Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Normas biblioteca
ARANTXA BLANCO
Created on October 4, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Transcript
Plan de adaptación DA biblioteca á situación covid-19 curso 20-21CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA
ÍNDICE
4 Prestamos durante os recreos
1 Acceso e circulación
5 Devolucións
2 Organización dos espazos
6 Colaboradores
3 Limpeza e desinfección
Outros aspectos
01
Acceso e circulación
- Abrirá en horario lectivo de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 17:00 de martes a xoves cun mestre encargado de garda.
- O aforo da biblioteca será de 15 persoas sen contar co profesorado de garda, en cumprimento á normativa de seguridade do protocolo establecido. Nunca haberá nenos de distintos grupos.
- Cada titoría terá asignada unha hora semanal de uso exclusivo na biblioteca.
- Os grupos que superen o aforo permitido farán un desdobre nesa hora coa coordinadora da biblioteca.
- O alumnado de Educación Infantil accederá á biblioteca, co seu titor/a, no horario asignado para tal fin, como viña sendo habitual en anos anteriores.
- Durante os recreos a biblioteca non pode ser utilizada como sala de traballo e lectura pero si se poderá acudir a facer préstamos e devolucións nos horarios indicados.
- Igual que en todo o centro, o uso da máscara é obrigatorio en todo momento, tanto por parte do profesorado como do alumnado.
- É obrigatorio manter a distancia de seguridade e respetar as normas especiais da situación Covid- 19. "
02
Organización dos espazos
Estableceranse indicadores de espera para o préstamo de libros nos recreos. Quedan pegados no chan unhas pegatinas de Murguiños para manter unha certa distancia nafiladepréstamos/devolucións. Nunca superar o aforo permitido.
Os lugares asignados para sentar estarán debidamente identificados coa imaxe da nosa mascota da biblioteca Murguiño”.
Faranse sinalizacións no mobiliario para que os usuarios que empreguen a biblioteca poidan cumprir coa normativa.
03
Limpeza e desinfección
- Todos/as os/as usuarios/as deben hixienizar as mans á entrada da biblioteca para isto haberá dispensadores de xel hidroalcohólico xunto á porta de acceso.
- A biblioteca estará ventilada coa maior frecuencia posible.
- Serán os titores/as ou mestres encargados de garda os que deberán deixar hixienizado os postos despois de cada uso.
- A persoa de garda de biblioteca hixienizará o seu posto de traballo mesa cadeira e ordenador en cada uso.
04
Préstamo en Ed.Infantil Os profesores de Educación Infantil farán unha selección de libros para a súa aula que se irán emprestando ao longo do 1º trimestre entre os nenos e nenas da aula, gardando as pertinentes cuarentenas antes de viaxar a outra casa.
Préstamo en Primaria
- Nos recreos, seguindo os horarios establecidos por cursos, os nenos poden baixar a biblioteca para coller un libro en servizo de préstamo.
- Os nenos baixarán cos carnés da biblioteca para facer o préstamo. Non se poderán coller os libros directamente dos andeis. Haberá títulos seleccionados para cada curso enriba das mesas de cores. (Esta selección faranna os titores en colaboración co Equipo de Biblioteca será unha vez ao trimestre).
- Unha vez que escollan o seu libro colocarnase na fila de Murguiños para poder rexistralos,no programa Meiga, por parte dos profesores/as encargados/as para tal fin.
05
- Os libros que se queiran devolver serán depositados directamente polos/as usuarios/as nas caixas habilitadas na biblioteca e identificadas a tal efecto.
- O material devolto deberá permanecer en caixas identificadas durante 24 horas, antes de ser xestionado (devolto no catálogo Meiga e utilizado de novo).
- Unha vez baleiradas as caixas do material devolto, serán hixienizadas con solución hidroalcohólica antes de volver ser utilizadas.
DEVOLUCIÓNS
06
Colaboradores
- Nos recreos, seguindo os horarios establecidos por cursos, os nenos poden baixar a biblioteca para coller un libro en servizo de préstamo.
- Os nenos baixarán cos carnés da biblioteca para facer o préstamo.
- Non se poderán coller os libros directamente dos andeis. Haberá títulos seleccionados para cada curso enriba das mesas de cores. (Esta selección faranna os titores en colaboración co Equipo de Biblioteca será unha vez ao trimestre).
- Unha vez que escollan o seu libro colocarnase na fila de Murguiños para poder rexistralos,no programa Meiga, por parte dos profesores/as encargados/as para tal fin.
Outros aspectos: Estas normas poderán sufrir variacións en función da evolución da situación sanitaria. Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca xa establecidas e que non son incompatibles coa situación xerada pola COVID-19.
En caso de confinamento e cese de actividades presenciais, establecerase un horario de atención para o profesorado e o alumnado, en función das necesidades e da situación epidemiolóxica e sanitaria. Non se usarán xogos de mesa e materiais semellantes cando impliquen un uso compartido, mentres dure a situación excepcional.
Todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais a través do noso blog https://mmurguiabiblioteca.blogspot.com/ e tamén a través da Aula Virtual. ttps://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelmurguia/aulavirtual/
En caso de actividade non presencial, reforzarase con recursos electrónicos e dixitais.
Na hora de biblioteca establecida para cada titoría desenvolveranse actividades planificadas polo Equipo da Biblioteca sobre o noso PDI 3, 2, 1 Murguía en acción.
Nota:
- Este plan segue as pautas do Protocolo xeral e tamén das Instrucións de 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o curso 2020/2021, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
VS
Nuria
O EQUIPO
Rubén
Chus
Arantxa
Loly
Sara
GRAZAS