Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

ecoloxia

juan.hermida.lago

Created on October 3, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

O ALOQUEIRO da Valga

Este proxecto educativo e de divulgación desenvólvese dentro do obxectivo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor de dar a coñecer os principais ecosistemas da contorna ó alumnado de 4 de ESO, coa finalidade de que valoren o seu entorno medioambiental, comprendan as principais causas da súa degradación e a necesidade de adoptar actitudes e medidas de protección e conservación. Nesta ocasión afondaremos no estudo dun dos ecosistemas máis importantes da Serra da Groba, as brañas, nun dos espazos máis singulares do sur da provincia de Pontevedra que pola súa importancia medioambiental xoga un papel clave na sostibilidade do territorio pola gran diversidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Hoxe, a Serra da Groba atópase sometida a múltiples ameazas relacionadas co desenvolvemento de proxectos industriais e turísticos. Os múltiples parques eólicos proxectados, campos de golf, cementeiras ou canteiras, ameazan con degradar o territorio de maneira irreversible. Coñecer o entorno natural é a mellor maneira de garantir a xeración dunha conciencia colectiva que evite a depredación do territorio e a perda dos valores naturais que aseguran os servizos ecosistémicos básicos para as xeración futuras.

Ver proxecto

ECOLOXÍA

OS NOSOS ECOSISTEMAS

IES Val Miñor

EMPEZAMOS

SEGUIR

O ALOQUEIRO da Valga

o MEDIO FÍSICO

01

a fauna

02

03

a flora

ECOLOXÍA

OS NOSOS ECOSISTEMAS

XEOLOXÍA

O relevo da Serra da Groba é o resultado da acción dos axentes xeolóxicos internos (tectónica) e dos axentes xeolóxicos externos (Clima).

TECTÓNICA A historia das rochas que forman a Serra da Groba remóntase a hai uns 400 millóns de anos (a finais do Paleozoico), cando os ríos dun antigo continente chamado Gondwana depositaron no fondo dun océano enormes cantidades de sedimentos que, co tempo, transformáronse en rochas sedimentarias. Este continente (Gondwana) desprazouse cara outro gran continente chamado Laurussia, situado na outra punta do océano a miles de quilómetros. Conforme se achegaban entre si, o océano que os separaba ía desaparecendo, ata que ambos continentes colisionaron, como consecuencia disto as rochas sedimentarias (que se atopaban no fondo mariño) transformáronse en xistos metamórficos (Complexo Monteferro-O Rosal). Estes materiais estarían situados a decenas de quilómetros de profundidade. Como consecuencia da colisión tamén se formaría na superficie unha cordilleira, a Cordilleira Varisca, que chegaba ata o que hoxe é o centro de Europa.

o MEDIO FÍSICO

01

Moitas das rochas que se atopaban na colisión acadaron condicións que orixinaron a súa fusión (debido ao aumento da temperatura, á diminución da presión e á presenza de auga que actúa como fundente) o que orixinou magmas graníticos (así foi como se formaron os granitos da Groba) que rodearon, e en parte dixeriron os xistos metamórficos. Esta mole de granito atópase atravesada por unha estreita banda de rochas metasedimentarias que se estende en direción N-S e está flanqueada por masas granitoides de E-O. Esta banda esténdese cara o N aparecendo e desaparecendo en varios puntos da costa atlántica galega, tamén se estende cara o S facéndose mais ancha según se adentra en Portugal, esta banda é o denominado Complexo Monteferro-O Rosal.

relevo

MENÚ

XEOLOXÍA

RELEVO

Durante o Mesozoico (-225 - -65 ma) o que hoxe é o bordo litoral atlántico galego estaba situado no interior dun macizo montañoso (Cordilleira Varisca), este era afectado por períodos de intensa erosión ocasionado por un clima tropical húmido. Esta erosión empezaría a modelar un relevo cunha topografía suave. Nas divisorias hidrográficas dos pricipais cursos fluviais do borde litoral atlántico obsérvanse topografías suaves que foron interpretadas como restos da Superficie Fundamental de Galicia, que orixina nas cotas máis altas da Serra da Groba espazos abertos con escasos elementos de relevo.

o MEDIO FÍSICO

01

A fachada costeira atlántica que abarca os concellos da Guarda, O Rosal, Oia e Baiona, caracterízase por un noiro de forte pendente. Esta unidade clasifícase dentro das macroformas graníticas como unha pequena rasa de abrasión mariña. Na xénese desta estrutura interviron dous fenómenos principalmente: a apertura do Océano Atlántico e o levantamento da Cordilleira Cántabro-Pirenaica.

