Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ENTROIDO EN GALICIA
ALBERTO HERMÁNS
Created on January 14, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
O ENTROIDO EN GALICIA
COMEZAR
Escolas Católicas de Galicia
A. Hermáns 2020
Compañía de María - Ferrol
O ENTROIDO EN GALICIA
TRADICIÓN
PERSONAXES
GASTRONOMÍA
ORIXE
RECURSOS
ENTROIDOS
O ENTROIDO EN GALICIA
TRADICIÓN
Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo. O Entroido galego (tamén chamado Antroido ou Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación. Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición. Hoxe a importancia do Entroido é tal que sete entroidos galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de “Festa de Interese Turístico”. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir, iso si, sempre que vaias disfrazado se non querer acabar cheo de fariña e de formigas.
O ENTROIDO EN GALICIA
ORIXE
Tal e como o coñecemos hoxe en día, o entroido ou carnaval galego é unha tradición de orixe de países cristiáns. Foi a Igrexa a que atribuíu esta tradición lúdica o seu nome de carnevale ou carnavale e que facía referencia a época durante a que o pobo podía disfrutar dunha dieta rica en carne antes de comezar un período de 40 días de abstinencia, coñecido polos católicos como coresma. O nome de antroido ven do término latino introitus, momento de introdución á misa que, podería aplicarse neste ámbito da festa,como o período anterior a coresma. No século XVIII xa hai documentos que recollen a celebración do entroido en varios municipios galegos, sendo Ourense unha das provincias que amosa maior paixón e amor polo entroido. Durante a ditadura estivo prohibido pero, en Galicia, se seguíu celebrando de forma diferente nos pobos e nas vilas. Nos pobos conservando o carácter máis primitivo desta festa e nas cidades e vilas como bailes de disfraces nas sociedades veciñais.
O ENTROIDO EN GALICIA
ENTROIDOS
Un é Festa de Interese Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas). Outro é Festa de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns). Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar).
O ENTROIDO EN GALICIA
PERSONAXES
Os personaxes máis salientables do Entroido en Galicia son os seguintes
PANTALLAS
Xinzo de Limia
FOLIÓNS
Varios lugares
MÁZCARAS
Manzaneda
CIGARRÓN
Verín
XENERAIS
Entroido do Ulla
MADAMAS E GALÁNS
Cobres
FELO
Maceda
BOTEIRO
Viana do Bolo
PELIQUEIRO
Laza
O ENTROIDO EN GALICIA
GASTRONOMÍA
Se a boa mesa é un dos sinais de identidade de Galicia, o Entroido non o é menos. Por iso cando se unen, Entroido e gastronomía forman unha parella irresistible que dá as mellores festas do ano. A cociña tradicional do Entroido galego xira en torno aos atractivos do porco. Despois da matanza en novembro e dun par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo coincidindo co Entroido. Para os máis larpeiros, o Entroido sabe a gloria. Un non sabe por onde comezar: filloas doces ou salgadas, soas ou cun toque de mel, chocolate, castañas... Tamén, orellas, flores, bica... E imprescindibles, uns bos groliños de xastré e de licor café. Que non falte nada! En Galicia a abundancia é unha norma de cortesía.
FEIRA DO COCIDO
Lalín
FESTA DO BOTELO
O Barco de Valdeorras
LACÓN CON GRELOS
Cuntis
FESTA DA FILLOA
Lastedo
FESTA DA ANDROLLA
Viana do Bolo
SOBREMESAS
Larpeiradas varias
O ENTROIDO EN GALICIA
RECURSOS
Aquí vos deixamos material para que traballedes e disfrutes co Entroido.
INFANTIL
SECUNDARIA
RECEITAS
PRIMARIA
- Os Bolechas: "O Entroido"
- Brincaletras do Entroido
- Vídeo: Alma de Peliqueiro
- Facendo freixós
- Caza do Tesouro: O Entroido
- U.D: Os Xenrais do Ulla
- U.D: O Entroido
- Facendo orellas
- Actividades: Os Bolechas
- Cocido Galego
- U.D: O Entroido
- Vídeo: Os boteiros
- Cantigas de Entroido
- Bica branca de Laza
- Xogo: A correr o Entroido
- Conferencia de X.R. Mariño Ferro.
- Varias: Os Bolechas
- Xogo: Do Entroido
- Documentais: O sons do Entroido
- Actividades: Os Bolechas
- Cantigas de Entroido
- U.D: As Regueifas
- Cantigas de Entroido
O ENTROIDO EN GALICIA
SOBREMESAS
Todo o mundo coñece que é durante a época do Entroido cando os produtos da matanza están no seu tempo para ser comidos despois de pasar uns meses curando ao frío. Cocido, lacón con grelos, androlla ou botelo son as estrelas gastronómicas deste tempo pero non debemos menosprezar o que ven despois. Unha variedade de sobremesas que, de seguro, fará as delicias dos maiores e tamén dos máis pequenos.
BICA BRANCA
TORRADAS
FREIXÓS
ORELLAS
ROSQUILLAS
FLORES
O ENTROIDO EN GALICIA
CANTIGAS DE ENTROIDO
En Galicia non hai festa se non hai música e o Entroido non vai ser menos.
AS REGUEIFAS
ENTROIDO
Antonio Luz
A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.
É TEMPO DE ENTROIDO
Isabel Fdez. Reviriego
REGUEIFAS
Pinto d´Herbón e Luís "O Caruncho"