Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Miña nai
convafer
Created on December 7, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Relaxing Presentation
View
Modern Presentation
Transcript
Miña nai, miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentou a cariña co calorciño da súa. Miña nai, miña naiciña, Ai naiciña do corazón, moitas nais hai polo mundo pero como a miña non.
"Maternidad" Mercedes Ruibal
Rosana
A miña nai chámase Rosana, pero chámanlle Delia. Naceu en Mato Grosso (Brasil) o 20 de agosto. Cando era pequena era moi delgada e gustáballe facer moito deporte. Estudou Bacharelato. Traballou vendendo automóbiles. Agora traballa na hostalaría e gústalle o seu traballo. É morena de cabelo negro, cariñosa, guapa e amable. Gústalle ver películas. Non lle gusta a inxustiza. Con ela síntome feliz. Cando estou con ela paréceme boa nai. A miña nai dáme cariño e felicidade.
Gabriel
Aida
A miña nai chámase Aida. Naceu na Coruña o 23 de abril. De pequena era moi boa e tranquila. Gustáballe debuxar, facer teatro e xogar ao voleibol. Estudou Formación de Comercio e Márketing. Traballou de dependenta nunha tenda de roupa, camareira e caixeira de supermercado. Agora traballa de responsable nun supermercado. Gústalle moito o seu traballo. É de estatura mediana, ten os ollos marróns e a súa forma de vestir é chandal ou vaqueiros. O seu carácter é agarimoso e esixente con todo. Gústalle a natureza, os animais, bailar e ler. Non lle gusta o desorde e as mentiras. Con ela síntome feliz e alegre. Paréceme boa persoa. O que máis me gusta dela é cando me abraza e me enche de bicos. Non a cambiaría por ninguén!
Ada
Lorena
A miña nai chámase Lorena pero todos a chaman Lore. Naceu en Xinzo de Limia o 9 de novembro. De pequena era traste e gustáballe moito cantar e patinar. Estudou Logopedia. Traballou nuns grandes almacéns. Agora traballa nunha compañía de telefonía e gústalle moito o seu traballo. É alta, delgada, de pelo longo e cor laranxa e amarelo. É divertida, cariñosa e amable. Gústalle ler, patinar, facer exercicio... Non lle gusta madrugar. Cando estou con ela síntome feliz. Paréceme divertida. O que máis me gusta dela é que me bica todo o día. Amo a miña nai!
Vera
María de los Ángeles
A miña nai chámase María de los Ángeles pero hai xente que lle chama Ángeles e outros chámanlle María. Naceu en Cardiff (Gran Bretaña) o 30 de marzo. De pequena gustáballe xogar cos seus amigos, saltar á corda, ir subida no carro das vacas e ir ao prado coa súa avoa. Estudou Auxiliar de Clínica e Hixiene Dental. Traballou coidando a persoas maiores, agora traballa nunha clínica dental. Gústalle o seu traballo. Miña nai é de estatura media, ten os ollos marróns e o pelo longo e castaño claro. É boa, cariñosa, alegre, pero ás veces tamén se enfada. Gústalle pasear, ir visitar os seus pais, facer postres e estar en familia. Non lle gusta ter que avisarnos máis dunha vez para que fagamos as cousas. Con ela sinto tranquilidade, cariño, alegría. Paréceme a mellor nai do mundo. O que máis me gusta é que é boa comigo. Encántame cando me abraza e me dá bicos. É a nai máis boa do mundo!
Lucía
Yelly Nicoll
A miña nai chámase Yelly Nicoll, pero todos a chaman Nicoll. Naceu en O Bando, Valle do Cauca (Colombia) o 17 de xuño. Cando era pequena era tranquila, rebelde, amable e colaboradora. Gustáballe ir en patíns. Estudou Primaria e Bacharelato. Traballou limpando casas. Agora non traballa, coida as miñas irmás. É alta e moi guapa. O seu cabelo é longo e de cor negro. O seu carácter é tranquilo. Gústalle escoitar música. Non lle gusta que non lle fagan caso. Cando estou con ela sinto moito amor. O que máis me gusta dela é que é moi cariñosa. É a mellor nai!
