Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

VOCABULARIO DE SAMAÍN E MAGOSTO

piliestevez

Created on October 23, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Piñata Challenge

Pixel Challenge

Corporate Challenge Game

Catch the Stars

Movie Minigames

Question Wheel

Character Clue Game Mobile

Transcript

QUIZ

SAMAÍNMAGOSTO

EMPEZAR

COMEZA POR A

Alma, en particular a que está no purgatorio e que na noite de Samaín din que ven a visitaros.

ánima

animada

COMEZA POR B

Muller que ten un pacto co demo e que ten poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro…

boneca

bruxa

EMPEZA POR C

Cabaza moi grande

cabazón

calacú

COMEZA POR D

Chamán ou sacerdote celta, que todos relacionamos coas aventuras de Astérix.

druída

díaño

CONTÉN O E

Corte que se lle fai á castaña para evitar que estoupe ao asala.

carapela

amosega

COMEZA POR F

Leña que arde e fai labarada, que alumea e da calor.

fogueira

fume

CONTÉN O G

Comunidade autónoma situada no Noroeste de España, onde se celebran as festas do Samaín e Magosto.

Gales

Galicia

COMEZA POR H

Festa de orixe anglosaxoa que ten elementos comúns co Samaín galego.

Hollywood

Halloween

CONTÉN O I

Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro.

ourizo

piña

CON JOTA

Esta letra non existe en galego

Incorrecto

Correcto

CON K

Esta letra non existe en galego

Incorrecto

Correcto

EMPEZA POR L

Doces de consistencia elástica, coñecidas coloquialmente como chuches.

lambetadas

limóns

COMEZA POR M

Acontecemento festivo no que se asan castañas.

Magosto

Mangosta

COMEZA POR N

Momento do día en que se acenden as cabazas e saen os espíritos.

noite

néboa

COMEZA POR O

Estación do ano na que celebramos o Samaín.

outono

outubro

COMEZA POR P

Alma dun defunto que se supón que anda entre os vivos, penando polas súas culpas.

pantasma

pena

CONTÉN O Q

Medida empregada para pesar as cabazas.

quilo

quimo

CONTÉN O R

Árbore grande de folla caduca, flores brancas e madeira moi apreciada, que ten como froito ourizos que conteñen as castañas.

castiñeiro

carballo

COMEZA POR S

Comitiva de defuntos que levan grandes cirios para alumear, dirixidos por unha persoa viva

Santa Compaña

Samaín

EMPEZA POR T

Recipiente de barro ou de ferro, con furados polo fondo, que se utiliza para asar as castañas.

tixola

tixol

COMEZA POR U

Froito da vide.

uva

unto

CONTÉN O V

Persoa que se alimenta de sangue doutras persoas.

víbora

vampiro

POR W

Esta letra non existe en galego

Correcto

Incorrecto

COMEZA POR X

Acción que lles encanta facer aos nenos no Samaín.

xogar

xemir

CON Y

Esta letra non existe en galego

Incorrecto

Correcto

EMPEZA POR Z

Castaña cocida coa pela.

zoncho

zoco

FELICIDADES!

GAÑACHES!

XOGAR DE NUEVO