Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

0 copia copia

VPA

Created on November 29, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

January School Calendar

Genial Calendar 2026

School Calendar 2026

January Higher Education Academic Calendar

School Year Calendar January

Academic Calendar January

Comic Flipcards

Transcript

Accións principais da oferta formativa

Accións formativas do profesorado

Detección de necesidades formativas

Accións formativas desde o centro

Accións formativ desd o centro

Actividades formativas a custo cero

Ministerio de Educación y Formación Profesional

Idiomas

Formación en aberto desde Platega

Formación en aberto desde o INTEF

Formación en aberto desde o CAFI

CIFP Valentín Paz Andrade

Detección de necesidades formativas

Polo CFR: a través do seu propio modelo que cubren os xefes de departamento e se remite ao CFR.

A proposta do docente: a través da web de FPROFE, menú “Detección de necesidades”.

Polo centro: a través do modelo MD71FOR02 que cubren os xefes de departamento.

FPROFE

O centro con estas propostas poderá organizar actividades de temática transversal: elaboración de programacións, aula virtual....

A Consellería de Educación con estas propostas poderá organizar actividades formación que publicará na web de FPROFE dirixidas a todo o profesorado da comunidade.

CIFP Valentín Paz Andrade

Accións formativas desde o centro

Proxectos de Formación para o Profesorado de FP

Plans de Formación Permanente do Profesorado

info

info

CIFP Valentín Paz Andrade

Plans de Formación Permanente do Profesorado

FPPP

Obxectivo: actualización e perfeccionamento das competencias profesionais docentes para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.

Constará dun grupo de traballo ou seminario máis un curso.

Solicitude: a través da dirección do centro.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Proxectos de Formación para o Profesorado de FP

FPFP

Obxectivo: dar cobertura formativa ao profesorado con inquedanzas investigadoras e innovadoras para favorecer a inserción laboral do alumnado a través de propostas de mellora dirixidas ao sector produtivo ou á aula.

Participantes: 4 docentes mínimo.Duración: 20 horas mínimo. Docencia: máximo 50%.

Solicitude: a través de FPROFE.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Accións formativas do profesorado

Estadías formativas en empresas

LICENZAS POR FORMACIÓN

02

01

info

info

CIFP Valentín Paz Andrade

LICENZAS POR FORMACIÓN

  • Pretenden facer partícipe ao profesorado na realización de proxectos de investigación elaborando materiais didácticos, sen esquecer a especificidade da formación profesional, que lles permita afondar nesta vertente do seu labor profesional e, ao mesmo tempo, que proporcionen o seu coñecemento e experiencia ao conxunto da comunidade educativa no deseño de actividades de formación a distancia.
  • Modalidade 3: proxectos individuais.
  • Modalidade 4: grupos de traballo de dous ou tres membros.
  • Solicitude: a través de FPROFE.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS

  • Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
  • Modalidade A: empresas da convocatoria.
  • Modalidade B: a empresa é proposta polo propio interesado.
  • Solicitude: a través de FPROFE.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Idiomas

Cursos CALC

Obxectivo: preparación do profesorado para a superación das probas de certificación das EOI, nos niveis intermedio B1 e B2, e avanzado C1 e C2.

Os cursos CALC impartiranse nas escolas oficiais de idiomas.

Solicitude: a través de FPROFE.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Actividades formativas a custo cero

  • En calquera momento do curso e, sempre cunha antelación mínima de 30 días do inicio da actividade, os xefes dos departamentos poderán propor actividades de formación a través da coordinación de formación.
  • Esta modalidade terá un custo cero para docencia e materiais.
  • A duración da actividade formativa será como mínimo de 20 horas.

CIFP Valentín Paz Andrade

Ministerio de Educación y Formación Profesional

Cursos en rede de formación do profesorado

Cursos "Aula do futuro"

Cursos de verán

+info

+info

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Cursos en rede de formación do profesorado

  • Cursos titorizados en liña para a formación permanente do profesorado de niveis non universitarios.
  • Dúas convocatorias anuais.
  • Cursos sobre docencia a distancia, deseño de experiencias de aprendizaxe, creación de recursos educativos, protección de datos,...
  • Duración: 70 horas.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Cursos de verán

  • Os cursos teñen unha duración dunha semana e impártense nas Sedes da UIMP situadas en Madrid, Santander, A Coruña, Cuenca, Valencia, Huesca, Sevilla e Santa Cruz de Tenerife.
  • A convocatoria inclúe unha axuda para os gastos de matrícula, aloxamento e manutención.
  • Desenvólvense na primeira quincena do mes de xullo.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Cursos "Aula do futuro"

  • Obxectivo: dar resposta aos variados retos aos que se enfrontan os docentes no seu labor diario e que necesitan dunha formación adecuada que lles permita desenvolver respostas acordes ás necesidades dos alumnos.
  • Cursos sobre aprendizaxe baseado en proxectos, evaluación formativa digital, aprendizaxes STEM,...
  • A convocatoria inclúe unha axuda para os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Formación en aberto desde Platega

Estes materiais están dispoñibles en aberto con ánimo autoformativo. A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o labor docente.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Formación en aberto desde o CAFI

  • O CAFI pon a disposición do profesorado galego unha serie de cursos de formación aberta en PLATEGA que polo seu contido, relacionado co manexo de ferramentas dixitais e as metodoloxías para o seu aproveitamento, poderán servir de axuda no desenvolvemento do traballo docente.
  • Estes cursos, que incluirán só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade

Formación en aberto desde o Intef

  • Son experiencias de aprendizaxe abertas a calquera persoa interesada, con propostas orientadas á agregación dixital de evidencias, un enfoque eminentemente práctico, e un plan de actividades que fomentan a adquisición, a mellora e o desenvolvemento da competencia dixital docente.
  • Estas experiencias poden ter unha duración que oscila entre 10 días e 5 semanas, cun esforzo estimado que pode ir desde os 180 minutos até as 30 horas.

+info

CIFP Valentín Paz Andrade