20 DE NOVEMBRO - DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
estibaliz_84
Created on November 20, 2020
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
FOOD 1
Presentation
TANGRAM PRESENTATION
Presentation
COUNTRIES LESSON 5 GROUP 7/8
Presentation
STAGE2- LEVEL1-MISSION 2: ANIMATION
Presentation
LIBRARIES LIBRARIANS
Presentation
WORLD WILDLIFE DAY
Presentation
FOOD AND NUTRITION
Presentation
Transcript
Hoxe celebramos o Día Universal da Infancia, unha xornada que se aproveita para organizar actividades co fin de concienciar sobre os dereitos dos/das máis pequenos/as.Pero, sabedes desde cando se celebra e cales son as principais situacións de desigualdade que podemos denunciar durante esta xornada?
20 de Novembro
Día Universal da Infancia
A primeira referencia sobre esta data atopámola na Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, na que estaban implícitos os dereitos das nenas e dos nenos, aínda que non o suficientemente explicados. Isto levou a que os integrantes da ONU crearan o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os Nenos e as Nenas (UNICEF) e que, máis adiante, se comprometeran a precisar os dereitos específicos dos e das menores.
En 1954, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou a todos os países que destacasen un día no calendario para adicalo á promoción dos dereitos das pequenas e dos pequenos, organizando actividades para promover o seu benestar social. Cinco anos máis tarde aprobouse a Declaración dos Dereitos dos nenos e das nenas, un texto que garante aspectos fundamentais da vida dos e das menores..
En 1975, iniciouse unha nova discusión para actualizar os principios establecidos na primeira declaración e 14 anos máis tarde, en 1989, entou en vigor a Convención Sobre os Dereitos do Neno e dos protocolos facultativos para o seu desenvolvemento, os cales foron actualizados no ano 2000 coa entrada do novo século..
Datas importantes
2000 - Actualización da Convención sobre os dereitos da infancia
1989 - Convención sobre os dereitos da infancia
1959 - Declaración dos dereitos dos nenos e das nenas
1954 - Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU)
1948 - Declaración dos dereitos humanos
A pesar de que cada país elixiu un día diferente para celebralo, tómase como referencia a data de publicación deste texto para a súa celebración internacional e de aí que o 20 de novembro sexa o Día Internacional da Infancia. .
Non esquezas anotalo na túa axenda!!
PARA REMATAR, DÉIXOVOS UNS VÍDEOS MOI ESPECIAIS.ENTRE OS TERREOS ÁRIDOS E ABRASADOS POLO SOL DE UGANDA ATÓPASE "MASAKA KIDS AFRICANA", UN REFUXIO ONDE DAN COMIDA, ROUPA, EDUCACIÓN E ATENCIÓN SANITARIA A NENOS E NENAS ORFAS. EN UGANDA A FAME NON É ALGO EXTRAORDINARIO...MÁIS DUN TERZO DA PROBLACIÓN VIVE POR DEBAIXO DO LÍMITE DA POBREZA.nO MEDIO DE TODO ISTO, OS CONFLITOS E O DESAMPARO, ESTES PEQUENOS ATOPAN UNHA RAZÓN PARA SORRIR: BAILAR!!! CREAN COREOGRAFÍAS ANIMADAS E MOI PEGADIZAS PARA COLGALAS NAS REDES E CONSEGUIR RECURSOS PARA QUE NINGÚN NENO E NINGUNHA NENA DE UGANDA PASE FAME NUNCA MÁIS. ESTES PEQUENOS/AS ESTÁN FEITOS UNS YOUTUBERS!! A MOVERSE!!! E, SOBRE TODO, A SORRIR!!!
MASAKA KIDS AFRICANA
"Abrígales la infacia y no pasarán frío el resto de su vida"