Nayhiara
Carmen
A miña nai chámase Carmen pero todos a chaman Patane. Naceu en Navia (Asturias) o 7 de xullo ás 07,00. De pequena era simpática, espontánea e rebuldeira. Estudou a carreira de Psicoloxía. Traballou como orientadora laboral e coordinadora de equipos. Agora traballa como responsable de formación nunha asociación de empresas. É de altura media, un pouco “rechoncha”, ten o pelo marrón escuro e os ollos marróns claro. O seu carácter é alegre, cariñoso, ás veces ponse un pouco pesada, pero é divertida. Gústalle estar coa familia, cociñar, ir á praia ou ao mar, pasear, nadar e ler. Non lle gusta que o seu fillo non faga os deberes, a xente que non escoita aos demais e ter que traballar moitas horas. Cando estou con ela, sinto un calor no corazón moi reconfortante e moito amor.
Abel
Ana María
A miña nai chámase Ana María pero todos lle chaman Ana. Naceu na Coruña o 27 de decembro. De pequena era moi tranquila. Gustáballe patinar, subir ás árbores e coleccionar selos. Estudou Corte e Confección e Auxiliar de Enfermería. Traballou de modista nun taller de confección. Agora traballa nun hospital e encántalle o seu traballo. É morena, de estatura media. É seria, recta e divertida. Gústalle o cine, a música, a bici e nadar. Non lle gusta anoxarse e que non estudemos. Cando estou con ela, sinto alegría, paréceme boa. O que máis me gusta dela e que é divertida.
Martín
Miriam
A miña nai chámase Miriam pero chámolle mamá. Naceu o 5 de abril en Paraguai. Cando era pequena era rebuldeira, inqueda e brincadora. Gustáballe facer cometas e o tiro con arco. Estudou Confección e Contabilidade. Traballou de maquinista industrial. Agora traballa nun supermercado. Gústalle o seu traballo. É alta e ten o pelo longo e castaño. Os seus ollos son marróns. É divertida, graciosa e alegre. Gústalle coser, cociñar e facer tortas. Non lle gusta o chocolate. Cando estou con ela sinto moita felicidade e alegría. Paréceme moi ben, é xenial. O que máis me gusta dela é que cando estou triste sempre está comigo. Non a cambiaría nunca!
Aldara
Sandra
A miña nai chámase Sandra. Naceu na Coruña o 15 de marzo. Cando era pequena gustáballe xogar coas súas amigas, coser e o baile galego. Estudou a licenciatura de Socioloxía. Traballou para unha firma de roupa e agora traballa nunha asesoría. Gústalle o seu traballo. É alta, ten o pelo castaño escuro, os ollos marróns e é boa, amable e ás veces un pouco mala. Gústalle facer exercicio, ler e falar coas súas amigas. Non lle gustan as “polillas”, cando me porto mal e ter a casa desordenada. Con ela sinto cariño. Felicidade, seguridade... Paréceme unha boa nai e non a cambiaría por nada. O que máis me gusta dela é... TODO!
Xoel
Verónica
A miña nai chámase Verónica pero chámanlle Vero. Naceu na Coruña o 3 de febreiro. De pequena era coma eu, rebuldeira e curiosa e gustáballe moito ir en bici e xogar ao fútbol. Estudou Administrativo e traballou nunha xestoría. Agora traballa nun supermercado, en panadaría. Encántalle o seu traballo! Leva gafas, o pelo castaño e ten a pel coma eu, branquiña. É encantadora e amable. Gústalle xogar en familia e ao fútbol no parque. Non lle gusta que me porte mal e desobedeza. Con ela sinto amor, protección. Paréceme unha nai xenial. O que máis me gusta dela é a felicidade que me dá.
Daniela
Ana María
A miña nai chámase Ana María pero gústalle que a chamen Ana, Anita ou Anusqui. Naceu en Santiago de Compostela o 8 de xullo. Cando era pequena era moi inqueda, divertida e pallasa. Gustáballe moito xogar cos seus primos na aldea e cos seus amigos na rúa. Estudou EXB, BUP, COU e despois licenciouse en Farmacia. Traballou en Oviedo e mais en Vigo, e agora traballa nunha farmacia na Coruña. Encántalle o seu traballo porque axuda aos demais. É de estatura media, un pouco “gordecha”, ten o pelo longo de cor castaña e os ollos marróns, case negros. É moi agarimosa, mandona, comprensiva, esixente e traballadora. Gústalle xogar ás cartas, ler, ver series, facer deporte... Non lle gustan as inxustizas, cando lle desobedezo, as mentiras, as nabizas nin ir de compras. Con ela sinto agarimo, paréceme moi divertida. O que máis me gusta dela é que xoga moito comigo.
