Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
CAMIÑANDO CARA 2030
trasnosdeana
Created on September 9, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Memories Presentation
View
Zen Presentation
Transcript
BIBLIOTECA SEARACURSO2021-2022
En setembro de 2015, 193 países aprobaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Uns obxectivos que conforman a chamada Axenda 2030, unha axenda universal ambiciosa que sitúa os dereitos humanos de todas as persoas no centro, sen deixar a ninguén atrás. A Axenda 2030 ten como obxectivos erradicar a pobreza extrema e a fame, combater a desigualdade e o cambio climático, asegurar a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e garantir o acceso universal a servizos de saúde e educación de calidade, entre outros. Trátase dunha axenda universal que compromete a todos os países, calquera que sexa o seu nivel de desenvolvemento.España está chamada a sumarse a este esforzo colectivo creando as condicións para lograr un desenvolvemento incluyente, equitativo e sostible.
NACIÓNS UNIDAS
A Organización das Nacións Unidas (ONU), é a maior organización internacional existente. Creouse para manter a paz e seguridade internacionais, fomentar relacións de amizade entre as nacións, lograr a cooperación internacional para solucionar problemas globais e servir de centro que harmonice as accións das nacións. A súa sede está en Nova York (Estados Unidos) . Tamén ten oficinas en Xenebra (Suíza), Nairobi (Quenia) e Viena (Austria). A ONU réxese pola Carta das Nacións Unidas, que entrou en vigor o 24 de outubro de 1945 e asinouse o 25 de xuño do mesmo ano na cidade estadounidense de San Francisco, por 51 países, poucos meses antes do final da Segunda Guerra Mundial. A ONU finánciase polas contribucións voluntarias dos Estados membros. Os seus principais obxectivos son garantir o cumprimento do dereito internacional, o mantemento da paz internacional, a promoción e protección dos dereitos humanos, lograr o desenvolvemento sostible das nacións e a cooperación internacional en asuntos económicos, sociais, culturais e humanitarios. Os 193 Estados membros das Nacións Unidasnota e outros organismos vinculados deliberan e deciden acerca de temas significativos e administrativos en reunións periódicas celebradas durante o ano. Os principais órganos da ONU son a Asemblea Xeral, o Consello de Seguridade, o Consello Económico e Social, a Secretaría Xeral, o Consello de Administración Fiduciaria e a Corte Internacional de Xustiza. Os idiomas oficiais da ONU son seis: árabe, chinés mandarín, español, francés, inglés e ruso.
As intencións destes países eran boas pero, do dito ao feito hai un gran treito. As grandes cidades teñen un índice de contaminación cada vez máis alto, os océanos están asentados en montañas de plástico, moitos ecosistemas están tendo problemas, as desigualdades a nivel de vivenda, riqueza, sanidade, educación…seguen a medrar en todas as sociedades. Dende o noso centro queremos aportar algunhas ideas e algunhas accións para colaborar nunha mellora do noso planeta. Como son moi amplios os distintos aspectos dos 17 obxectivos da axenda 2030, decidimos centrarnos en 5 deles e achegarnos aos outros de xeito transversal.
Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.
METAS
- PLANS DE CONSUMO E PRODUCIÓN RESPONSABLE
- USO EFICIENTE DE RECURSOS NATURAIS
- DESPERDICIOS DE ALIMENTOS
- XESTIÓN DE REFUGALLOS E PRODUTOS QUÍMICOS
- PREVENCIÓN, REDUCIÓN, RECICLADO E REUTILIZACIÓN DE REFUGALLOS
- EMPRESAS E INFORMES SOBRE SUSTENTABILIDADE
- ADQUISICIÓNS PÚBLICAS SOSTIBLES
- EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
- CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA SUSTENTABILIDADE
- TURISMO SOSTIBLE
- REGULACIÓN DE SUBSIDIOS A COMBUSTIBLES FÓSILES
Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
METAS
- RESILIENCIA E ADAPTACIÓN
- POLÍTICAS, ESTRATEXIAS E PLANS NACIONAIS
- EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
- MOBILIZACIÓN DE RECURSOS ECONÓMICOS
- XESTIÓN DO CAMBLIO CLIMÁTICO EN PAÍSES MENOS ADIANTADOS
Conservar e utilizar sosteniblemente os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.
METAS
- CONTAMINACIÓN MARIÑA
- XESTIÓN ECOSISTEMAS MARIÑOS E COSTEIROS
- ACIDIFICACIÓN DE OCEÁNOS
- REGULAR UNHA EXPLOTACIÓN PESQUEIRA SOSTIBLE
- CONSERVACIÓN DE ZONAS COSTEIRAS E MARIÑAS
- COMBATER A PESCA ILEGAL E EXCESIVA
- BENEFICIOS ECONÓMICOS E PESCA SOSTIBLE
- INVESTIGACIÓN E TECNOLOXÍA MARIÑA
- CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA SUSTENTABILIDADE
- PESCA A PEQUENA ESCALA E ARTESANAL
- APLICACIÓN CONVENCIÓN DE NACIÓNS UNIDAS SOBRE O DEREITO DO MAR
Xestionar sosteniblemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e investir a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.
METAS
- CONSERVAR E USAR DE MANEIRA SOSTIBLE OS ECOSISTEMAS
- XESTIÓN SOSTIBLE DE BOSQUES
- LOITA CONTRA A DESERTIFICACIÓN
- CONSERVACIÓN E ECOSISTEMAS MONTAÑOSOS
- DEGRADACIÓN E PERDA DE BIODIVERSIDADE
- RECURSOS XENÉTICOS
- CAZA FURTIVA E ESPECIES PROTEXIDAS
- ESPECIES INVASORAS
- PLANS SENSIBLES AO MEDIO
- RECURSOS FINANCEIROS
- RECURSOS PARA A XESTIÓN FORESTAL
- APOIAR A LOITA CONTRA CAZA FURTIVA
SEARA
CEIP
SEXTO DE PRIMARIA
CURSO 2020-2021