fondo sin fondo do meu pensamento.
Maio longo..., maio longo, todo cuberto de rosas; para algús, telas de morte; para outros, telas de bodas.
Moitas grazas pola vosa participación!