Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Conto de Samaín
Maria Tgfry
Created on October 28, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Transcript
Conto de samaín
Polos nenos de 2º A
As aventuras de
contra un vilán moi pequeniño
Había unha vez unha xoaniña nunha biblioteca dun colexio. Na biblioteca, lía, xogada pero o que máis lle gustaba era que fosen nenos, nenas e profes a visitala e todos xuntos gozar dos libros.
Pero un día deuse conta que deixaron de ir á biblioteca e que todos se marcharan do cole. Que raro non ía ningún neno a visitala.
A xoaniña como estaba estrañada foi ao computador e veo nas noticias que había un virus que estaba a invadir o mundo.
Non vos contei como se chamaba. A xoaniña chamábase Lola, realmente Superlola e era unha superxoaniña con poderes e todo, e o vilán chamábase virus realmente Coronavirus.
Como estaba estrañada saíu a inspeccionar o cole, nunca o vira así, tan escuro, vía pantasmas na escuridade, no canto de oír nenos oía música terrorífica, no canto de profes vía esqueletos, na pizarra había arañas, no comedor había cabazas e no canto de cociñeiras bruxas, ata parecía que había zombis no recreo.
Como non lle gustaba ver o cole así, que daba medo, foi buscar ao malvado virus para acabar con el e que os nenos volvesen ao colexio.
Atopou ao coronavirus vilán e loitou contra el, sabía os seus puntos débiles, tiña que romperlle a coroa e usou os seus superpoderes para facelo. Debilitou a súa coroa voando por enrima e botándolle xel hidroalcólico, con telequinesis movía as cousas sen tocalas e así os seus superpoderes viláns non lle afectaban.
Púxose a súa máscara e o seu veleno xa non podía entrar pola súa boca nin polo seu nariz, separouse del, e todos os seus poderes viláns xa non puideron con ela e por fin destruíu a súa coroa e derrotou ao malvado vilán.
Como sabía cales eran os seus puntos débiles foi correndo a dicirllo aos nenos e ás nenas para que por fin puidesen volver ao colexio. Os nenos trouxeron máscaras, botáronse hidroxel e lavaron as mans, respectaban unha distancia co virus e así por fin estamos todos loitando contra o virus vilán e puidemos volvemos ao cole os nenos e os profes de todo o mundo.
Amanda
Noa Varela
Andrés
Rubén
Gonzalo
Noa Vales
Fin
Leo
Adrián
Borja
Gael
Roi
Iván
Malak
Uxue
Andrea
Arthur
Daniela
Jennifer
Xavier