Iago
María Montserrat
É a miña nai e chámase Montse, eu chámoa mamá. Naceu en Barakaldo, Biscaia. De nena era delgada, pequena e mala comedora. Gustáballe saír á rúa a xogar e non verán, ir á praia. Estudou un FP de Téxtil. Traballou nunha empresa de confección e agora traballa de profe de FP. É morena, de pelo curto, delgada e de estatura baixa. É cariñosa e amable, menos cando se enfada con nós, que é dura e nos castiga. Gústalle andar, ver películas, o Dépor, o seu traballo e ir de compras sen Antía. Non lle gusta que nos portemos mal, o desorde, as inxustizas e a mentira. Con ela sinto felicidade, paréceme amable, boa e graciosa. O que máis me gusta é que sempre me axuda.
Breogán
Paloma
A miña nai chámase Paloma. Naceu na Coruña o 16 de outubro. De pequena era moi tranquila e gustáballe xogar coas bonecas. Estudou Deseño Industrial. Despois traballou nunha empresa de sinalización e noutra de facer películas. Agora traballa na casa. É de estatura media e morena e o seu carácter é tranquilo e agarimoso. Gústalle ir ao cine, andar en bicicleta, pintar, escoitar música, viaxar... Non lle gusta o fútbol, nin a violencia e moito menos as inxustizas. Con ela sinto seguridade, paréceme unha nai estupenda. O que máis me gusta dela é que é moi agarimosa. Non a cambiaría por nada!
David
Ana
A miña nai chámase Ana. Naceu na Coruña. De pequena gustáballe facer o pino, saltar e bailar baile galego. Estudou a carreira de Empresariais. Traballou en contabilidade de empresas. Agora non traballa pero gústalle máis ir ao traballo que quedar na casa. É de estatura media, ten os ollos marróns e o pelo curto. É boa, cariñosa e amable. Gústalle estar coa súa familia e viaxar. Non lle gusta que miña irmá e mais eu pelexemos. Con ela síntome ben e contenta. Paréceme divertida. O que máis me gusta dela é que sempre está aí cando o preciso. Non a cambiaría por ninguén!
Marta
Carmen
A miña nai chámase Carmen. Naceu en Mazaricos (A Coruña) o 1 de novembro. De pequena era tranquila e gustáballe xogar coas bonecas. Estudou Bacharelato, Administrativo e Graduado Social. Traballou nun comercio. Agora traballa nun bar de cociñeira. Ás veces, gústalle. É alta, ten os ollos marróns e o pelo castaño. Ás veces berra comigo cando non recollo, pero no fondo é moi agarimosa. Gústalle ler, ver a tele, viaxar e facer postres. Non lle gusta limpar, o desorde e ver películas de medo. Con ela síntome segura e paréceme moi boa. O que máis me gusta dela e que é moi amable.
Antía
Marina
A miña nai chámase Marina. Naceu en Alfoz o 13 de xullo. Cando era pequena era unha nena boa, tranquila e traballadora. Gustáballe xogar coas súas amigas. Estudou na universidade Ciencias Económicas. Traballou en administración, foi ama de casa e agora volve traballar en administración. Gústalle moito o seu traballo. Ten os ollos medianos e marróns, o pelo é de cor negra e lévao polos ombros, a boca pequena e o nariz mediana. Gústalle que me porte ben e que obedeza. Non lle gusta que me porte mal, que non obedeza e enfadarse moito. Con ela sinto cariño e tranquilidade. O que máis me gusta dela e que é moi boa e que sabe que ten que rifar cando eu fago unha cousa mal. É moi boa nai!
María
Patricia
É a miña nai e todos a chaman Pati. Naceu na Coruña o 13 de xuño. De pequena era unha rapaza tímida e gustáballe xogar a xogos populares coma a raiola e o brilé. Estudou unha EXB e logo un Ciclo Superior de Administrativa. Sempre traballou en tendas de roupa e gústalle moito o seu traballo. É de estatura media e guapa, con cabelo longo e ollos marróns. O seu carácter é tranquilo. Gústalle cociñar, ler, ver a casa limpa e recollida, os animais, pasear ao aire libre e o que máis lle gusta e ir á praia todo do día. Non lle gustan os deportes de risco, as atraccións e as inxustizas. Con ela sinto felicidade e diversión. Non a cambiaría por nada do mundo!
Mateo
Marlene
A miña nai chámase Marlene, pero todos a chaman Mar. Naceu en Cuenca (Ecuador) o 24 de maio. Cando era pequena gustáballe xogar coas bonecas e ás “tendiñas”. Estudiou Contabilidade e traballou na zapatería da miña avoa. Agora traballa de teleoperadora. Gústalle moito o seu traballo. É delgada, morena, alta e de pelo longo. Gústalle bailar, pasear, xogar, pintar e ver películas. Non lle gustan as mentiras, as ratas, o desorde e as arañas. Con ela séntome feliz. Non a cambiaría nunca!
