Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

NADAL NO IES FARO DAS LÚAS

Lingua galega e Literatura

Created on December 8, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

O IES Faro das Lúas deséxalles un próspero ano 2021!

Que lle pide o noso alumnado ao 2021?

Eu desexo non suspender ningunha materia, que se acabe a pandemia, non ter que usar máscara e que a vacina chegue a tempo. Benjamín C.

Espero do 2021 aprobar todo, que se vaia o virus e saúde para a familia. Rita B.

Quixera sacar moi boas notas e que o 2021 sexa mellor ca o 2020. Iker A.

Os meus desexos son ter moitos cartos e saúde. Anxo B.

Pídolle ao 2021 que estean sas todas as persoas que me importan. Anxo T.

Os meus desexos son que encontren unha vacina para o coronavirus e aprobar todas as materias para que miña nai se sinta orgullosa. Juanmi U.

Ao 2021 pídolle que faga que o coronavirus non siga existindo, pero como sei que non vai pasar, pídolle unha vacina eficaz e non máis enfermos. Ana S.

Quero sacar moi boas notas, que se termine a Covid-19 e saúde para todos. Aitana C.

O meu desexo para o 2021 é aprobar algunha materia que me custa un pouco. Manuel N.

Os meus desexos son aprobar todo, facer novos amigos e que todos pasemos de curso. Andrea P.

Quero que se acabe a Covid-19, ter a Next-Gen e o Fifa 21 e saúde para toda a familia. Breixo C.

Pídolle ao 2021 que a miña familia consiga o que necesita tanto no traballo coma nos estudos. Carmen V.

Espero que se acabe a pandemia e poder visitar Chicago. Carmen M.

O meu desexo para o 2021 é vivir nunha casa de dous pisos. Isaí A.

Pídolle ao 2021 estar vacinado contra a Covid-19 e poder estar coa miña xente. Gabriel V.

Eu quero saúde e que se poidan quitar as máscaras e mais a distancia social para poder darnos o noso primeiro abrazo sen ter que incumprir as normas. Iago V.

Gustaríame que no próximo ano 2021 rematase a pandemia a que todos tivésemos saúde. Rubén C.

O meu desexo para o 2021 é ter un invernadoiro urbano onde plantar cacao, plátanos, froitas tropicais, froitos do bosque, café, etc. Flavio P.

Desexo abrir unha frikipraza e vender manga. María José A.

Para este ano 2021 espero que mellore a situación da pandemia e poder viaxar a algún lugar que desexei visitar desde pequena. Noa G.

Desexo que a pandemia chegue ao seu fin. Alejandro de la O., Hugo B. e Ariadna O.

Desexo que neste ano 2021 as cousas vaian un pouco mellor. Quixera que todos cumprísemos coas nosas obrigas para intentar rematar co coronavirus. Tamén me gustaría poder viaxar a Alemaña para ver a miña prima recén nacida e que o ano termine ben. Carla M.

Para este 2021 desexo que acabe o virus para poder reunirme cos amigos e tamén para que poidamos coñecernos sen necesidade de levar a máscara. Brais C.

Anhelo que termine a pandemia para poder visitar familiares, quedar cos amigos, etc. Laura de la O.

Para o 2021 gustaríame quitar mellores notas. Uxía G.

Desexo que funcione a vacina contra o coronavirus, contar con máis vacacións e ter un bo ano. Brais C.

Desexo que o coronavirus desapareza, que non exista a pobreza, que non contaminemos, que non desaparezan animais en perigo de extinción, que non comamos animais... Lydia G.

Quero que remate a pandemia e deixar de levar máscara. Xela P.

Para o 2021 quixera volver estar coa familia e ter todos mellor saúde. Tamén me gustaría ter máis animais. Cristian F.

Desexo que remate a Covid-19. Ademais, quero poder practicar taekwondo para ir aos torneos a Corea do Sur. Catalina C.

Quixera que terminase a pandemia e poder deixar de usar máscara. Mauricio P., Luis V. e Xela P.

Anhelo para o 2021 ter saúde, que se acabe a ignorancia e ter mellores notas. Óscar P.

Neste 2021 quixera que as vacacións fosen máis longas. Tamén me gustaría que non nos confinasen de novo, non ter que levar máscara e facer unha festa enorme. Lara D.

Eu desexo que me toque a lotería,xa que moita alegría me daría.Un supersaúdodo voso amigo sortudo. Eloy F.

Desexo ter bos amigos, unha relación e ir de vacacións coa miña nai e a miña mellor amiga a Canarias. Borja I.

Desexo para este ano 2021 ter unha relación estupenda co meu irmán. Ángel N.