A faixa costeira orixinouse hai uns 200 millóns de anos coa apertura do Océano Atlántico, no Xurásico inferior. A apertura deste océano orixinou un sistema de fallas normais con direción predominate N-S, deste sistema de fallas xorden accidentes xeográficos como son a depresión meridiana (Carballo-Tui), os vales de fractura como os de Ponteareas ou Mondariz e a liña de costa entre Cabo Silleiro e A Guarda (e dicir, a fachada atlántica da Serra da Groba). A apertura do Atlántico produciu ademais un cambio no sistema de drenaxe que empezaría a verter no Atlántico, o que esbozaría o trazado xeral das Rías Baixas .

Durante o Cretácico (fai uns 100 millóns de anos) comezou o levantamento da Cordilleira Cántabro-Pirenaica. A partir dese momento a evolución do relevo do borde litoral de Galicia sofre un proceso de levantamento.

No cuaternario (fai uns 2,6 millóns de anos) producíuse un cambio radical nas condicións climáticas, caraterizado por unha sucesión de etapas glaciares separadas por outras interglaciares de clima máis temperado. Estes cambios climáticos ocasionaron oscilacións no nivel do mar. Como consecuencia destes períodos de glaciacións podemos atopar na costa de Oia dous vales en forma de U (un en Viladesuso e outro en Mougás) e dous depósitos de sedimentos glaciares (coluvións).

CLIMA

MENÚ

O ALOQUEIRO da Valga

As BRAÑAS constitúen hábitats de interés comunitario que deben ser protexidos e conservados según a Directiva Habitats 92/43/CEE. Polas súas características xeomorfolóxicas, na Serra da Groba pódense atopar múltiples brañas que a poboación local denomina ALOQUEIROS. Estes ecosistemas xogan un importante papel na regulación dos recursos hídricos e constitúen o lugar idóneo para unha importante comunidade de seres vivos. É fundamentalmente no verán, cando a contorna se atopa nunha situación de déficit hídrico, as brañas ofrecen os escasos recursos hídricos e alimenticios para moitas especies. O aloqueiro de Loureza é un dos de maiores dimensións da Serra da Groba aínda que nas últimas décadas sufríu un proceso de degradación paulatino ocasionado polas actividades de orixe antrópico como a extracción descontrolada dos recursos hídricos ou o sobrepastoreo.

saber

para

máis

ECOLOXÍA

OS NOSOS ECOSISTEMAS

menú

Os aloqueiros son zonas pantonosas onde é frecuente que os animais acudan a beber ou alimentarse. Ás veces quedan atrapados e alí perecen.

Medimos a temperatura con termómetros ubicados en 3 sitios diferentes: - Na zona de umbría: 12 0C. - Na zona de solana, directamente sobre o solo: 30 0C. - Na zona de solana sobre a vexetación (30 cm de altura): 12 0C.

Aproveitamos para medir o grao de acidez da auga e do sustrato. A auga presenta un pH de 7,52 e o sustrato de 6,00, como era de esperar, ácido. A acidez é producida polas particulares condicións nas que se produce a descomposición da materia orgánica. Esta acidez e a escasa concentración de sales minerais fan dos aloqueiros uns ambientes pouco fértiles.

Xilberte, que posúe un amplo coñecemento da Serra da Groba, especialmente no que atinxe ós gravados rupestres, amosounos algúns petróglifos. Estes gravados son a testemuña de antigas poboacións humanas que transitaron pola Serra da Groba hai uns 4.000 anos. É dificil interpretar o significado destas figuras e aquí, na Serra da Groba, atópase a maior concentración deste tipo de xacementos arqueolóxicos de toda Galicia. Un patrimonio que debemos protexer e conservar.

A tecnoloxía dixital permite elaborar, a partir de múltiples fotografías, modelos tridimensionais que facilitan o estudo e descrición dos gravados rupestres.

Dende a caseta do Campo do Millo pode verse o relevo do bordo litoral da costa de Oia. As magníficas vistas permiten facer unha interpretación da orixe xeolóxica desta rexión á vez que obervar a ocupación do territorio das poboacións humanas sobre a rasa costeira. Os cumios deste noiro (que aquí acadan os 470 m de altitude) establecen unha liña divisoria de augas, cara ó oeste cursos fluviais de caracter torrencial pola forte pendente, cara ó leste verten as augas subsidiarias do río Tamuxe (Val do Rosal).

04

Traballo de campo

abril

2022

Para observar a actividade nocturna, deixamos unha cámara de fototrampeo durante a noite.

No mes de abril agroman as abrótegas (Asphodelus lusitanicus), unha planta capaz de vivir en solos pouco fértiles e da que os xabaríns dan boa conta dos seus tubérculos.

O primeiro día de traballo de campo tivo por obxectivo obervar as condicións físicas do ALOQUEIRO (biotopo) Comezamos ás 10:00 horas cun frío intenso e un forte vento que fixeron moi dura toda a xornada. Acompañounos Xilberte, investigador e membro do Instituto de Estudos Miñoráns.

