Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O Samaín, o medo e os monstros na cultura popular galega

Cris Rodriguez

Created on October 26, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Character Clues Game Education

Character Clues Game Education Mobile

Pixel Challenge

Piñata Challenge

Character Clue Game

Character Clue Game Mobile

Corporate Challenge Game

Transcript

O SAMAÍN, O MEDO E OS MONSTROS NA CULTURA POPULAR GALEGA

COMEZAR

Atréveste a resolver este pasapalabra??

Baseado na páxina galiciaencantada.com con textos de Antonio Reigosa. Pincha no enlace para obter as pistas e poder resolver o pasapalabra

COA LETRA A

Díselle aos trasnos pola súa condición de molestos, impertinentes, bulideiros e inquedos.

Abelurio

Aria

EMPEZA POR B

Persoa con coñecementos de medicina natural a quen se lle atribúen poderes sobrenaturais, que realiza curacións, adiviña o porvir, etc.

Brancaflor

Bruxa

CO C

Ten figura de home. No inverno agarda no escuro das rúas a que saian os nenos dos colexios para collelos e chucharlles o sangue. É un dos nosos vampiros.

Cachiquimbra

Chuchasangues

COA LETRA D

Grandísimo transformista. O mesmo se aparece de home traxeado dacabalo ca de becerro ou de burra branca. Non é malo nin agresivo pero amola.

Demo asubiador

Diaño bulreiro

EMPEZA POR E

Práctica supersticiosa coa que se pretende influír sobre alguén, xeralmente para causarlle algún mal. Feitizo

Encontro

Encanto

POLO F

Home feo, horroroso e agresivo; asusta moito aos nenos e nenas.

Felo

Feiticeiro

CO G

Un coco que anda polo Concello da Pastoriza. Ten figura de muller e aparécese nos camiños cegados de silvas e felgos polos que case é imposible o paso. O neno ou nena que entre alí arríscase a que o pille e o meta nun saco para logo vendelo.

Gozofello

Garavanceira

COMEZA POR H

Festa pagá que ten o seu nome procedente da expresión escocesa All Hallow´s Eve ("a véspera de todos os santos")

Holocausto

Halloween

CONTÉN O I

Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc., polo xeral negativos.

Mito

Meigallo

COA LETRA L

Hai homes e mulleres que se transforman en lobos polas noites, xeralmente porque os pais lles botaron unha maldición. E logo actúan coma eles, mesmo matan xente.

Lumieira

Lobishome

POLO M

Muller con figura de esmolante fea, cun papo moi grande. Rouba nenos e nenas e logo xa non se sabe nada máis deles.

Maruxa

Mariamanta

COMEZA POR N

Teñen apariencia dun home pequeno, co corpo cuberto de pelo, rabo longo e retorto. Desprázanse subidos en nubes e son os responsables das tormentas de verán e doutros moitos estragos.

Nubeiro

Neneiro

COA LETRA O

Doces tradicionais do Samaín

Ósos de Santo

Orellas

EMPEZA POR P

Xigante de boca enorme, ollos de lume e bandullo prominente que gosta de comer nenas e nenos.

Papón

Pandigueiro

COMEZA POR Q

Probablemente son homes que se dedican a quitarlle a manteiga aos nenos e ás nenas.

Quitamanteigas

Quirón

POLO R

Actúan como os lobishomes, só que en vez de ser homes que se transforman en lobos en determinadas datas do ano, fano en asnos ou burros.

Rabishomes

Rachador

COMEZA POR S

Festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do outono; era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta.

Semana Santa

Samaín

COA LETRA T

Ser pequeno, peludo, con moitos dentes de cor verdoso e ollos redondos. Ten barba e vai vestido con roupa vella e gorro vermello. Acostuma a vivir baixo terra e provoca pesadelos cando estamos dormidos.

Tardo

Trasgo

COMEZA POR U

Toma moitas figuras, preferentemente a de can negro que sae do mar arrastrando cadeas. Anuncia a morte alí onde se ve.

Urraca

Urco

CO V

Animal fabuloso, grande o moi dañino, similar ao un dragón; creado pola igrexa para desterrar o culto pagán e meter medo aos pouco crentes.

Vákner

Valcárcel

EMPEZA POR X

Vive no faio dunha casa da Pontenova. É unha muller vella co pelo branco e longo, cun só ollo e un só dente. Dorme nunha hucha.

Xosefa

Xuana (Tía)

CONTÉN O Z

Froito laranxa que acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.

Mazá

Cabaza

NORABOA!!!

Completaches o rosco!

XOGAR DE NOVO