Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Protocolo COVID EF

Cris Rodriguez

Created on September 13, 2020

Protocolo COVID Educación Física CEIP de Cervo

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Blackboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Transcript

Curso 2020/2021

protocolo covid educación física

Índice

a importancia da educación física

horarios de ef

grupos colaborativos

información xeral

contidos e tipos de xogos

vestimenta e neceser

traslados

10

instalacións e Materiais

hixiene de mans

11

uso dos aseos

uso da máscara

a importancia da educación física

NON É XIMNASIA, É EDUCACIÓN FÍSICA!!!

A Educación Física xoga un papel moi importante na mellora da saúde, o benestar social e psicolóxico e, por suposto, no benestar físico, polo que é fundamental para o desenvolvemento integral do alumnado.Despois de 6 meses sen asistir ao cole, diversos estudios conclúen que a poboación infantil se mantivo menos activa físicamente, mostrando actitudes máis sedentarias, e polo tanto, menos saudables. Así que debemos garantir que máis que nunca se imparta a Educación Física, pero debido ao complexo contexto que rodea a esta materia e que difire do resto (espacios, materiais, movemento, interación, materiais e equipamento...) estableceremos unhas medidas específicas para minimizar os riscos e impartila dunha forma o máis segura e responsable posible

información xeral

Segundo o Protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino de Galicia para o curso 2020/2021 para a área de Educación Física: · O uso da máscara será obrigatorio, agás que se realicen no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros; ou que o uso da máscara resulte inadecuado ou imposibilite a práctica. Coidarase especialmente do seu uso nos ximnasios ou polideportivos pechados con ventilación reducida.· Minimizarase o uso de materiais compartidos, procurando a súa limpeza e desinfección despois do seu uso. Tamén se realizará a hixiene de mans tras a utilización de materiais.

vestimenta

Para as clases de EF sempre traeremos roupa deportiva: chándal, mallas, leggings..., zapatillas de deporte e calcetíns. Este curso incorporaremos tamén a máscara.

neceser

Traeremos tamén un neceser ou riñonera (de tamaño suficiente para que colla todo o material) onde meteremos: unha botella de auga (a maiores da que utilizamos na aula), a funda da máscara que estamos a utilizar, unha máscara de reposto (coa funda correspondente), xel hidroalcohólico (śo para o alumnado de primaria) e un paquete de panos desbotables. Todo virá identificado co nome.

Este curso non se utilizarán os vestiarios, e non realizaremos cambios de camisetas nin duchas.

traslados

A mestra de EF recollerá ao alumnado na súa aula; a saída será ordenada e continua, de un en un, e gardando a distancia de seguridade. A circulación polos corredores e escaleiras será a establecida no Plan de adaptación á situación COVID-19, polo noso centro para cada aula. Ao rematar a sesión, a mestra acompañará de novo ao alumnado á súa clase, ou á fila do comedor, de ser o caso.

HIXIENE DE MANS

O lavado de mans é fundamental para evitar o contaxio, e debe durar entre 30 e 40 segundos. Tamén se pode usar o xel hidroalcohólico en caso necesario. Lavaremos as mans antes de comezar a sesión, nos baños do patio interior. Colocarémonos nas liñas marcadas e iremos entrando dous en cada baño, deixando sempre o lavabo do medio libre (só utilizaremos os dos extremos). Seguiremos as instruccións marcadas para o lavado de mans e ao rematar regresaremos ao noso sitio. Durante a sesión, se utilizamos algún material, desinfectaremos as mans con xel hidroalcohólico. Se estamos no pavillón usaremos os dispensadores de xel que hai instalados, e se estamos no exterior, usaremos o noso xel que teremos no neceser. Ao rematar a sesión volveremos a lavar as mans, de novo nos baños do patio interior e seguindo os pasos indicados anteriormente.

