Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PRESENTACIÓN 25N

danieladiosiglesias

Created on November 13, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

Judith Butler

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ÍNDICE

1.VIOLENCIA DE XÉNERO NA PANDEMIA

2.VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES SOCIAIS

3.INFORMACIÓN ÚTIL NAS REDES SOCIAIS

1. VIOLENCIA DE XÉNERO NA PANDEMIA

A pandemia que estamos a vivir está afectando en moitos ámbitos e tamén está a repercutir no aumento dos casos de violencia de xénero. Durante o confinamento houbo menos denuncias pero non é algo positivo xa que isto foi debido ao control ao que foron sometidas as vítimas e non á menor incidencia.

Desde abril o número de chamadas dirixidas ao 016 aumentou un 73% isto debeuse a que moitas mulleres quedaron confinadas cos seus agresores. Durante a primeira quincena de abril produciuse un incremento do 48% no número de chamadas con respecto á primeira quincena do mes de marzo, un aumento que ascendía ata o 73,3% no caso das consultas online.

O seguinte gráfico amosanos de forma máis simplificada o número de chamadas efectuadas ao 016 no 2019 e no 2020

2. VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES SOCIAIS

Co paso do tempo e o desenvolvemento das redes sociais e dispositivos electrónicos e móbiles, apareceron novas formas de violencia e abuso psicolóxico contra as mulleres . O ciberacoso é un delito que afecta principalmente a mulleres e mozos. Estímase que o 18% das rapazas menores de 15 anos xa foron vítimas dalgún tipo de acoso a través das redes.

Algunhas formas de acoso nas redes socias :

Cyberstalking: É a persecución e / ou ameaza repetitiva cara a unha persoa a través de Internet e medios electrónicos, que pode acabar como unha persecución real.

Doxing: É un tipo de delito no que agresor publica ou transmite datos persoais ou identificables da persoa.

Sextorsión: O agresor utiliza as imaxes íntimas para chantaxear a unha persoa, ameazando con difundilas se non obtén o desexado (cartos, favores sexuais, vantaxes profesionais, etc.)

Slutshamming: É a práctica de criticar e culpar ás mulleres por comportarse dun xeito que algúns perciben como promiscuo ou fóra dos roles de xénero tradicionais.

Revenge Porn: Trátase do crime cometido a través da exposición pública de imaxes, fotos ou vídeos íntimos de terceiros de xeito non consensuado. (aínda que as imaxes foran tomadas co consentimento da vítima)

3. INFORMACIÓN ÚTIL NAS REDES SOCIAIS

Páxinas, youtubeir@s, tuiteir@s, instagramers,... que dan información interesante sobre este tema e/ou Feminismo:

INSTAGRAM

TWITTER

PODCAST

@NuriaCSopena

@modernadepueblo

"Tramas maestras", Leticia Dolera

@AmeliaValcarcel

@tres.voltes.rebel

"Las chicas", varias

@amalietorres

@tambienviajan

@librarialiladelilith

@enluchamujeres

@towandarebels1

@LauraRdondo

@amelia_tiganus

PÁXINAS WEB :

http://feminicidio.net www.isabelruizruizilustracion.com

https://violenciagenero.igualdad.gob.es/gl/home.htm

https://observatorioviolencia.org/documentos/18607/

http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0

FIN

-Equipo de Dinamización da Lingua

Daniela Dios