Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

REFRÁNS DÍA DA CANDELORIA

bibliolibrolandia

Created on January 31, 2021

Recompilación de refráns sobre o día da Candeloria elaborado polo equipo de Dinamización da lingua Galega e o equipo de biblioteca do CEIP P GRAXAL de CAMBRE.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Children's Holiday Card

Three Good Things Card

Santa presents

Three Wise Men Letter

Halloween Discount Code

Interactive Halloween Card

Halloween Invitation

Transcript

REFRÁNS DA CANDELORIA (2 de Febreiro).

CEIP P GRAXAL

Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola

O mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, A CANDELORIA, xa que casan os paxariños, e comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Coincide coa metade do inverno, no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar coa Primavera.

Pasa a páxina...

Polo San Antón xa a galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala. Pola Candelaria pon a pita vella e a nova.

CEIP P GRAXAL

Cando a Candelaria chora, metá do inverno vai fóra.

CEIP P GRAXAL

Pola Candelaria se chove e venta o inverno entra, se ri e chora a mitade do inverno vai fóra, se non chora nin ri aínda o inverno está por vir, se chora e deixa de chorar, a mitade do inverno aínda está por pasar, se non chove nin implora o inverno xa vai fóra.

CEIP P GRAXAL

Se a Candeloria chora, mitá do inverno vai fóra; se ri, está por vir

CEIP P GRAXAL

Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel.

CEIP P GRAXAL

O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar

CEIP P GRAXAL

Pola Candelaria, aínda a vella vai á lareira.

CEIP P GRAXAL