Derradeiro adeus
Marina Montenegro Jamargo, 4º ESO I2º Premio na categoría de menores de 18 anos III Certame de Poesía Torre de Caldaloba
Álzase o día no horizonte, álzanse as flores somnolentas o mesmo ocorreu durante onte o mesmo ocorrerá, aínda se non o intentas. Os meus ollos cansos xa, prefiren deixar de tratar, ollar o que hoxe e mañá, saben que non volverán ollar.
É unha tristura profunda, desas que só doen no corazón, que rematan coa túa cordura, e fante pensar que todo perdeu a razón.
Malia isto continúo o meu labor, observo atento pola miña fiestra, como o sol se quita o seu solpor, e chama á xente a estar esperta. Todo o meu mundo, a miña comarca, é un paraíso sen límite nin fin, o veo do pasado que a miña mente abarca, é unha lembranza que fai moito perdín. Ás veces pregúntome desconsolado: Porque se estou no meu lugar de ensoño, síntome sen a caloriña da túa aperta, xeado
e o meu corazón semella pertencer a outro dono?
Pregunta que resoa na miña cabeza, estoupa cal trono e me descoloco rómpeme pouco a pouco, vólveme tolo
coma a un can a súa odiada cadea. E, aínda que trato de responderme, atopar unha físgoa de luz nesta profunda escuridade,
sempre me dou de conta que a miña alma errante, de ti, non volverá lembrarse. E cando isto me acontece, xa non vexo a miña terra como o paraíso, desaparece todo, sen aviso, como se a man de Deus o borrase sen piedade.
E se é así, non ves a miña desesperación? compadécete de min, síntome cal ladrón na súa prisión, debido a un recordo sutil. Presinto que me atopo apresado entre as súas glaciais mans. Tres palabras desquiciadas, tres suspiros envelenados, tres preguntas homicidas… Agora ben, porque che conto a miña dor? Xa sei que non che importa. Pero recordoche, a miña historia é triste e corta, e se te decatas, a orquestra está a tocar a miña marcha ao son.
Afástome, enfeitizado polo seu recendo,a realidade dispérsase no vento, semella que se parou o tempo, quedo sen palabras e sen alento. A inmensa capa de estrelas, cóbreme con toda a súa pureza e invade sobre min a certeza de oír o murmurio das súas conversas. Onte soñei co meu paraíso, pero a breve degustación dunha alegría tornou en pesadelo, a gran e temible marea, alzábase triunfante por enriba da miña area.
Espertei asustado e relaxado, por fin recuperaba o meu control. Non quero ter os ollos pechados, non quero que regrese a dor. Escóitame suplícocho! Non soporto a miña presenza, teño medo de ser o meu cupido, teño terror de coa miña soidade a soas quedar! Pasa un segundo, un minuto, unha hora, un mes moi duro. Pasa o tempo e entendo, que xa non sei nin como empezo.
Vai sendo hora de rematar o sabor desta doce froita, non é bo abusar do pecado divino e quen non entenda, se aínda ten a dúbida, xa se esvaece o meu paraíso no esquecemento.
Marina Montenegro Jamargo
Foto. Culturalia GZ
Entrega do premio do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba
"Segundo Premio; DERRADEIRO ADEUS, de Marina Montenegro Jamardo, un poemario con versos sinxelos, tratándose dunha poesía realista, mais cunha carga emocional que esperta as emocións e a empatía cara á persoa autora. Hai tema presente en todos os versos que son a dor e a tristura que provoca un adeus. Cando amamos de verdade, ninguén está vacinado nin hai a apócema para unha despedida." (extraído de Culturalia GZ)
O premio nos xornais
El Progreso
Fotos
Parabéns, Marina
Biblioteca IES Castro Alobrecurso 2020-2021
Certame poesía. Derradeiro adeus
bibliocastroalobre
Created on December 21, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Startup Presentation
View
Black and White Presentation
View
Human Rights Presentation
Explore all templates
Transcript
Derradeiro adeus
Marina Montenegro Jamargo, 4º ESO I2º Premio na categoría de menores de 18 anos III Certame de Poesía Torre de Caldaloba
Álzase o día no horizonte, álzanse as flores somnolentas o mesmo ocorreu durante onte o mesmo ocorrerá, aínda se non o intentas. Os meus ollos cansos xa, prefiren deixar de tratar, ollar o que hoxe e mañá, saben que non volverán ollar. É unha tristura profunda, desas que só doen no corazón, que rematan coa túa cordura, e fante pensar que todo perdeu a razón.
Malia isto continúo o meu labor, observo atento pola miña fiestra, como o sol se quita o seu solpor, e chama á xente a estar esperta. Todo o meu mundo, a miña comarca, é un paraíso sen límite nin fin, o veo do pasado que a miña mente abarca, é unha lembranza que fai moito perdín. Ás veces pregúntome desconsolado: Porque se estou no meu lugar de ensoño, síntome sen a caloriña da túa aperta, xeado e o meu corazón semella pertencer a outro dono?
Pregunta que resoa na miña cabeza, estoupa cal trono e me descoloco rómpeme pouco a pouco, vólveme tolo coma a un can a súa odiada cadea. E, aínda que trato de responderme, atopar unha físgoa de luz nesta profunda escuridade, sempre me dou de conta que a miña alma errante, de ti, non volverá lembrarse. E cando isto me acontece, xa non vexo a miña terra como o paraíso, desaparece todo, sen aviso, como se a man de Deus o borrase sen piedade.