Carla
Conchi
A miña nai chámase Conchi e sempre adoitan chamala polo seu nome. Naceu en Basilea e a súa data de nacemento é o 13 de maio. Cando era pequena era moi boa e gustáballe debuxar e escribir poemas. Estudou Económicas. Traballou de teleoperadora e agora vende casas e di que lle gusta o seu traballo. É guapa, ten gafas, o pelo de cor castaño e os ollos marróns. De carácter é moi boa, agarimosa e simpática. Gústalle moito viaxar. Non lle gusta enfadarse. Con ela síntome moi contenta. O que máis me gusta dela e que non me minte. É a mellor nai do universo!
Lola
Paula
A miña nai chámase Paula ou mamá. Naceu en Sigüeiro o 24 de xaneiro. Cando era pequena era boa e facía teatro e bailaba. Estudou a ESO e Perruquería. Traballou en moitas cousas e lle gustaron todas. Agora é caixeira e tamén lle gusta. É guapa, alta, delgada e divertida. Gústalle ir de viaxe. Non lle gusta que lle desobedeza. Con ela sinto alegría, paréceme moi boa, gústame todo dela. Non a cambiaría por ningunha!
Zaira
María Carmen
A miña nai chámase María Carmen pero todos a chaman Carmen. Naceu en Sigüeiro-Oroso o 29 de maio. De pequena era alegre, gustáballe xogar coas amigas. Tamén lle gustaba moito ir ao cole... Primeiro foi ao colexio de Sigüeiro. Despois foi ao instituto a Santiago. Traballou nunha fábrica de camisas. Agora traballa de pinche de cociña no hospital da Coruña e gústalle moito o seu traballo. É de estatura mediana, ten o pelo ondulado, a pel é de cor clara e os ollos son marróns escuros. O seu carácter é alegre. Sempre está moi guapa. Gústalle moito viaxar, coñecer vilas e aldeas, ir á praia, ir de paseo, pero o que máis lle gusta é estar comigo. Non lle gustan as atraccións fortes, non lle gusta o cheiro a tabaco, tampouco lle gusta madrugar moito e tampouco lle gusta ter a casa desordenada. Con ela sinto alegría, tranquilidade, paz e seguridade. Paréceme unha nai fantástica, moi alegre... O que máis me gusta dela e pasar tempo xuntas, xogando, paseando...
Paula
Clara
A miña nai chámase Clara. Naceu na cidade da Coruña o 8 de maio. Gustáballe o patinaxe artístico cando era pequena. Quixo estudar ata Bacharelato. Traballou nunha compañía telefónica toda a súa vida. A miña nai é moi tranquila. Gústalle moito pintar con ceras pero non lle gusta cociñar pratos novos. Con ela sinto moita felicidade. Paréceme boa, agarimosa e feliz. O que máis me gusta dela e pasar moito tempo xuntos. Non a cambiaría por nada do mundo!
Diego
María Belén
Eu chámolle mamá pero o resto da xente chámaa Belén. Naceu na Coruña o 31 de agosto. De pequena era cariñosa, obediente e moi faladora. Gustáballe xogar coas bonecas, debuxar e escoitar música. Estudou a carreira de Mestra de Educación Primaria na Universidade da Coruña. Desde que empezou a traballar foi educadora de ocio nas actividades extraescolares do concello e tamén nos comedores escolares. Encántalle o seu traballo porque non ten que poñer notas. Non e moi alta, ten o pelo longo e marrón. É moi simpática, aínda que ten mal xenio cando se enfada. Gústalle contar historias, resolver xogos de misterio, a música rock e o libros de bruxas. Non lle gustan as faltas de ortografía, o desorde e que lle toquen o nariz. Con ela sinto cariño, amor e que podo contarlle o que sexa. Non a cambiaría por nada!
Cristina
Áurea
A miña nai chámase Áurea pero chámanlle Auri. Naceu o 12 de decembro. Cando era pequena gustáballe patinar. Estudou Administración e Finanzas. Traballou en axencias de viaxes. Agora traballa coordinando equipos de venda. Non lle gusta o seu traballo. É loura, delgada e o se carácter un pouco “gritón”. Gústanlle as tics, o deporte e viaxar. Non lle gusta que a esperten cedo as fins de semana. Non me gusta cando berra, pero no fondo é boa persoa. O que máis me gusta dela é que xogue comigo.
Miguel
Alumnado de 4º B
CEIP Juan Fernádez Latorre