Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

ESTE NADAL RECOMENDAMOS...

englishcovas

Created on December 11, 2020

Recomendacións de lectura polo Equipo de Colaborador@s da Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Covas en Viveiro

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Semicircle Mind Map

Team Retrospective

Fill in the Blanks

Museum Flipcards

Image Comparison Slider

Microcourse: Key Skills for the Professional Environment

The Meeting Microlearning

Transcript

Este nadal busca un libro para agasallar

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA FEITAS POLO EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS EN VIVEIRO

COMEZAR

COMEZAR

Xavi le...

OLIVER BUTTON É UNHA NENA

Valoración

+ info

TOMIE dePAOLA

A Oliver Button chamábanlle nena. A el non lle gustaba facer as cousas que se supón que fan os nenos. Gustáballe xogar no bosque e saltar á corda. Gustáballe ler libros e facer debuxos?" Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura, xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar. O seu pai preferiría que practicase deportes pero, a súa falta de habilidade para o exercicio físico fai que os seus compañeiros de escola o marxinen...

Curiosidades

Antía le...

LA FAMILIA PANDA- somos un máis

Valoración

+ info

LEIRE SALABERRÍA

Libro de banda deseñada sobre a chegada dun irmán ou irmá á familia. "Somos un máis". Pero estas tres palabras poden poñer todo do revés.

Curiosidades

Noa le...

ISTO NON É UNHA SELVA

Valoración

+ info

SUSANNA ISERN

Todo comezou o día que Paula decidiu dicir que non. Dicir que non era ben divertido. Paula podía facer o que lle dese a gana. Foi daquela cando aconteceu: a súa casa converteuse nunha AUTÉNTICA selva con árbores, lianas, vexetación frondosa? e unha chea de animais facendo o que lles petaba.

Curiosidades

Elisa le...

INVISIBLE

+ info

Valoración

ELOY MORENO

Unha historia emotiva e conmovedora, diferente... Narra , a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós.

Curiosidades

Adrián le...

LA VACA DEL BRIK DE LECHE

Valoración

SOPHIE ADRIANSEN e MAYANA ITOÏZ

+ info

O protagonista está convencido que dentro do brik de leite ten que estar unha vaca. E que fai unha vaca dentro do brik? E cando está na neveira?Investigaremos para descubrir se hai unha vaca ou non. Un libro cheo de humor e de... vacas!

Curiosidades

Paula le...

LA VIDA SECRETA DE LOS VIRUS

Valoración

COLECTIVO ELLAS EDUCAN E MARIONA TOLOSA SISTERÉ

Un libro que nos da moita información sobre os virus contado con sentido do humor . Páxina a páxina imos descubrindo como son os virus, como están formados, como se reproducen e cales son os máis habituais. Entre eles tamén está o SARS-COV-2 que todos coñecemos.

+ info

Curiosidades

Izan le...

CARRIANDOLA-As abraiantes aventuras de Mariña

Valoración

SIMÓN BLANCOALOYSIUS

+ info

Estamos no ano 2020 dunha realidade alternativa nun mundo escuro, sen electricidade, con medo e fanatismo. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz.

Curiosidades

Lucas le...

O ACUARIO

Valoración

JOAO PEDRO MESSEDER

+ info

LA historia xira en torno a un acuario onde viven uns peixes. Todo parece normal pero non. Os peixes azuis son os donos e non deixan en paz ao peixe vermello. O tema do bullying nun acuario.

Curiosidades

David le...

LEOPOLDO, O PEQUENO MONSTRO

Valoración

ESTEFANÍA PADULLÉS

+ info

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe? Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.

Fala a autora

Ian le...

EL LOBO EN CALZONCILLOS.¡AHORA EN PANTALONES!

Valoración

+ info

Wilfrid Lupano- Mayana Itoïz- Paul Cauuet

Os calzoncillos do lobo fixéronse famosos... e agora todo o mundo os viste! E un ataque á súa identidade! Decide ir á fraga e quitalos. Prefire conxelarse de frío que volver poñelos...

Curiosidades

Hugo le...

O CHUVASQUEIRO DE AURORA

Valoración

MARÍA MÁRQUEZ PACO ORTEGA (ilustrador)

+ info

Á casa de Aurora chega todas as noites un monstro que as atemoriza a ela e á nai. Aurora séntese indefensa e asustada, e nai regálalle un chuvasqueiro máxico para que faga desaparecer o medo que o envolve todo. Abondará con iso? Poderá un chuvasqueiro axudar a protagonista deste conto?

Curiosidades

Juan le...

EXTRA- PACO NOGUEIRAS

Valoración

PACO NOGUEIRAS

+ info

Extra xa está aquí, é o teu xornal. As novas máis curiosas, sucesos especiais.Os temas máis diversos podes coñecer,os feitos máis recentes. Non os debes perder!

Curiosidades

Xoel le...

NICOLÁS COCIÑA SEN LUME

Valoración

+ info

ALICIA SUÁREZ

Gorro e mandil, mans limpas e a cociñar! Canapés, macedonia, xeado de plátano, batido de amorodo... Fácil e divertido, "día a día", seguindo os pictogramas.

Curiosidades

Naiara le...

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

+ info

Valoración

MAMÁ CABRA

Un libro delicioso cheo de receitas e cancións.

Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante chamado COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas…Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?

Curiosidades

Mireia le...

A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES

Valoración

HENRIQUE ALVARELLOS- XULIA NIETO

+ info

Cando cumpriu tres anos, Lucía recibiu un agasallo moi especial de mamá e papá: unha árbore. Un precioso freixo que medra no pequeno bosque preto da casa. Visítao todas as semanas: obsérvao, úleo, fálalle e, sobre todo, abrázao. Álex, o mellor amigo de Lucía, é cego, mais xuntos descobren igualmente un mundo fascinante cheo de sensacións. Un día o freixo ponse maliño, pero a natureza sempre segue o seu camiño...

Curiosidades

Valeria le...

O CAN DE MILU

Valoración

+ info

MARIANN MÁRAY

Neste libro atopamos á nena Milu e á súa peculiar mascota, o can Peluso. Na compañía deste, a nena vive moitas aventuras e entende o xerme do afecto que se sente por un animal, ademais do que significa a tenza responsable do mesmo.

Curiosidades

Icía le...

LOS 10 MEJORES CASOS DE SHERLOCK HOLMES

Valoración

lAROUSSE EDITORIAL

+ info

Un Libro de actividades para nenxs de 8-9 anos en adiante. Está baseado nos casos de Sherlock Holmes e o seu axudante o Doutor Watson aos que acompañan personaxes como Toby, o can detective ou o Profesor Moriarty, inimigo de Sherlock Holmes. Para botarlles unha man na resolución dos misterios o libro trae unha lupa filtrante, un revelador de enigmas e unha táboa de descodificación.

Curiosidades

Patricia le...

RING! RING!...QUEN RIMA?

Valoración

+ info

ANA MARÍA FERNÁNDEZ- ENRIQUE LÓPEZ

Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paisaxes… Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas… e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir… Con Ring, ring…! Quen rima?… poderás vivir.

Curiosidades

Zoe le...

EL GRAN LIBRO DEL MAR

Valoración

+ info

YUVAL ZOMMER

Por que o cangrexo camiña de lado? Por que os pingüinos non se conxelan? A estrela de mar é un peixe?Neste libro atoparás todas as respostas a estas e moitas máis preguntas sobre a fauna mariña.

Curiosidades