Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Entroido
luciaruizcasal
Created on February 2, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Vintage Photo Album
Transcript
Diversión, alegría e transformación TEMPO DE ENTROIDO
O carnaval é unha festa que ten lugar inmediatamente antes da cuaresma cristiana, e que ten data variable (entre febreiro e marzo segundo o ano). O carnaval combina elementos tales como disfraces, grupos que cantan coplas, desfiles e festas nas rúas. Nos seus inicios o carnaval era un desfile no que os participantes vestían disfraces e usaban máscaras. Sen embargo, a costume foise transformando ata a súa forma actual. Aquí en Galicia recibe diferentes nomes: entroido, antroido, entroiro, entruido ou entrudio.
Entroido
A orixe da palabra
+ info
Son nove os entroidos declarados de interese turístico en Galicia
Entroidode Xinzo de Limia (coas pantallas)
Entroido de Cobres (coas damas e os galáns)
Entroido de Laza (cos peliqueiros)
Son nove os entroidos declarados de interese turístico en Galicia
Entroido de Verín (cos cigarróns)
Entroido dos Felos de Maceda.
Entroido dos Xenerais do Ulla
Son nove os entroidos declarados de interese turístico en Galicia
Entroido de Vilariño de Conso.
Festa da Androlla e o Entroido de Viana do Bolo (coboteiro)
Fulión do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras)
Tamén son moi destacables nesta festa os banquetes gastronómicos. Porque en Galicia O Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de suculentos pratos, que ten como principal protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garbanzos. De postre, filloas, orellas, bica; e de remate un bo licor café.
O noso Entroido
É tempo de Entroido
Non pare a festa.
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.
É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!
+ info
CONTOS DE ENTROIDO
CONTOS DE ENTROIDO
CONTOS DE ENTROIDO
CONTOS DE ENTROIDO
CONTOS DE ENTROIDO
Para facer en familia
O MECO
É un personaxe de lenda. Máis por tradición oral que escrita, o mítico Meco perdura dende os tempos inmemoriables ata hoxe coma un ser funesto, ruín, sen escrúpulos, poderoso para o mal, como se fose o diablo personificado, odiado por todos; una maldición á que lle hai que eliminar o seu espírito maligno. E como tradición o Entroido soe rematar coa queima deste personaxe. O último día hai un sermón satírico que fai público os pecados da aldea e se sacrifica para pechar a época do Entroido. No noso cole, a semana antes do Entroido, o Meco mandará máis que ninguén. Por iso tanto alumnado coma profesorado terá que facer o que ordene este famoso personaxe, seguindo uns mandadiños.
MANDADIÑOS DO MECO
MANDADIÑOS DO MECO
Pasapalabra do Entroido
E para aprender máis sobre o Entroido intentade entre tod@s resolver este divertido pasapabras compartido en aulasgalegas.org
Biblioteca CEIP Sada y sus Contornos