Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Visita guiada centro

ceip.novomesoiro

Created on January 22, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Memories Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Historical Presentation

Transcript

ceip_novo_mesoiro

ven coñecernos

CEIP PLURILINGÜE NOVO MESOIRO

Rúa Fragas do Eume s/n. A Coruña. 881-961-235

ceip.novomesoiro@edu.xunta.gal

DATOS DE CONTACTO

HORARIO DO CENTRO: 9:00-14:00 horas

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: - Madrugadores: 7:30-9:00 horas - Comedor: 14:00-16:00 horas - Actividades extraescolares*: 16:00-17:00 horas

*Ofértanse de 16 a 18. *Se hai un grupo mínimo realízanse

PROXECTOS DE CENTRO

Contamos cunha serie de proxectos e programas nos que estamos inmersos:

PATIOS ACTIVOS E DINÁMICOS

PLAN PROXECTA +

BENESTAR EMOCIONAL

PLAN DIRECTOR

Beca EDUCO

VOZ NATURA

SELO DE VIDA SAUDABLE

PLURILINGÜISMO Plurinfantil

ERASMUS +

Aulas EDUCACIÓN INFANTIL

Son aulas con moita luz natural grazas ás grandes fiestras principais.

BAÑO

Teñen dúas portas de acceso: unha dende o corredor central e outra directa ao patio de xogos.

Cada aula de E.I. comparte baño coa clase do mesmo nivel.

O equipo de mestres/as de Educación Infantil serán os encargados/as de ter unha reunión inicial en setembro para explicarvos a súa metodoloxía de traballo, máis todo o relativo ao funcionamento do centro.

Gústanos moito que o alumnado goce coa lectura de contos, por isto adicamos mínimo 20 minutos ao día.

Unha vez ao mes, xuntámonos na biblioteca todo o alumnado de E.I para escoitar unha historia.

Como traballamos en E.I.?

- Actividades de experimentación, manipulación e vivenciación. (Educación Sensorial). - Actividades da vida práctica: o coidado de si mesmos, as emocións, autonomía, confianza, apego seguro... (Educación socio-afectiva e física). -Actividades de estimulación da linguaxe (contos, grafismo creativo, novas tecnoloxías, arte, cancións...) e de matemáticas: regletas Cuisenaire, puzzles, bloques lóxicos de Diennes, bloques de cilindros Montessori... - Proxectos de investigación.

Queremos que os nenos e nenas se sintan cómodos na súa escola, felices de estar aquí con tod@s nós!

Os patios

Este é o patio principal de E.I.Como dixemos, cada aula sae ao patio desde a propia clase. Está cuberto, polo que sempre podemos saír a xogar, aínda que chova. Dende primeira hora da mañá o sol e a luz están presentes. Tamén aproveitamos outras zonas

Este é o patio descuberto, semanalmente organizámonos para repartir as zonas e ter máis espazo para correr e xogar. Temos unhas vistas estupendas!PROXECTO: Patios dinámicos e inclusivos

ROCÓDROMO

O noso ximnasio

Este espazo emprégase para as sesións de Educación Física e tamén para actividades extraescolares, como por exemplo: Judo.

DePARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Contamos con dúas aulas: unha de Pedagoxía Terapéutica e outra de Audición e linguaxe; para así contribuír e dar unha resposta axeitada ás necesidades do noso alumnado.

TELÉFONO DE CONTACTO881-96-12-39 CORREO ELECTRÓNICOorientacionnovomesoiro@gmail.com

*Tamén unha persoa responsable deste departamento a tempo completo. Para calquera dúbida ou cuestión, atenderavos por correo electrónico ou de forma telefónica.

AULA DE POLOS CREATIVOS

IMPRESORA LÁSER + IMPRESORA 3D

ROBÓTICA, LEGOS, KAPLA...

BIBLIOTECA

Benvid@s a:

Estamos incorporando moitos fondos de consulta e lectura, audiovisual... Ademais temos unha pantalla táctil de 65" para uso de todo o alumnado .

ANPA "MONTE DO MUÍÑO"

A ANPA do centro encárgase da organización e funcionamento dos servizos de: madrugadores, comedor, extraescolares...Asistirán ás reunións de comezo de curso para explicarvos con máis detalle, ademais deixámosvos o seu contacto para resolver calquera dúbida ou podedes consultar o seu apartado na páxina web do centro ou NA SÚA PROPIA WEB.

info@anpamontedomuino.es

O comedor

O servizo complementario de comedor está xestionado pola ANPA "Monte do Muíño". Empresa adxudicataria: JARDANAY

-Ofrecemos servizo de madrugadores de 07:30 a 09:00

-O servizo de comedor funciona de 14:00 a 16:00

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Destacamos algunhas levadas a cabo este curso - Galicia Rollers: Patinaxe. -Ximnasio Fibra: Judo. -Family Corner: Inglés. -Empresa Serocio: Baile, Cociña e Fútbol. -Federación de ANPAS: Patinaxe, xogos rítmicos e manitas. -Baile Galego.

Campamentos en Nadal, Entroido, Verán...en función da demanda.

* Ofrécense de 16 a 18. *Se hai un grupo mínimo realízanse. Normalmente fórmase grupo de actividades de infantil de 16 a 17h (aínda que a oferta sexa ata as 18h) Para calquera dúbida contactade coa ANPA no correo electrónico facilitado.

info@anpamontedomuino.es

GRAZAS!

*Para calquera dúbida, por favor, contactade co centro educativo ou visitade a nosa páxina web. (Clic na imaxe) Estaremos encantad@s de atendervos.

ceip_novo_mesoiro