Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
O DÍA DE ROSALÍA
letrasgalegaseminari
Created on January 7, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
ROSALÍA DE CASTRO
BIOGRAFÍA
CEIP PLURILINGÜE M. MURGUÍA FEÁNS - A CORUÑA
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
CEIP ALBORADAA CORUÑA
CEIP RAMÓN DE LA SAGRAA CORUÑA
CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMAA CORUÑA
CEIP EMILIA PARDO BAZÁNA CORUÑA
CEIP OTERO PEDRAYOA LARACHA - A CORUÑA
Coa colaboración de Luís Davila
COLEXIO SAN PÍO XOURENSE
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORREA CORUÑA
ILUSTRACIÓNS: ALUMNADO 4º CEIP MANUEL MURGUÍA, A CORUÑA
A INFANCIA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro naceu na localidade de Conxo, Santiago de Compostela, o 23 de febreiro de 1837. Bautizárona cos nomes de María Rosalía Rita. A súa infancia pasouna nas vilas coruñesas de Ortoño e Padrón.
PREGUNTA 1
ONDE NACEU ROSALÍA DE CASTRO?
EN LOURENZÁ, LUGO
EN CONXO, SANTIAGO
EN MALPICA, A CORUÑA
moi ben!
Rosalía de Castro naceu en Conxo, Santiago de Compostela..
SEGUINTE
PREGUNTA 2
CAL É A DATA DE NACEMENTO DE ROSALÍA?
21 DE ABRIL DE 1900
23 DE FEBREIRO DE 1837
17 DE MAIO DE 1963
moi ben!
Rosalía naceu o 23 de febreiro de 1837.
SEGUINTE
PREGUNTA 3
LUÍSA ROSALÍA ALEXIA
QUE TRES NOMES LLE PUXERON A ROSALÍA?
MARÍA ROSALÍA RITA
PILAR ROSALÍA SILVIA
moi ben!
A Rosalía puxéronlle os nomes de María Rosalía Rita.
SEGUINTE
PREGUNTA 4
EN QUE DÚAS LOCALIDADES CORUÑESAS PASOU A SÚA INFANCIA ROSALÍA?
EN MEIRA E VILAGARCÍA
EN ORTOÑO E PADRÓN
EN GUITIRIZ E COIRÓS
moi ben!
Rosalía pasou a súa infancia nas vilas de Ortoño e Padrón.
SEGUINTE
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Cando Rosalía tiña catorce anos, a súa nai e mais ela trasladáronse a vivir a Santiago.Nesta cidade recibirá formación musical, artística e literaria e participará nas actividades do Liceo da Xuventude onde coñecerá a Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Aurelio Aguirre, Juan Paz Novoa...
Retrato de Rosalía de Castro feito pola súa filla Alejandra.
PREGUNTA 5
QUE IDADE TIÑA ROSALÍA CANDO MARCHOU COA SÚA NAI A SANTIAGO?
CATORCE ANOS
CATRO ANOS
DEZASEIS ANOS
moi ben!
Rosalía tiña catorce anos cando ela e a súa nai foron vivir a Santiago.
SEGUINTE
PREGUNTA 6
COMO SE CHAMABA A SOCIEDADE SANTIAGUESA NA QUE PARTICIPABA ROSALIA?
AGRUPACIÓN CULTURAL O GALO
ATENEO DE SANTIAGO
O LICEO DA XUVENTUDE
ASOCIACIÓN DO TRAXE GALEGO
moi ben!
Rosalía participaba nas actividades de O Liceo da Xuventude.
SEGUINTE
EN MADRID
No ano 1856 trasladouse a vivir a Madrid e publicou o seu primeiro libro de poemas: La Flor. Nesta cidade casou co escritor e historiador Manuel Murguía, que sería o primeiro presidente da Real Academia Galega e co que tivo sete fillos: cinco nenas e dous nenos.
PREGUNTA 7
CAL É O TÍTULO DO PRIMEIRO LIBRO DE POEMAS ESCRITO POR ROSALÍA?
moi ben!
La Flor, en castelán, foi o primeiro poemario escrito por Rosalía de Castro.
SEGUINTE
PREGUNTA 8
CON QUEN CASOU ROSALÍA EN MADRID?
CURROS ENRÍQUEZ
MANUEL MURGUÍA
EDUARDO PONDAL
FRANCISCO AÑÓN
moi ben!
Casou en Madrid co escritor e historiador Manuel Murguía.
SEGUINTE
OS ÚLTIMOS ANOS
Rosalía viviu os últimos anos da súa vida na vila coruñesa de Padrón, na Casa da Matanza. Morreu aos corenta e oito anos. Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago. Ao morrer Rosalía, os seus fillos queimaron todos os seus escritos.
PREGUNTA 9
CAL ERA O NOME DA CASA DE PADRÓN ONDE VIVIU ROSALÍA OS ÚLTIMOS ANOS?
CASA DA MATANZA
PAZO DE MEIRÁS
CASTELO DE PAMBRE
moi ben!
Rosalía pasou os útimos anos da súa vida na Casa da Matanza, en Padrón.
SEGUINTE
PREGUNTA 10
ONDE DESCANSAN OS RESTOS DE ROSALÍA DE CASTRO?
NO MOSTEIRO DE MONFERO
NO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES
NO CASTELO DE GONDOMAR
moi ben!
Rosalía está enterrada no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
SEGUINTE
PREGUNTA 11
QUE FIXERON OS FILLOS DE ROSALÍA COS SEUS ESCRITOS?
