Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Un libro polo nadal_2020
joselopezcasal11
Created on December 19, 2020
Recomendacións lectoras da biblioteca do CEIP Ramón de Valenzela (Bandeira)
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Fill in the Blanks
View
Museum Flipcards
View
Image Comparison Slider
View
Microcourse: Key Skills for the Professional Environment
View
The Meeting Microlearning
View
The Meeting Microlearning Mobile
View
Corporate Who's Who
Transcript
"Un libro polo Nadal"
Biblioteca escolar 2020/2021
CEIP Ramón de Valenzuela
Queres que che lea?
¡Alguien se ha tragado a Lola!
Sarah Roberts Editorial Bruño
De 3 a 5 anos
Lola é unha bolsa de plástico que flota desorientada no mar. Varios animais tentan tragala ata que o consegue unha tartaruga. Lola queda atascada na gorxa da pobre tartaruga, que nada asustada ata chegar á praia.
Rato en fuga
Miguel Ordóñez Editorial Bululú
Rato inicia unha viaxe que é unha sinxela arenga pola vida: colle as rendas e decide o teu futuro; goza do que atopas polo camiño e sé quen de abandonar o que non che convence; corre e explora cos ollos ben abertos; os lugares, a xente e as experiencias vividas no traxecto son, á fin e ao cabo, o máis importante, se cadra o único, que temos.
No ovo
Emma Lidia Squillari Editorial Kalandraka
Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños,cores e texturas- unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero axiña o espazo vai minguando a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer!
Bo camiño Valentiño!
Gracia Iglesias e Sara Sánchez Editorial Jaguar
O pingüín Valentiño decide facer o Camiño.Sae pimpante e lixeiro coa cantimplora e co sombreiro,as mans nos petos e un pano amarelo.Os seus amigos, xenerosos, danlle obxectos valiosos,polo que, en cada etapa da viaxe, vai aumentando a equipaxe.Ata que, con tantos “por se acaso”, non pode dar nin un paso.
Empezo a ler
A ovella que chocou un ovo
Gemma Merino Editorial Picarona
De 6 a 7 anos
A ovella Lola ten unha cantidade de la extraordinaria. Despois da rapa de primavera, Lola ve con preocupación que a súa marabillosa la crece de forma aloucada e descontrolada. Pero pronto descubre que toda esa melena de la é útil e que os bos amigos aparecen nos recunchos máis insospeitados.
El bosque de los cuentos
O Hematocrítico e Alberto Vázquez Editorial Anaya
El bosque de los cuentos é un lugar máxico e especial onde os personaxes clásicos Lobo Feroz, O Gato con Botas, Lobito, Riciños de Ouro...) viven novas e divertidísimas aventuras.
Miña Guía, Meu Capitán
Gonzalo Moure e María Girón Editorial Kalandraka
Extra!
Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro, que transmite a tenrura e a admiración entre os protagonistas.
Paco Nogueiras e Marc Taeger Editorial Kalandraka
A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!
Xa leo ben
Seres Fantásticos do camiño
De 8 a 9 anos
Xan Eguía Editorial Bululú
O protagonista deste libro pérdese no medio do bosque e na súa procura da saída atoparase aos máis variados personaxes da mitoloxía popular dos Camiños de Santiago, que son os verdadeiros protagonistas deste libro.
Bichopoemas e outras bestas
Leire Bilbao e Maite Mutuberria Editorial Kalandraka
Poemas con títulos tan suxestivos como o canto nocturno do grilo, como beber a chuvia, a resposta dos bicos, o jazz dos canos… fiados todos eles a través de criaturas que habitan na terra, a auga ou o aire.
A proba de auga
Anémona de Río Editorial Xerais
Os Minimortos
Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.
Ledicia Costas e Mar Villar Editorial Xerais
Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vida?
Leo case todo
Si no te gusta leer, no es culpa tuya
Jimmy Liao Bárbara Fiore Editora
De 10 a 12 anos
Un libreiro corre o risco de ter que pechar a súa libraría. Para entender por que cada vez menos persoas compran e len libros, pídelle ao seu fillo que xunte a un grupo de amigos para discutir se a beleza dos libros e o pracer de ler son cousas do pasado.
Ana de Las Tejas Verdes
Mariah Marsden e Brenna Thummler Editorial Maeva
Matthew e Marilla Cuthbert, dous irmáns de mediana idade, deciden adoptar a un neno orfo para que lles axude na granxa, pero unha confusión fai que chegue Ana Shirley. Co seu cabelo vermello e unha inventiva imparable, chega a Tejas Verdes e revoluciona deliciosamente todo Avonlea.
Mi abuelo tenía un hotel
Plan de rescate
Daniel Nesquens e Bea Enríquez Editorial Anaya
Antía Yañez e Xiana Teimoy Editorial Xerais
Nun hotel pasan cousas de todo tipo. Pero o hotel Eloísa, ademais, ten un magnetismo especial para atraer a hóspedes moi singulares. Desde un home disfrazado de salchicha a un distinguido cabaleiro disposto a alugar todas as habitacións, unha para cada noite. O hotel do avó ten unha clientela tan peculiar que nel danse as situacións máis estrambóticas.
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).
Bo Nadal
Felices lecturas
Busca no catálogo da nosa biblioteca os libros que che interesan