Eu anhelo adoptar un can. Xián P.

Neste próximo 2021 gustaríame que non houbese pandemia. Tamén quixera ter máis vacacións, que non houbese clase o martes pola tarde e, por último, sacar boas notas. Lara R.

Para o 2021 anhelo sacar boas notas, poder mellorar debuxando e que as miñas avoas se atopen ben. Antía C.

Desexo que todo o tema do coronavirus remate para poder darlle un abrazo ao meu avó. Se ese desexo se cumpre, xa sería mil veces máis feliz. Nerea G.

Os meus desexos para o 2021 son esforzarme máis nos estudos e ter unha actitude máis seria. Tamén quixera que todos nos fixésemos máis responsables cumprindo as normas contra o coronavirus, a ver se así acabamos xa con esta situación. Antía P.

Gustaríame poder seguir gozando dos veráns cos amigos e lograr algún récord Guinness. Ían C.

Os meus desexos son pasar a ESO e que se acabe a pobreza. Antonio R.

Pídolle ao 2021 que os cans e gatos abandonados consigan un fogar. Tamén quero facerme co videoxogo de Matías Candia. Claudia C.

O meu desexo de Nadal é que o coronavirus se acabe e poder ir tranquilo por aí sen máscara. Ademais, quero un cabalo hispano-árabe. Mateo

Os meus desexos son sacar boas notas neste curso e que haxa remedio contra todas as enfermidades. Yeray A.

Oxalá que todos os que sofren pobreza e escaseza de alimentos teñan máis sorte no 2021. Sara O.

Quixera que todas as persoas que teñen enfermidades graves se recuperasen. Sara R.

Desexo que este ano poidamos pasar o Nadal coa nosa familia. Iria R.

O meu desexo é aprobar tódolos cursos para poder chegar á Universidade e facer o que máis me gusta. José M.

Oxalá se acabe o cancro no mundo para que non morra máis xente ou que, polo menos, encontren unha cura efectiva. Alba B.

Para o 2021 pido que se acaben as guerras e que non haxa máis racismo. Miguel P.

Desexo que se acaben as guerras porque morren miles de persoas e causan moita destrución. Daniel S.

Os meus desexos son coñecer a Blackpink coa miña mellor amiga e que Monster High volva con calidade. Luis O.

Desexo saber definitivamente o que quero facer de maior. Sofía A.

Os meus desexos son coñecer a Blackpink coa miña mellor amiga e que Monster High volva con calidade. Luis O.

Os meus desexos para o 2021 son gañar a lotaría e que o coronavirus non estea presente no Nadal. Sabela R.

Pídolle ao 2021 que non haxa máis pandemias e ser moi feliz. Sindo G.

Os meus desexos para o 2021 son coñecer os meus ídolos en persoa e que todos nos atopemos ben. Ainhoa B.

Quixera conseguir o seu amor e encontrar traballo. Anxo C.

O meu desexo é que para o 2021 se acabe o virus. Érika P.

Desexo que remate a pandemia para poder volver abrazar e estar cos amigos. Natalia D.

Quero deixar de usar máscara en 2021. María P.

Os meus anhelos son seguir cos meus seres queridos, mellorar as notas e que o coronavirus se vaia. Sara F.

A miña arela para o 2021 é aprender outro idioma. Rubén H.

O meu desexo para o 2021 é superar 3º sen ningún problema. Bastian C.

Os meus desexos para o próximo ano son crecer como streamer profesional en Twitch, como creador de contidos e seguir estudando. Iván P.

Neste 2021 ansío que toda a poboación teña un pouco máis de cabeciña e que sexamos responsables. Desexo tamén que sexa un bo ano a nivel académico e que veña cargado de felicidade. Aitana C.

Para o 2021 desexo moita saúde para todos e que se poida volver á normalidade. Antonella L.

Anhelo para o 2021 que isto acabe e que xa non fagan falta as máscaras. Tamén quixera saúde para todos e poder aprobar todas as materias posibles. Rubén C.

Eu ansío conseguir aprobar todas as materias. Beatriz R.

Para o 2021 anhelo deixar de usar as máscaras e poder saír sen ningunha preocupación. Salvador F.

Eu desexo que dispensen a vacina contra o coronavirus en todo o mundo, que funcione e que poidamos saír da casa sen máscara. Álvaro R.

Quero que no próximo ano toda a miña familia estea moi feliz e completa. Carlos P.

Desexamos que a pandemia chegue ao seu fin. Carlos U., Laura G., Esteban N. e Damián R.

Eu pídolle ao 2021 poder retomar a normalidade, volver ás festas e, o máis importante, ter saúde. Rodrigo E.

