Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
O SAMAÍN EMBRUXADO
aulainfantilsionlla
Created on November 5, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Vintage Photo Album
Transcript
3º DE PRIMARIA PRESENTA...
O SAMAÍN EMBRUXADO
CONTOS DE MEDO
Era unha noite do 31 de outubro, os alumnos de 3º foron de excursión ao Museo de ósos e quedaron aloxados na Pensión "Descansa en Paz no Infinito". Cando subían ás habitacións empezaron a escoitar ruídos moi moi raros, ruídos de portas abríndose e pechándose e figuras dos cadros movendo os ollos.
Ao día seguinte, foron a visitar o museo, cando estaban entretidos vendo un fósil de mamut, escoitaron unha voz grave que dicía: - Majchade de ajquí ou mojedes tojdoooooossss!!! Asustáronse moito, empezaron a correr porque lles caeu un óso enriba e empezaron a perseguilos esqueletos de animais.
De súpeto, viron como se formou un remuíño con todos os ósos facendo un dinosauro enorme. Cando ían correndo, Argustín caeu e pillouno o dinosauro. O dinosauro levou a Argustín nos dentes, os compañeiros deron a volta e botaron detrás do bicho que entrou nun castelo cheo de figueiras. Non se deron conta de que había moitos figos no chan e quedaron pegados a eles, menos mal que Poncho e Petrusco e non se meteron no medio das figueiras.
Coa axuda dun par de esqueletos salvaron aos compañeiros botándolle auga ás figueiras. Rapidamente foron todos a rescatar a Argustín. Cando chegaron a onde estaba o dinosauro viron que se achegaba un vampiro fermoso e mordeulle no pescozo. Un compañeiro dixo: - Solta a Argustín!!! E o vampiro dixo: - Xamáis!!
O dinosauro meteuse no medio do vampiro e de Argustín, o vampiro marchou porque os rapaces lle tiraron figos e ao dinosauro pegáronselle os ósos e caeu ao chan. O vampiro escupiu baba antes de marchar, os nenos pisaron esas babas e todos quedaron atrapados alí e cando estaban a punto de converterse en monstros… despertaron do seu sono.
FIN