Tamén son moi frecuentados por xabaríns que acuden a darse baños de lodo. Despois cofaranse profusamente contra unha árbore co obxectivo de librarse dos molestos parasitos. Acostuman usar o mesmo rascadeiro.

VOLVER

OMBROTRÓFICOS

Os aloqueiros son ecosistemas dependentes do réxime pluvial. Desenvólvense en zonas altas de montaña onde escasean os olleiros de auga. Nestas zonas deprimidas e impermeables, acumúlase a auga dificultando a descomposición da materia orgánica, nestas condicións o sustrato é moi ácido.A auga da chuvia que alimenta estes espazos ó non decorrer sobre a rocha nai non se carga de sales minerais e por iso o solo destes ecosistemas é sumamente pobre en nutrientes para as plantas.

o MEDIO FÍSICO

01

réxime pluvial

pluviometría

Datos extraidos da estación meteorolóxica de Oiawww.meteogalicia.gal

O réxime pluvial do aloqueiro de Loureza varía en grande medida en función das estacións. En primavera e outono prodúcense a maior parte das precipitacións anuais, porén no verán dase unha situación de déficit hídrico. Por esta razón os aloqueiros xogan un importante papel na regulación do ciclo da auga e como reservas de auga para a fauna no verán.

traballo de campo

ver

fauna

MENÚ

mamíferos

réptiles

aves

FAUNA

02

INVERTEBRADOS

MENÚ

INICIO

FAUNA

02

aves

Debido á presencia de auga abundante, especialmente nos meses estivais, os aloqueiros dan acubillo a unha gran biodiversidade faunística.

Verderolo Chloris chloris

Xirín Serinus serinus

Liñaceiro Linaria cannabina

Peto real Dendrocopus major

Papuxa do mato Sylvia undata

Pimpín Fringilla coelebs

Gaio Garrulus glandarius

escoita

PAISAXES SONORAS

As aves, especialmente o grupo de paseriformes, enriquecen e configuran a paisaxe sonora, unha paisaxe que, igual que a paisaxe visual, muda co paso das estacións. A perda de biodiversidade supón tamén a perda deste patrimonio paisaxístico.

video

Perdiz Alectoris rufa

Tordo charlo Turdus viscivorus

Bubela Upupa epops

Cuco Cuculus canorus

CLICK

saber

FAI

NAS IMAXES

para

máis

VISITA

SEGUIR

MENÚ

VOLVER

FAUNA

02

aves

Debido á presencia de auga abundante, especialmente nos meses estivais, os aloqueiros dan acubillo a unha gran biodiversidade faunística.

LavercaAlauda arvensis

PaporrubioErithacus rubecula

FerreiriñoParus caeruleus

Ferreiriño realParus major

RabirrubioPhoenicurus ochrurus

Papuxa das amoras Sylvia atricapilla

Tordo comúnTurdus philomelos

Escribenta riscadaEmberiza cia

ChascaSaxicola torquata

Pomba torcazColumba palumbus

CLICK

saber

FAI

NAS IMAXES

para

máis

VISITA

SEGUIR

MENÚ

FAUNA

02

anfibios e réptiles

Anfibios e réptiles englóbanse no grupo de animais coñecido como HERPETOFAUNA. As especies deste grupo de animais, fortemente dependentes da auga, atopan no aloqueiro un lugar idóneo para vivir e reproducirse. Ó ser animais moi sensibles ás condicións ambientais, considéranse bos bioindicadores que permiten avaliar a calidade do entorno no que se desenvolven.

Sapo de esporóns Pelobates cultripes

Ra verde Pelophylax perezi

Ra ibérica/Ra patilonga Rana iberica

Sapo corriqueiro Epidalea calamita

Sapo común Bufo bufo

Tritón ibérico Lissotriton boscai

Salamántiga rabilonga Chioglossa lusitanica

Lagarto arnal Timon lepidus

Cobra de colar Natrix natrix

CLICK

saber

FAI

NAS IMAXES

para

máis

SEGUIR

MENÚ

FAUNA

02

mamíferos

As especies silvestres de mamíferos son moi difíciles de ver xa que debido a que son obxecto de persecución e caza, procuran evitar encontros cos seres humanos. Por isto adoitan hábitos de vida nocturnos ou crepusculares. As principais especies de mamíferos que se poden observar son aquelas relacionadas coa actividade gandeira como as vacas. Merece especial atención a poboación de cabalos salvaxes (burras/garranos), única en Galicia e no mundo.

Raposo Vulpes vulpes

Garrano/Burra do monte Equus ferus atlanticus

Vacas Bos taurus

O instituto de Estudos Miñoráns (IEM) leva anos estudando os aspectos etnográficos, etolóxicos, arqueolóxicos e xenéticos vinculados cos garranos ou burras do monte da Serra da Groba. Se queres máis información visita a súa web facendo CLICK no seu logo.

