Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Guía medios telemáticos

Daniel Pereiro

Created on November 15, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Microsite

Essential Microsite

Essential CV

Practical Microsite

Akihabara Resume

Tourism Guide Microsite

Online Product Catalog

Transcript

Manual de ferramentas de educación a distancia para familias e alumnado

Que é o ensino non presencial?

Aula virtual Moodle

Videoconferencias con Webex...

EMPEZAR

Inicio

Aula virtual

Videoconferencias

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Que pretende ser este manual?

Este manual pretende ser unha miniguía visual das distintas ferramentas de ensino virtual que desde a Consellería de Educación se subministran ao centro para o seu emprego en caso de necesidade de ensino a distancia por confinamento dunha aula ou de todo o colexio. Esta guía está orientada ás familias do alumnado do CPI Plurilingüe Fonte Díaz co obxectivo de que coñezan os medios polos que se vai establecer un proceso de aprendizaxe entre o alumnado e o profesorado. No comezo deste curso, o profesorado do colexio xa estivo instruíndo ao alumnado no manexo destas ferramentas, pero cabe a posibilidade, sobre todo no caso do alumnado de menor idade, que precisen axuda dos seus proxenitores en algún momento ou que deban ser acompañados nos primeiros días de traballo coas ferramentas telemáticas As ferramentas a que se fai referencia neste manual son dúas: a Aula Virtual do centro, onde o alumnado disporá de recursos e tarefas para facer, e o programa de videoconferencia Cisco Webex Meetings, co cal se poderá conectar nas horas de clase establecidas no seu horario, co profesorado correspondente. Tanto a Aula Virtual Moodle como Cisco Webex Meetings son ferramentas corporativas de uso obrigatorio por parte do centro a partir de 3º curso de Educación Primaria. Agardamos que esta guía lles sexa de utilidade. O equipo directivo do CPI Fonte Díaz.

Aula Virtual CPI Fonte Díaz

Videoconferencias con Webex

IR

IR

Aula virtual

Videoconferencias

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Que é unha aula virtual?

Como entrar na aula virtual

Unha aula virtual é unha plataforma de ensino a distancia onde profesorado e alumnado intercambian contidos nun entorno en liña. Funciona como un dispositivo de comunicación, un espazo para atender consultas e tamén avaliar aos participantes. Será a través da aula virtual que o profesorado subministrará recursos (apuntes, vídeos, páxinas web, etc ) ao alumnado e tamén onde lle propoñerá as tarefas a realizar. Será por medio da aula virtual que o alumnado terá que entregar as tarefas e tamén onde lle serán devoltas corrixidas polo profesorado. Prema nas ligazóns para acceder aos videotitoriais onte se explica o seu funcionamento. Están por orde pensando naquelas persoas que non coñecen co funcionamento dunha aula virtual e é así como deben visualizarse. Tamén se pode acceder directamente aos apartados para o caso de usuarios/as máis experimentados/as

Personalización da Aula virtual

Estrutura da aula virtual

Estrutura dun curso tipo da aula virtual

Entrega de tarefas

Probas tipo test

Cualificacións

Aplicación Moodle para móbil

Aula virtual

Aula virtual

Videoconferencias

Videoconferencias

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Videoconferencias con Cisco Webex Meetings

Cisco WebEx Meetings é unha ferramenta de videoconferencia para organizar reunións en liña con múltiples persoas usuarias. Esta ferramenta, permite reunións en calquera lugar e en tiempo real na rede, mostrar presentaicóns e compartiro o escritorio do ordenador, incluídas aplicaciones, xanelas e os arquivos abertos. É o programa de videoconferencia que a Consellería subministra ao profesorado para levar a cabo as clases telemáticas co seu alumnado. Para conectarse co profesorado, o alumnado precisa dun dispositivo (ordenador, tablet ou smartphone) que teña conexión á internet, cámara, micrófono e altofalantes. Dependendo de se a conexión se fai cun ordenador ou cun dispositivo móbil (teléfono ou tablet) o acceso ás videoconferencias varía mínimamente. Nas seguintes ligazóns teñen uns breves titorias que explican a instalación uso desta ferramente en ambos dispositivos:

WEbex en ordenador

WEbex en móbil