Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020-2021
ceipdeandrade5
Created on October 25, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
DÍA DAS BIBLIOTECAS Bibliotecas sempre ao teu carón
BIBLIOTECA SOÑOS DE ANDEL
24 DE OUTUBRO 2020
SEMENTES DE PAPEL
Os bibliotecarios/as deste novo curso que comeza baixo a mirada desta pandemia que nos toca vivir, estiveron dialogando e reflexionando sobre os novos titulares do tema do noso PDI "Sementes de Papel", que como ben sabedes todos e todas, dou comezo o curso pasado e que retomamos polo interese que suscitou .
SEMENTES DE SABEDORÍA NOS ANDEIS
A rapazada de 6º de Primaria, é a que forma a plantilla de bibliotecarios/as deste curso . Van na procura de sementes xeográficas lectoras e xa atoparon a primeira semente de sabedoría nos andeis da nosa biblioteca, para seguir formándose sobre o coidado do Medioambiente e coñecemento da nosa xeografía máis cercana: Xelís, o guieiro das botellas de mar.
Que pensas facer co lixo que atopas na praia, na rúa, no campo,...?
As bibliotecarias e bibliotecarios sairon ó aire libre, para que as sementes de sabedoría nos andeis , poidan espallarse pola Natureza. #Sementesdesabedoríanosandeis
Praia de Cabanas Ría de Ares
Nesta foto podemos apreciar unha máscara que estamos a usar pola COVID-19 nunha das praias da nosa contorna. Os fondos mariños están cheos de lixo que fan que moitos animais morran. #COIDAATÚACONTORNA
SEMENTES DE SABEDORÍA NOS MAIORES
O outro titular que pensaron as/os bibliotecarias/os foi este: Sementes de sabedoría nos maiores. Están a pescudar información de primeira man sobre como era a xestión de residuos antes de que nos concellos existisen colectores para o lixo ou recollida de voluminosos( lavadoras, frigoríficos,etc...)
Empezamos de novo a pescudar na procura de novas sementes que fagan medrar un mundo con sentidiño E CONCIENCIACIÓN ECOLÓXICA.
BENVIDOS DE NOVO RAIOLECTORES!!!