Espero que o próximo ano sexa un pouco mellor ca este e que nos esforcemos o necesario para rematar ben o curso. Valeria R.

Desexo que o 2021 vaia, polo menos, un pouco mellor en canto á pandemia e tamén espero ter saúde. Á parte, ansío que cheguen mellores resultados académicos e con iso, máis agasallos. Roi F.

No próximo ano espero poder xogar a todos os xogos que me apeteza. Alejandro O.

Desexaría que puidésemos volver á normalidade canto antes, podendo facer as mesmas cousas de sempre e relacionándonos cos demais. En canto ao persoal, quixera un can. Sabela F.

Os meus desexos máis prezados son a paz entre todas as linguas e que todas as familias, a pesar de non poder reunirse este Nadal, estean sempre xuntas e sen pelexarse. Laura V.

A miña petición é que remate a pandemia para o 2021 e que todo volva á normalidade. Elisa T.

O meu anhelo é ter un Nadal tranquilo e poder pasar un ano mellor ca o 2020.

Desexo que para o ano se acabe esta pandemia e que desapareza a Covid-19, para que volvamos todos á nosa vida normal sen tantas restricións. Por outra parte, espero ter mellores notas no segundo trimestre e non estresarme tanto. Nahir T.

Para o 2021 ansío que todos poidamos volvernos xuntar sen necesidade de manter a distancia e que poidamos abrazarnos sen correr ningún risco. Andra G.

Anhelo que os problemas do 2020, como a Covid-19 e o racismo, deixen de existir en 2021. Laura C.

Este Nadal pido que todo o mundo poña a vacina contra a Covid-19 para poder volver á normalidade canto antes. Alicia F.

O meu gran desexo para este novo ano é un canciño. Este verán morreume a miña cadela de vella e bótoa moito de menos. Carmen O.

O meu anhelo é que haxa unha vacina e que dunha vez por todas se erradique o coronavirus. Marwa A.

Ansío que o ser humano deixe de ser tan parvo e que os animais en perigo de extinción, igual ca o resto, poidan vivir con normalidade. Pido que non sufran maltrato, que estean mellor coidados e que deixe de haber caza furtiva. Antía T.

Para o próximo ano desexo poder facer máis amigos e poder ver a toda a familia sen problemas. Daniel V.

O meu desexo é manter sempre viva a ilusión e a ledicia no corazón, non śo no meu propio, tamén no dos que me rodean. Ainara V.

O meu desexo para este novo ano é que se acaben as restricións para poder volver saír de maneira normal. Javier P.

Desexo que a vacina contra a Covid-19 sexa eficaz e que se erradique o virus. Alexis B.

Para o 2021 quixera unha moto, un móbil, saúde e boas notas. Juan V.

Só pido que a pandemia remate. Ángel V.

O meu principal desexo é que para o ano que vén mellore a situación da Covid-19, que a vacina funcione e que todo volva á normalidade. Pablo P.

O meu anhelo para este novo ano que entra é que a vacina do coronavirus funcione e así poidamos volver á normalidade dunha vez. Desta maneira poderemos non levar máscaras e non pasar frío nas aulas. Paula S.

O meu desexo é que este Nadal as persoas teñan precaución e que para o ano que vén as vacinas axuden a que poidamos volver á normalidade. Ariadna S., Claudia Lidia B., Jorge O. e Andrea

A miña arela para o 2021 é aprobar todo e poder chegar a Bacharelato con boa nota. Zoe N.

O meu desexo é aprobar todo e que chegue o verán. Yago F.

O meu anhelo é poder retomar cousas habituais antes da pandemia, como dar abrazos. Berta D.

Despois deste ano tan complexo, o meu desexo é que as vacinas funcionen. Tamén quixera que houbese paz no mundo e se eliminase a pobreza ou se encontrase cura contra outras enfermidades como o cancro, o VIH... Roberto L.

Desexo que a Covid-19 desapareza e poder volver á normalidade por completo. Oxalá que todas as persoas poidan volver estar cos seus amigos e familiares. Gonzalo A.

O meu desexo é que os avós e avoas deixen de estar en perigo. Sofía C.

O meu anhelo é que se extinga a Covid- 19 xa que está impedíndonos gozar da vida e estamos perdendo parte da nosa adolescencia. Debido a esta enfermidade faleceu moita xente e non quero que siga pasando. Laura R.

O que eu quero para o 2021 é poder volver á normalidade sen o virus e sen as máscaras, que as persoas recuperen a felicidade e que poidamos estar cos nosos seres queridos. Oxalá se cumpra. Itziar R.

Feliz 2021!