Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Xogo de Nadal do EDLG da EOI Vilagarcía de Arousa

edl

Created on December 17, 2020

Canto sabes do Nadal en Galicia?

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

XOGO DE NADAL

Comezar

01

¿Como se chama o período que comprende catro semanas antes ao día de Nadal?

Advento

Coresma

Pascua

A túa penitencia é carbón

Téntao outra vez

Carbóns e santas pascuas!

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

O Advento é período que dura entre 21 e 28 días e comprende os catro domingos anteriores ao día de Nadal. Nunca se inicia antes do 27 de novembro nin despois do 3 de decembro.

Seguinte pregunta

02

¿Que Belén galego incorpora persoeiros e outros elementos da sociedade actual?

O Belén de Baltar

O Belén de Begonte

O Belén de Valga

En que andarás a pensar? (Arturo) Baltar tamén montou un Belén!

Téntao outra vez

No portal de Belén hai... carbón?

Canta e téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

O Belén Artesanal en Movemento de Valga é unha das composicións de Nadal máis espectaculares de Galicia tanto polas súas dimensións como por recoller escenas típicas relixiosas e incorporar elementos da actualidade.

Seguinte pregunta

03

¿Onde se celebra a feira de capóns máis coñecida de Galicia?

Redondela

Vila de Cruces

Vilalba

Vas levar un capón!

Téntao outra vez

Andas como polo sen cabeza

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

A feira de capóns de Vilalba celébrase en Galicia desde hai uns douscentos anos. Ten lugar uns días antes da Noiteboa. Os capóns póxanse por parellas e os máis aparentes, grandes e gordos chegan a acadar prezos espectaculares.

Seguinte pregunta

04

¿Que outro nome recibe a Flor de Pascua?

Estrela de Nadal

Flor de México

Punsettia

Estrelácheste!

Téntao outra vez

"O que fai falla é máis coñecemento" (Eduard Punset) Non é punsettia, chámase poinsettia.

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

Flor de Pascua, Flor de Noiteboa, Estrela de Nadal ou Poinsettia son todos os nomes polos que se coñece a este arbusto de orixe mexicana que adorna os nosos fogares no tempo de Nadal.

Seguinte pregunta

05

¿De onde é orixinario o personaxe mítico do Apalpador?

Ferrolterra

O Courel

Trives

Viñeta de Luís Dávila (O Bicherío)

O apalpador vaiche deixar unha manchea de castañas

Téntao outra vez

As Terras de Trives son lar do Pandigueiro

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

O Apalpador é un personaxe mítico do Nadal galego procedente de O Courel, O Cebreiro e as terras de Lóuzara. O Apalpador palpa a barriga de nenos e nenas na noite de fin de ano.

Seguinte pregunta

06

Os nenos de Trives pedíanlle ao Pandigueiro...

bica manteigada

leite con castañas

tortas de améndoa

O Pandigueiro deixouche...

Téntao outra vez

"A falta de pan, boas son tortas" ou carbóns para ti.

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

O Pandigueiro é un personaxe da Terra de Trives que acode ao leito dos nenos que se tivesen que deitar coa barriga baleira na Noite de Nadal. Os nenos pedíanlle leite con castañas.

Seguinte pregunta

07

Na rosca de Reis agóchanse moedas, figuras ou...

castañas

fabas

ovos

Para ti agocharon...

Téntao outra vez

Pasácheste de rosca!

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

A orixe da faba nunha torta lévamos á época romana. Logo máis tarde na al-Andalus musulmá preparaban un pastel redondo parecido á rosca de Reis actual.

Seguinte pregunta

08

O aguinaldo é un agasallo que reciben os grupos de mozos en Aninovo e Reis por...

cantar panxoliñas

felicitar as Pascuas

repartir roscas

Desafinaches ben!

Téntao outra vez

Agora non me veñas dicindo panxoliñas! Levas carbóns!

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

Os aguinaldos son agasallos de Nadal ou Reis; e tamén panxoliñas propias destas datas aínda que reciben diferentes nomes segundo o día (vilancicos, xaneiras, manueis, Reis, etc.).

Seguinte pregunta

Na noite do 24 de decembro adoitaba prenderse...

09

un candil

unha candea

un tizón

Apaga o candil...

Téntao outra vez

Ai, que te queimas...!

Téntao outra vez

Parabéns! Levas un anaco de rosca

"É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. (...) Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume."Vicente Risco: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reed. Akal, Madrid 1979); vol. I, 255-777.

Seguinte pregunta

10

Na Illa de Arousa ao día seguinte a San Xulián, 7 de xaneiro, chámaselle o...

Día do Can

Día da Marmota

Día dos Miudiños

Non, aínda que ao día seguinte dormes como unha marmota!

Volve intentalo

Si, ho, na noite anterior ben que cantabas o Miudiño...

Volve intentalo

Parabéns! Levas un anaco de rosca

O Día do Can, 8 de xaneiro, é como na Illa de Arousa se refiren ao día de descanso seguinte ao Patrón San Xulián, 7 de xaneiro.

Preme aquí para rematar

Que enchente de rosca! Parabéns!

Para facer este xogo empregouse información contida neste libro. Podes atopalo no catálogo de galego da nosa biblioteca.

Bo Nadal 2020!