O uso de cámaras de fototrampeo permite estudar a fauna de hábitos nocturnos. É necesario ter en conta que se debe intervir o menos posible no medio natural polo que o uso destes dispositivos debe facerse sempre sen realizar ningún tipo de ceba pois poderiamos estar modificando a conducta dos animais silvestres.

Raposo (Vulpes vulpes)

O lobo

O lobo vivíu na Serra da Groba ata que na década dos anos 80 do pasado século, cazouse o último exemplar, perdéndose así unha especie emblemática da nosa fauna máis ancestral.

Xabarín (Sus scrofa)

SEGUIR

MENÚ

FAUNA

02

macroinvertebrados

Moitas especies de invertebrados dependen da auga para poder reproducirse xa que as súas primeiras fases larvarias son de vida acuática. As especies que conforman a comunidade de macroinvertebrados que se pode atopar no curso fluvial son bos bioindicadores da calidade da auga.

SubO.: Heteroptera (Nadador de espalda)

A comunidade de macroinvertebrados está conformada tanto polas fases larvarias de vida acuática de moitos insectos como por outros invertebrados cuxo ciclo vital non inclúe unha fase acuática. No primeiro caso, para observar as larvas de vida acuática é necesaria a súa captura para identificalos. Esta captura debe evitar perxuizos ós animais e debe facerse con sumo coidado. A partir da identificación dos organismos atopados pódese establecer unha puntuación que indicará a calidade da auga do curso fluvial.

ORDE: Odonata (libélulas)

Anisóptera

CLASE: Díptera (Simúlido)

para

saber

máis

A meirande parte dos invertebrados poden verse con maior facilidade nas estacións con temperaturas máis cálidas.

Ésnido

ORDE: Plecoptera (Perlas)

FLORA

MENÚ

A comunidade vexetal está fortemente condicionada polas características do sustrato e especialmente polo nivel freático.

Cladonia macilenta

Cladonia coccifera

Sphagnum fimbriatum

Viola palustris

Drosera intermedia

flora

03

Ranunculus peltatus

Mitrula paludosa

Carex sp.

Crocus serotinus

Romulea bulbocodium

Schoenus nigricans

Daboecia cantabrica

Polygala vulgaris

Gentiana pneunonanthe

Pyrus cordata

Ulex europaeus

Narcissus bulbocodium

Genista berberidea

traballo de campo

ver

CONSULTA

Clave de identificación da vexetación

AMEAZAS

MENÚ

Ver presentación

05

Traballo de campo

abril

2022

Nesta segunda xornada de traballo de campo contamos con X. Ramón García, botánico, membro do IEM e autor da "Guía das plantas de Galicia. 2008. Xerais", quen nos axudou a observar os detalles taxonómicos para a identificación das diversas especies vexetais.

Pola cantidade de individuos atopados e a diversidade de táxones ós que pertencen concluimos que calidade da auga polo índice de invertebrados foi MOI BOA.

Tívose sempre moito coidado para non danar os animais e podelos devolver ó río despois da súa observación e identificación.

Identificadas as principais e máis abundantes especies da flora realizamos unha mostraxe no curso fluvial para, por un lado identificar as diversas especies animais e, por outro lado, avaliar a calidade da auga.

Para a caracterización da comunidade de seres vivios que conforman a biocenose do aloqueiro comezamos por identificar as diversas especies que compoñen a flora. Nesta época aínda moitas especies non presentaban flores polo que a identificación das especies vexetais do aloqueiro requeriría unha investigación ó longo do ano.

Escorpión de auga Nepa cinerea

Odonato Larva de libélula

Ra ibérica Rana iberica

VOLVER

Genista berberidea

Pyrus cordata

Polygala vulgaris

Crocus serotinus

Gentiana pneunonanthe

Daboecia cantabrica

Ulex europaeus

Narcisus bulbocodium

Cladonia coccifera

Romulea bulbocodium

Schoenus nigricans

Ranunculus peltatus

Drosera intermedia

Sphagnum fimbriatum

Viola palustris

Mitrula paludosa

Cladonia macilenta

flora

03

VOLVER

VOLVER

A pesar da importancia deste tipo de ecosistemas e da necesidade da súa protección e conservación, o aloqueiro de Loureza ven sufrindo un proceso de degradación paulatino nas últimas décadas.Este degradación de orixe antrópica débese, principalemnte a dous factores: - Aproveitamento insostible dos recursos hídricos - Sobrepastoreo

AMEAZAS

04

Desecación

Sobrepastoreo

SEGUIR

MENÚ

Gustaríache visitar este sitio?

SI

Obtén as coordenadas GPS

NON

Quero seguir aprendendo

contacta

jhermida@edu.xunta.gal

INICIO