USO DA MÁSCARA

Uso obrigatorio da máscara para todo o alumnado de 1º a 6º de primaria, tanto nos traslados como nas actividades que non permitan un control da distancia de seguridade e sempre que a intensidade do exercicio o permita. Uso obrigatorio da máscara para o alumnado de infantil nos traslados, e recomendable na realización de actividades nas que non se cumpra a distancia de seguridade. A máscara debe cubrir a boca, nariz e bico. É importante que se axuste á cara. Evitaremos tocala mentres a levamos posta, e para quitala farémolo polas gomas, sin tocar a parte frontal e gardarémola na súa funda. No caso de que se humedeza ou deteriore polo uso substituirémola por unha nova, e desbotaremos a usada nunha papeleira con tapa e pedal.

HORARIOS DE EF

Os grupos de educación infantil terán 1 sesión semanal de psicomotricidade. O alumnado de primaria, 2 sesións semanais de educación física, pero realizaranse o mesmo día para reducir número de traslados, contacto coa mestra especialista e facilitar a desinfección de material utilizado, e así minimizar os posibles riscos.

Horario

grupos colaborativos DE TRABALLO

GRUPO AZUL

GRUPO AMARELO

GRUPO VERDE

GRUPO VERMELLO

O alumnado do grupo estable de convivencia (grupo clase) organizarase á súa vez en "grupos colaborativos de traballo", que serán dun máximo de 5 alumnos/as e que poderán realizar actividades en grupo se así se require, xogando entre sí, sen necesidade de ter que garantir a distancia de seguridade (sempre con máscara). Estes grupos terán que manter a distancia de alomenos 1,5 m. con respecto aos outros grupos colaborativos da clase. A formación destes grupos respectarase en todas as áreas e noutros momentos de convivencia como por exemplo, no comedor.

CONTIDOS E TIPOS DE XOGOS

Poderemos traballar todos os contidos como ata o de agora, só temos que cambiar a forma de xogar

  • Priorizaremos os xogos individuais, respectando a distancia mínima de seguridade.
  • Poderemos organizar actividades por parellas ou tríos (sempre que pertenzan ao mesmo grupo colaborativo), ou en pequeno grupo (grupos colaborativos de traballo, máximo 5 nenos/as).
  • Promoveranse xogos nos que non exista contacto físico.
  • Moderarase a intensidade das actividades.

bloque 3

bloque 1

bloque 5

Actividade física e saúde

Contidos comúns

Habilidades motrices

bloque 6

bloque 4

bloque 2

Actividades físicas artístico expresivas

Os xogos e as activ. deportivas

O corpo: imaxe e percepción

INSTALACIÓNS E MATERIAIS

INSTALACIÓNSMinimizarase o uso do ximnasio, priorizando a realización da sesión ao aire libre ou no pavillón, de ser o caso. Poderemos utilizar tamén outras zonas da nosa contorna, fóra do recinto escolar (para iso precisamos as autorizacións asinadas pola familia). No pavillón haberá marcado un espacio para cada neno/a, cumprindo coa distancia de seguridade, para escoitar as explicacións e para deixar o seu neceser; se a sesión se realiza ao aire libre marcarase este espazo con aros ou outro material, que sempre será manipulado pola mestra.

MATERIAISPriorizaranse as actividades sen material ou aquelas actividades con materiais de uso individual, que sempre será desinfectado ou posto en corentena posteriormente. Outra posibilidade é a utilización de material autoconstruido que poderán traer da casa ou elaborar na escola,ou material propio do alumnado. Antes de usar calquera material desinfectaremos as mans con xel hidroalcohólico, evitaremos tocarnos a cara en ningún momento e ao rematar deixaremos o material no lugar establecido, sin tocar ningún outro, e desinfectando de novo as mans.

uso dos aseos

Só iremos ao baño por necesidade fundamental, para evitar o cruce con outras clases.Sempre se pedirá permiso á mestra e irase de un en un.

Que baño utilizo?

Utilizaremos os baños do patio interior (só serán usados polos grupos que teñen EF ese día e coa previa desinfección por parte do persoal de limpeza)

Antes de usar o baño...

Desinfectamos as mans antes de ir ao baño co xel hidroalcohólico e ao rematar lavamos ben as mans con auga e xabón.

este protocolo poderá ir variando ao longo do curso, segundo as necesidades que podan ir xurdindo e/ou novas instrucións da consellería

MoitasGRAzAS!

Cristina Rodríguez Novo Mestra de Ed. Física