VENDÉRONOS
QUEIMÁRONOS
BORRÁRONOS
moi ben!
Os fillos de Rosalía, á súa morte, queimaron os seus escritos.
SEGUINTE
CANTARES GALLEGOS
Rosalía de Castro escribiu en prosa e en verso, usando o galego e o castelán. No ano 1863 publicouse en Vigo o seu libro Cantares Gallegos, que era o primeiro escrito en galego, nunha época na que non se adoitaba escribir nada no noso idioma.
PREGUNTA 12
CAL É O TÍTULO DO PRIMEIRO LIBRO EN GALEGO PUBLICADO POR ROSALÍA?
moi ben!
O primeiro libro en galego publicado por Rosalía foi Cantares Gallegos.
SEGUINTE
PREGUNTA 13
EN QUE CIDADE E EN QUE ANO SE PUBLICOU CANTARES GALLEGOS ?
SARRIA
1801
VERÍN
1823
VIGO
1863
FERROL
1888
moi ben!
Cantares Gallegos publicouse en Vigo no ano 1863.
SEGUINTE
UN REPOLUDO GAITEIRO
De Cantares Gallegos
Un repoludo gaiteirode pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, entre os mozos o primeiro e nas soidades sen par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de enganar.
PREGUNTA 14
QUE INSTRUMENTO TOCABA O PROTAGONISTA DO POEMA?
A gaita
A guitarra
O tambor
moi ben!
O protagonista do poema tocaba a gaita.
SEGUINTE
PREGUNTA 15
A QUEN QUERÍA ENGANAR O REPOLUDO GAITEIRO?
Aos nenos
Ás nenas
Á vella
moi ben!
O gaiteiro quería enganar ás nenas.
SEGUINTE
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos comezou a celebrarse o Día das Letras Galegas, foi un 17 de maio de 1963. Ese ano a autora homenaxeada foi Rosalía de Castro.
PREGUNTA 16
EN QUE DATA CELEBRAMOS ANUALMENTE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
13 de xullo
14 de febreiro
24 de xaneiro
17 de maio
moi ben!
O Día das Letras Galegas celebrámolo o 17 de maio.
SEGUINTE
PREGUNTA 17
QUEN FOI A PRIMEIRA PERSOA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS?
MANUEL ANTONIO
ÁLVARO CUNQUEIRO
ROSALÍA DE CASTRO
ALFONSO D. R. CASTELAO
moi ben!
A primeira persoa homenaxeada no Día das Letras foi Rosalía de Castro.
SEGUINTE
FOLLAS NOVAS
En 1880 publicou unha escolma de poemas en galego co título de Follas Novas.Neste libro Rosalía escribe poemas sobre a emigración e foi escrito na localidade de Simancas, en Valladolid, onde Manuel Murguía, o seu marido, dirixía o Arquivo Xeral de España.
PREGUNTA 18
DE QUE TRATA FOLLAS NOVAS ?
É UN LIBRO DE POEMAS EN GALEGO SOBRE AS PLANTAS
É UN LIBRO DE POEMAS EN GALEGO SOBRE A EMIGRACIÓN
É UN LIBRO EN PROSA SOBRE AS PÁXINAS DOS LIBROS
moi ben!
Follas Novas é un libro de poemas en galego sobre a emigración.
SEGUINTE
PREGUNTA 19
en que LOCALIDADE de valladolid escribiu rosalía follas noVAS ?
TORRELOBATÓN
MEDINA DO CAMPO
SIMANCAS
MEDINA DE RIOSECO
moi ben!
Follas Novas foi escrito na localidade de Simancas, en Valladolid.
SEGUINTE
PRA HABANA
De Follas Novas
Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas, o pote do caldo e a manta da cama. Vendéronlle o carro e as leiras que tiña; deixárono só coa roupa vestida.
PREGUNTA 20
que animais aparecen no poema?
BOIS e VACAS
CANS e GATOS
OVELLAS e CABRAS
moi ben!
Tes razón, no poema aparecen citados os bois e as vacas.
SEGUINTE
PREGUNTA 21
A QUE CIDADE TIVO QUE emigrar O SEÑOR?
A CARACAS
A LISBOA
Á HABANA
moi ben!
Á Habana foi a cidade á que emigrou.
SEGUINTE
PREGUNTA 22
A QUE libro de rosalía pertence o poema pra a habana ?
moi ben!
Pois si, este poema é do libro Follas Novas.
SEGUINTE
O DÍA DE ROSALÍA
23
Rosalía de Castro está considerada a escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia.Cada 23 de febreiro, data do seu nacemento, dedicámonos a homenaxeala como agradecemento pola defensa que fixo do pobo galego e da súa lingua, é o Día de Rosalía .
PREGUNTA 23
CANDO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA?
17 de MAIO
23 de FEBREIRO
25 de XULLO
moi ben!
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
SEGUINTE
PREGUNTA 24
POR QUE HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO NO DÍA DE ROSALÍA?
POLA DEFENSA DO POBO GALEGO E DA SÚA LINGUA
POLA DEFENSA DA FLORA E DA FAUNA DOS NOSOS RÍOS
POLA DEFENSA DOS PAZOS E DOS MUÍÑOS GALEGOS
moi ben!
Homenaxeamos a Rosalía pola súa defensa do pobo galego e da súa lingua.
SEGUINTE
NON É CORRECTO!
INTENTÁMOLO OUTRA VEZ?
XA SABES MÁIS COUSAS DE ROSALÍA DE CASTRO!
DÁMOSLLE OUTRA VOLTA?