Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

SERES MITOLÓXICOS NO CAMIÑO!

CEP LOIS TOBÍO

Created on November 10, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

seres mitolóxicos

no camiño!

CEP LOIS TOBÍO

Curso 2020/2021

EQUIPO DE BIBLIOTECA - EDLG - VOZ NATURA

SERES MITOLÓXICOS

NO CAMIÑO!

SERES MITOLÓXICOS

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

O CAMIÑO DO MAR

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

Este ano o proxecto integral do centro xira en torno ao "camiño do mar". este é unha variante do famoso camiño de santiago que pasa polo noso concello.Nesta actividade imos a coñecer mellor este camiño. Os peregrinos que por el pasan, atravesan distintos montes e bosques, bordeando a nosa costa camiño de santiago. as lendas contan que por eses bosques rondan distintos seres mitolóxicos. Nesta actividade ímolos descubrir.

A actividade consiste en elaborar unha historia (unha por clase) ambientada no camiño do mar, e na que a personaxe protagonista será o ser mitolóxico que lle coresponde a cada curso. Deixade voar a vosa imaxinación!!!

O EQUIPO DE BIBLIOTECA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA voz natura

O CAMIÑO DO MAR

CAMINO DE SANTIAGO

+INFO

+INFO

+INFO

+INFO

seres mitolóxicos galegos

+INFO

+INFO

Seres mitolóxicos de cada curso

+INFO

+INFO

TRUBINCO

TARDO

OLLÁPARO

DONAS

PUPEIRIÑAS

MARUXAINA

trubinco

o trasno do nadal

Os trubincos son unha especie de trasnos propios do Nadal dalgunhas zonas de Galicia. Estas criaturas revoltosas, baixan pola cheminea en Noiteboa e acostuman a mover as cousas do seu sitio.Débense deixar unhas carozas con brea como agasallo para evitar que fagan trasnadas.

olláparo

o xigante dos bosques

O olláparo é un xigante dun só ollo no centro da fronte. É bruto e feroz, moi salvaxe e voraz. Gran comellón, aliméntase de carne humana.Viven nas covas que hai polo monte e adícanse a arrasar os campos e os montes. As súas compañeiras, as olláparas, son aínda máis feroces ca eles.

tardo

o responsable dos pesadelos

O tardo é un ser imaxinario, propio da mitoloxía galega, a quen se considera responsable dos pesadelos nocturnos. É moi malévolo.Esta especie de trasno é un ser pequeno, de cor verde, peludo,con moitos dentes, cos ollos redondos e negros; ten barba e usa un traxe moi vello e roto. É moi covarde e pouco intelixente.

maruxaina

a serea do cantábrico

A Maruxaina é unha serea loura, metade peixe metade muller.Vive nunha cova das Illas dos Farellós (San Cibrao), entre percebes e mexillóns, onde pasa o tempo fiando con febras de liño. Nos días de temporal súbese ao alto da sombriza, berrando e tocando o corno. Hai quen di que para avisar aos mariñeiros do perigo, outros que para enganalos e levalos ao naufraxio

pupeiriñas

as axudantes dos reis magos

As Pupeiriñas son diminutas e aliméntase de migas de pan. Viven nos bosques preto das fontes e lagos. Son rápidas e silenciosas.O seu traballo é adiviñar os desexos dos nenos pequenos que aínda non falan, e non poden pedir agasallos polo Nadal. Logo informan a Papá Noel e aos Reis Magos.

Donas

as gardanas das fontes

As donas son personaxes femininos da mitoloxía galega. Son mulleres belísimas e encantadas que habitan nas fontes, ríos, castros, mámoas e ruínas de antigos monumentos. Levan vestidos brancos que cobren os seus pés espidos.Séntanse nas orillas das fervenzas e ríos onde lavan e peitean os seus longos cabelos con peites de ouro. Prometen tesouros e grandes riquezas a aqueles que rompan o seu feitizo.

GRAzAS!

EQUIPO DE BIBLIOTECA - EDLG - VOZ NATURA